A cambio de nada
Aparencia
A cambio de nada | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Daniel Guzmán |
Intérpretes | Miguel Herrán Antonio Bachiller Antonia Guzmán Felipe García Vélez Luís Tosar María Miguel Miguel Rellán |
Estrea | 8 de maio de 2015 |
Orixe | España |
Na rede | |
http://acambiodenada.es | |
|
A cambio de nada é un filme español de 2015 dirixido por Daniel Guzmán, sendo o primeiro da súa carreira. Gañou a Biznaga de Ouro do Festival de Málaga[1] e dous Premios Goya.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Darío (Miguel Herrán) e Luismi (Antonio Bachiller) son dous amigos e veciños de 16 anos que manteñen un estreito vínculo desde pequenos. Un deles, Darío, ten que afrontar a separación dos seus pais, un inferno familiar que o obriga a fuxir da casa. Para gañarse a vida, o mozo empeza a traballar para Caralimpia, un antigo delincuente que rexenta un taller. Xunto a Luismi, o seu novo xefe e Antonia (Antonia Guzmán), unha anciá que recolle mobles abandonados, Darío atopará unha nova familia e unha forma distinta de ver a vida.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "'A cambio de nada', a primeira longametraxe de Daniel Guzmán, gaña a Biznaga de Ouro en Málaga - 20minutos.es". 20 minutos. Consultado o 18 de marzo de 2016.