Valentín González Formoso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1971 (53/54 anos) As Pontes de García Rodríguez, España |
Presidente da Deputación da Coruña | |
2015 – ← Diego Calvo Pouso | |
Alcalde das Pontes de García Rodríguez | |
2007 – | |
Actividade | |
Lugar de traballo | As Pontes de García Rodríguez |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Valentín González Formoso, nado nas Pontes de García Rodríguez en 1971, é un político galego do PSdeG, actual alcalde das Pontes de García Rodríguez e presidente da Deputación da Coruña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou estudos de Dereito na USC[1], rematándoa anos despois na UDC. Foi empregado de Iberdrola. Está casado e ten dous fillos. Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE nas Pontes de García Rodríguez nas eleccións municipais de 2003 e foi elixido concelleiro. Nas Eleccións Municipais do 2007 foi novamente o candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía das Pontes de García Rodríguez, sendo elixido alcalde ao ser a lista máis votada, gobernando en minoría con 8 concelleiros fronte a 8 do BNG e 1 do PPdeG. Nas Eleccións Municipais do 2011 revalidou a alcaldía cunha ampla maioría absoluta de 12 concelleiros.[2]
En xuño de 2012 concorreu á Secretaria Xeral do PSdeG na provincia da Coruña, sendo derrotado polo exministro Francisco Caamaño. En outubro de 2013, tralo nomeamento da nova executiva liderada por José Ramón Gómez Besteiro, pasou a ser secretario de Política Municipal do PSdeG-PSOE.[3]
Tralas eleccións Municipais do 2015 revalidou a alcaldía das Pontes con maioría absoluta, e un pacto entre PSdeG-PSOE e BNG permitiulle ser elixido Presidente da Deputación da Coruña cos votos a favor tamén de Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños[4], tras ser proposto polo partido. En decembro de 2017 venceu nas primarias pola secretaría xeral do PSdeG na provincia da Coruña cun 69% dos votos fronte a Mercedes Rosón, sendo proclamado novo secretario xeral no congreso provincial de xaneiro de 2018. Nas eleccións municipais de 2019 revalidou tanto a alcaldía[5], con maioría absoluta, coma a presidencia da Deputación de novo cun pacto co BNG.
Presentouse ás primarias pola Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE en outubro de 2021, vencendo ó entón secretario xeral Gonzalo Caballero con case o 60 % dos votos e asumindo formalmente o posto no 14º Congreso Nacional galego en decembro de 2021. Nas eleccións municipais de 2023 revalidou novamente a alcaldía con maioría absoluta e a presidencia da Deputación cun pacto cos nacionalistas. En abril de 2024 foi substituído á fronte da Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE por José Ramón Gómez Besteiro, tras convocar un Congreso Extraordinario e non concorrer á reelección.
Predecesor: Gonzalo Caballero Míguez |
Secretario Xeral do PSdeG-PSOE 2021 - 2024 |
Sucesor: José Ramón Gómez Besteiro |
Predecesor: Víctor Guerreiro Pena |
Alcalde das Pontes de García Rodríguez 2007 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Predecesor: Diego Calvo Pouso |
Presidente da Deputación da Coruña 2015 − actualidade |
Sucesor: no cargo |
Predecesor: Julio Sacristán |
Secretario Provincial do PSdeG da Coruña 2018 - 2022 |
Sucesor: Bernardo Fernández Piñeiro |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Está casado e ten dous fillos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Valentín González: "Estoy convencido de que Besteiro será Presidente de la Xunta y de España "". Atlántico. 30 de agosto de 2015.
- ↑ RTVEume, ed. (23 de maio de 2011). "O PSOE GOBERNARÁ O CONCELLO DE AS PONTES CON MAIORÍA ABSOLUTA". Consultado o 10 de abril de 2015.
- ↑ PSdeG-PSOE (ed.). "Sª de Política Municipal". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2015. Consultado o 10 de abril de 2015.
- ↑ El alcalde socialista de As Pontes ya preside la Diputación de A Coruña, www.laopinioncoruna.es, 16/07/2015 (en castelán)
- ↑ Concello das Pontes de García Rodríguez na FEGAMP