Vincent Benedetti
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de abril de 1817 Bastia, Francia |
Morte | 28 de marzo de 1900 (82 anos) París, Francia |
Ambassador of France to Prussia (en) | |
1864 – 1870 | |
Actividade | |
Ocupación | diplomático, político |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra franco-prusiana |
Participou en | |
30 de marzo de 1856 | Tratado de Paris (pt) |
Outro | |
Título | Conde |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Benedetti, Count Vincent Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Vincent Benedetti, nado en Bastia, Córsega, o 29 de abril de 1817 e finado o 28 de marzo de 1900, foi un diplomático francés, coñecido sobre todo polo seu papel na guerra franco-prusiana. Ostentou o título de conde, concedido por Napoleón III.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1840 entrou ó servizo do ministerio de exteriores francés, destinárono O Cairo ás ordes do marqués de la Valette, serviu durante oito anos en Exipto, onde era cónsul desde 1845. En 1848 marchou a Palermo como o novo cónsul. En 1851 acompañou como secretario ó marqués a Constantinopla, de onde fora nomeado embaixador.
Durante quince meses durante a guerra de Crimea exerceu de encargado de negocios. En 1855 despois de rexeitar o posto de ministro plenipotenciario en Teherán recibiu destino no ministerio en París e actuou como secretario do congreso en París (1855-1856). Levou os asuntos italianos no ministerio e en 1861 elixírono como o primeiro enviado de Francia diante o rei de Italia pero dimitiu o ano seguinte logo do retiro de Édouard Thouvenel e o aumento do poder do partido antiitaliano. En 1864 recibiu o nomeamento de embaixador en Prusia.
Benedetti permaneceu en Berlín ata o comezo da guerra franco-prusiana e neses anos xogou un importante papel na historia diplomática de Europa. Acompañou ó Estado Maior prusiano no seu avance cara a Viena e axudou a arranxar os preliminares do armiscitico asinado en Nikolsburg e presentou demandas a Bismarck para que Prusia permitise que Francia anexionara Bélxica e Luxemburgo como compensación pola súa neutralidade; aínda que se redactou un tratado no que Prusia apoiaba a anexión de Bélxica nunca chegou a asinarse e se mantivo en segredo pero que se publicou en The Times uns poucos días despois do comezo das hostilidades entre Prusia e Francia en 1870.
Durante 1867 Benedetti realizou xestións para permitir que Francia mercase Luxemburgo ós Países Baixos, pero contou coa oposición de Prusia e da opinión pública en Alemaña. Finalmente a Conferencia de Londres confirmou a independencia de Luxemburgo garantida polas potencias europeas.
En xullo de 1870, cando se fixo pública a candidatura do príncipe Leopoldo de Hohenzollern ó trono de España, Benedetti recibiu instrucións do duque de Gramont para se presentar ó rei de Prusia, que estaba no balneario de Bad Ems, as demandas francesas, pretendendo a retirada da candidatura do príncipe e a súa promesa de non a presentar de novo. As informacións sobre a conversa, que fora informal, deron lugar a un incidente coñecido como o despacho de Ems e que fixeron crer ós alemáns que Benedetti insultara o rei e ós franceses que o rei insultara o embaixador e que serviu de escusa para o comezo da guerra.
Despois da guerra para rexeitar as acusacións que lle fixera o duque de Gramont de fallar no seu labor, escribiu Ma Mission en Prusse (París, 1871). Despois da caída do imperio retirouse a Córsega. En 1895 publicou un volume de Essais diplomatiques e en 1897 unha segunda serie.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fletcher, Willard Allen (1965). The Mission of Vincent Benedetti to Berlin 1864-1870. Martinus Nijhoff, A Haia.