Torre Ostankino
A Torre Ostankino (en ruso: Останкинская телебашня), situada en Moscova, capital da Federación Rusa, é con 537 metros de altura a torre de telecomunicacións máis alta de Europa e a segunda do mundo, sendo só superada pola Torre CN de Toronto, no Canadá. Entre as construcións en xeral, é a terceira máis alta, sendo a primeira o rañaceos Burj Dubai.
A torre foi construída entre 1963 e 1967. Durante oito anos foi a estrutura máis alta do mundo. O enxeñeiro que a proxectou foi Nicolai Nikitin, responsable por exemplo da estrutura da estatua ¡A Nai Patria chama! de 85 metros de altura.
Historia
[editar | editar a fonte]Incendio
[editar | editar a fonte]O 27 de agosto de 2000 ocorreu un grande incendio na torre que se iniciou a unha altura de 460 metros e no que arderon tres pisos completamente. Durante a extinción do lume finaron tres persoas. Decenas de cables que sosteñen o edificio rompéronse pola calor, pero a pesar disto a torre resistiu en pé. Máis tarde estes cables foron repostos. Actualmente a súa reconstrución está paralizada, e por razóns técnicas non se instalou un elevador adicional. O 25 de maio de 2007 a torre incendiouse outra vez, porén este incendio non tivo consecuencias tan serias como o do ano 2000. Todas as persoas que estaban no interior da torre foron evacuadas e o lume foi extinguido sen problemas.
Restaurante
[editar | editar a fonte]O restaurante O sétimo ceo atópase a unha altura de 328 metros e ocupa uns tres pisos. Ten forma circular e xira sobre o seu eixo cunha velocidade de entre unha e tres voltas por hora.[1] En toda a súa historia, o restaurante e a plataforma de observación recibiron máis de 10 millóns de visitas.[2] Na actualidade a plataforma de observación está reparada e desde o 7 de abril do ano 2009 realízanse excursións para grupos organizados. Porén o restaurante permanece pechado.
Bandeira
[editar | editar a fonte]Ata o ano 1991 a bandeira da Unión Soviética estaba situada na parte superior da torre. O 12 de xuño de 2009, coincidindo co Día de Rusia izouse unha bandeira de Rusia de 2,5 metros de ancho e 5 de largo.[3]
Servizos de Telecomunicacións
[editar | editar a fonte]Televisión
[editar | editar a fonte]Programa | Canal | Frequencia | ERP |
---|---|---|---|
Perviy Kanal | 1 | 52 MHz | 40 kW |
TV Center | 3 | 80 MHz | |
Sport | 6 | 178 MHz | 100 W |
NTV | 8 | 194 MHz | |
RTR | 11 | 218 MHz | 60 kW |
TV Daryal | 23 | 490 MHz | 10 kW |
Euronews | 25 | 506 MHz | |
STS-Moscow | 27 | 522 MHz | |
7 TV | 29 | 538 MHz | 10 kW |
Domashny | 31 | 554 MHz | 20 kW |
ORT, RTR, Eurosport, Euronews | 32 | 562 MHz | 1,3 kW |
Culture | 33 | 570 MHz | 20 kW |
TNT | 35 | 586 MHz | 2 kW |
MTV | 38 | 610 MHz | |
TV-3 Russia | 46 | 674 MHz | |
REN-TV | 49 | 698 MHz | 1 kW |
Muz-TV | 51 | 714 MHz | |
ZVEZDA | 57 | 762 MHz | |
2 X 2 | 60 | 786 MHz | 5 kW |
Radio
[editar | editar a fonte]Estación | Frequencia | ERP |
---|---|---|
"Radio Russia", "Radio Podmoskovie", "Radiocompany Moscow" | 66,44 MHz | 15,0 kW |
"Unost" | 68,84 MHz | 15,0 kW |
"Mayak" | 67,22 MHz | 15,0 kW |
"Europa Plus" | 69,80 MHz | 15,0 kW |
"Russian Radio" | 71,30 MHz | 10,0 kW |
"Orpheus" | 72,14 MHz | 15,0 kW |
"Radio Retro" | 72,92 MHz | 15,0 kW |
"Echo of Moscow" | 73,82 MHz | 10,0 kW |
"Radio Retro" | 88,30 MHz | 1,0 kW |
"Radio Jazz" | 89,10 MHz | 1,0 kW |
"Classic Radio" | 100,90 MHz | 5,0 kW |
"Dinamit FM" | 101,2 MHz | 10,0 kW |
"Radio Maximum" | 103,7 MHz | 10,0 kW |
"Russian Radio" | 105,70 MHz | 10,0 kW |
"Europa Plus" | 106,2 MHz | 10,0 kW |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Historia Arquivado 11 de febreiro de 2010 en Wayback Machine. (en ruso)
- ↑ Plataforma de observación Arquivado 16 de setembro de 2017 en Wayback Machine. (en ruso)
- ↑ Despliegan la bandera rusa en la torre más alta de Europa[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torre Ostankino |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ostankino Television Tower
- BBC: Moscow's TV tower saved
- Ostankino Tower Above the Clouds at EnglishRussia.com
- Ostankino Tele Tower at Skyscraperpage.com
- Building Tallest Tower at EnglishRussia.com