Agustí Bartra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de novembro de 1908 Barcelona, España |
Morte | 7 de xullo de 1982 (73 anos) Terrasa, España |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor, tradutor |
Empregador | Universidade de Maryland |
Familia | |
Cónxuxe | Anna Murià |
Fillos | Roger Bartra, Eli Bartra |
Premios | |
| |
Agustí Bartra i Lleonart, nado en Barcelona o 8 de novembro de 1908 e finado en Terrassa en 1982, foi un escritor e profesor universitario catalán. Cultivou a poesía, novela, teatro e tradución en lingua catalá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Barcelona, descendente dunha familia labrega, e pasou parte da súa infancia en Sabadell. Ao regresar a Barcelona coa súa familia, entrou a traballar no sector téxtil. En 1934 gañou un concurso de contos sociais, e pouco despois comezou a colaborar en Amic e Meridià[1].
Participou na guerra civil española co bando republicano, e exíliase a comezos de 1939. Estivo nos campos de refuxiados de Sant Cebrià, Argelers e Agde, antes de chegar a Roissy-en Brie (París), onde coñece a escritora Anna Murià, tamén exiliada, coa que casou e tivo dous fillos. En 1940 embarcan cara á República Dominicana, e despois marchan a Cuba e México, onde fixan o seu domicilio e funda a revista Lletres (1944-1947). Tivo longas estancias nos EUA, especialmente entre 1949-1950, 1960 e 1963, sendo nomenado en 1969 catedrático de poesia hispanoamericana na Universidade de Maryland.
En 1970 regresa a Cataluña, establecéndose en Terrassa. En 1973 foi galardoado co Premio Carles Riba de poesía pola súa obra Els himnes, e en 1981 a Generalitat de Cataluña concedeulle a coa Creu de Sant Jordi. En 1982 recibiu o Premio da Crítica de poesía catalá por Haikús d'Arinsal.
Obra
[editar | editar a fonte]Entre a súa obra destaca a novela Crist de 200 000 braços (Cristo de 200 000 brazos, 1968) onde relata a aventura colectiva nos campos de concentración, e o libro de poemas Ecce homo (1968), onde reflicte a cosmoloxía particular do autor, os catro elementos clásicos: terra, lume, aire e auga.
Tradicionalmente, a poesía de Bartra foi relacionada coa do notable autor norteamericano Walt Whitman. Non obstante, tamén cabe destacar a influencia que os poetas románticos alemáns como Novalis, Hölderlin e Rilke, exerceron sobre el.
|
e a triloxía de Soleia:
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Corpus Literari de Agustí Bartra Arquivado 03 de outubro de 2011 en Wayback Machine., en JoanDucros.net (en catalán).