Sinfonía n.º 5 (Beethoven)
A Sinfonía n.º 5 en dó menor, op. 67, é unha sinfonía do compositor alemán Ludwig van Beethoven, escrita entre 1804 e 1808. É unha das máis célebres composicións da música clásica e unha das sinfonías máis interpretadas,[1] amplamente considerada unha das pedras angulares da música occidental. Representada por primeira vez no Theater an der Wien en 1808, a obra acadou a súa prodixiosa reputación pouco despois. E. T. A. Hoffmann describiu a sinfonía como "unha das obras máis importantes da época". Como é típico das sinfonías durante a transición entre as épocas clásica e romántica, a Quinta Sinfonía de Beethoven ten catro movementos.
Comeza cun distintivo motivo de catro notas "curta-curta-curta-longa":
Historia
[editar | editar a fonte]A Quinta Sinfonía tivo un longo proceso de desenvolvemento dende que Beethoven elaborou as ideas musicais da obra. Os primeiros "bosquexos" (borradores de melodías e outras ideas musicais) datan de 1804 despois da finalización da Terceira sinfonía.[2] Beethoven interrompeu varias veces o seu traballo na Quinta para preparar outras composicións, incluída a primeira versión de Fidelio, a sonata para piano Appassionata, os tres cuartetos de corda Razumovsky, o concerto para violín, o cuarto concerto para piano, a Cuarta Sinfonía e a Misa en Dó. A preparación final da Quinta Sinfonía, que tivo lugar en 1807–1808, levouse a cabo en paralelo á Sexta Sinfonía, que se estreou no mesmo concerto.
Beethoven tiña uns trinta anos durante ese tempo; a súa vida persoal viuse perturbada polo aumento da xordeira.[3] No mundo en xeral, o período estivo marcado polas guerras napoleónicas, as turbulencias políticas en Austria e a ocupación de Viena polas tropas de Napoleón en 1805. A sinfonía foi escrita no seu aloxamento de Casa Pasqualati en Viena. O movemento final cita unha canción revolucionaria de Claude Joseph Rouget de Lisle.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Schauffler, Robert Haven (1933). Beethoven: The Man Who Freed Music. Garden City, Nova York: Doubleday, Doran, & Company. p. 211.
- ↑ Hopkins, Antony (1977). The Nine Symphonies of Beethoven. Scolar Press. ISBN 1-85928-246-6.
- ↑ "Beethoven's deafness". lvbeethoven.com. Consultado o 31 de agosto de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sinfonía n.º 5 |
A Galipedia ten un portal sobre: Música clásica |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Guerrieri, Matthew (2012). The First Four Notes: Beethoven's Fifth and the Human Imagination. Nova York: Alfred A. Knopf. ISBN 9780307593283.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Beethoven's Symphony No. 5 - A Beginners' Guide - Overview, analysis and the best recordings - The Classic Review
- General discussion and reviews of recordings
- Brief structural analysis
- Analysis of the Beethoven 5th Symphony, The Symphony of Destiny Arquivado 12 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. on the All About Ludwig van Beethoven Arquivado 01 de decembro de 2016 en Wayback Machine. Page
- Program notes for a performance by the National Symphony Orchestra, Washington, DC.
- Project Gutenberg ten dúas versións MIDI-da Quinta sinfonía de Beethoven: Etext Núm. 117 e Etext Núm. 156
- Program notes for a performance & lecture by Jeffrey Kahane and the Los Angeles Chamber Orchestra.
- Sketch to the Scherzo from op. 67 Fifth Symphony from Eroica Skbk (1803) – Unheard Beethoven Website
- Original Finale in c minor to Fifth Symphony op. 67, Gardi 23 (1804) – Unheard Beethoven Website