Terras Austrais e Antárticas Francesas
Terres australes et antarctiques françaises (TAAF) (fr) Francúzske južné a antarktické územie (sk) | |||||
Himno | La Marseillaise | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Capital | Port-aux-Français (pt) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 196 (2012) (0,03 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 7.829 km² | ||||
Punto máis alto | Monte Ross (pt) (1.850 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Índico (0 m) | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 6 de agosto de 1955 | ||||
Moeda | euro | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .tf | ||||
Código de país | TF e FQ | ||||
ISO 3166-2 | FR-TF | ||||
Código de departamento INSEE | 984 | ||||
Sitio web | taaf.fr | ||||
Os Territorios Austrais Franceses[1] (francés: Terres australes et antarctiques françaises, TAAF) son un conxunto de dependencias de ultramar pertencentes a Francia. A denominación francesa oficial (Terres austrais et antarctiques françaises) implica a reivindicación de territorios antárticos, non recoñecida internacionalmente. Consisten en:
- Illas Kerguelen ( Archipel des Kerguelen), un grupo de illas volcánicas no sur do océano Índico, ao sueste de África, aproximadamente equidistante entre África, Antártida e Australia;
- Saint-Paul e as illas Amsterdam, un grupo ao norte das Kerguelen;
- Illas Crozet ( Îles Crozet), un grupo no sur do océano Índico, ao sur de Madagascar;
- Terra Adelia ( Terre Adélie), a demanda francesa no continente da Antártida;
- As Illas dispersas do Océano Índico (Îles Éparses), un grupo disperso de illas ao redor da costa de Madagascar.
Ás veces o territorio denomínase Territorios Austrais Franceses (francés: Terres australes françaises) ou territorios meridionais franceses, normalmente para resaltar o non recoñecemento da soberanía francesa sobre a Terra Adelia como parte do sistema do Tratado Antártico.
Aproximadamente de 150 (no inverno) a 310 (no verán) persoas viven nas terras meridionais e antárticas francesas pero só son militares, funcionarios, investigadores científicos e persoal de apoio. O territorio non ten legalmente poboación civil permanente.[2]
O 5 de xullo de 2019, as terras e mares austrais franceses foron inscritos como Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[3]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O territorio comprende o arquipélago de Kerguelen, o de Crozet e as Illas Saint-Paul e Amsterdam. En total o territorio posúe unha superficie de 7.829 km² (sen incluír as terras antárticas), cunha poboación variable que non supera os 200 habitantes na súa ocupación álxida. As terras antárticas que Francia reivindica é a denominada Terra Adelia (Terre Adélie), onde se sitúa a estación permanente Dumont D'Urville; en total, uns 432.000 km².
Os territorios adminístranse desde Saint-Denis, capital do departamento da illa Reunión.
Flora e fauna
[editar | editar a fonte]As comunidades terrestres das illas do sur son relativamente pobres e degradadas, pero o seu endemismo é alto: o 90% dos invertebrados de Crozet só viven nas illas subantárticas do océano Índico e o 55% están presentes no arquipélago. Estes actúan como sentinelas en termos de cambio climático e o impacto na capa de ozono.
Desde outubro de 2006, foi creada unha reserva natural . Inclúe todas as terras mergulladas (7.000 km²) e os espazos marítimos circundantes (15.700 km²).
Administración
[editar | editar a fonte]Terras Austrais e Antárticas Francesas forman un territorio de ultramar de Francia desde 1955. Anteriormente, eran administrados por París por un administrador superior asistido por un secretario xeral, desde decembro de 2004, o seu administrador é un prefecto, actualmente Rollon Mouchel-Blaisot, con sede en Saint-Pierre na Illa da Reunión.
O territorio está dividido en cinco distritos:
Distrito | Capital | Poboación | Superficie | ZEE (km²) | |
---|---|---|---|---|---|
Inverno | Verano | (km2) | |||
Terra Adelia | Dumont d'Urville Station | 30 | 110 | 432.000 | — |
Arquipélago Crozet | Alfred Faure | 25 | 45 | 352 | 567.475 |
Arquipélago das Kerguelen | Port-aux-Français | 70 | 110 | 7,215 | 563.869 |
Illa Saint Paul e Amsterdam | Martin-de-Viviès | 25 | 45 | 61 | 502.533 |
Illas dispersas(1) | Saint Pierre2, Réunion | 56 | 56 | 38´4 | 640.400 |
TAAF | Saint Pierre3, Réunion | 206 | 366 | 439.666´4 | 2.274.277 |
1 Segundo a nova lei 2007-224 do 21 de febreiro de 2007, as Illas Dispersas constitúen o quinto distrito do TAAF.[4] O sitio web da TAAF non menciona a súa poboación. Os datos non están incluídos nos totais.
2 A estación principal de Illas dispersas está na Illa Tromelin. A sede do xefe de distrito atópase fora do TAAF, en Saint Pierre na illa de Reunión.
3 A estación principal do Territorio é Martin-de-Viviès na Illa de Ámsterdam. A capital e a sede do administrador territorial atópase fora do TAAF, en Saint Pierre, na Illa da Reunión.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "List of countries, territories and currencies". Interinstitutional style guide. Publications Office. 2008-06-12. Consultado o 2008-06-29.
- ↑ "The TAAF do not have any permanent population." "The French Southern and Antarctic Lands". French Southern and Antarctic Lands administration. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2017. Consultado o 31 de maio de 2016.
- ↑ "Five sites inscribed on UNESCO’s World Heritage List". UNESCO. 5 de xullo de 2019.
- ↑ "Les îles Éparses". Arquivado dende o orixinal o 2 de maio de 2007. Consultado o 2007-03-03.