Rock progresivo
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Rock progresivo | |
---|---|
Pink Floyd en 1973 | |
Orixe musical | rock psicodélico, jazz fusion, blues rock, hard rock, folk rock, músicas do mundo, música electrónica, música clásica, free jazz |
Orixe cultural | mediados-finais dos 60 no Reino Unido, Estados Unidos, Italia e Alemaña |
Instrumentos típicos | guitarra, baixo, teclados, piano, batería |
Derivados | Krautrock, música new age, math rock, post-rock, space music, new wave |
Subxéneros | |
metal progresivo, rock sinfónico, rock neo-progresivo, new prog, space rock, krautrock, zeuhl | |
O rock progresivo (tamén coñecido como prog rock ou prog) é un amplo subxénero do rock que naceu no Reino Unido e nos Estados Unidos entre mediados e finais dos anos 60 e tivo o seu máximo esplendor na década dos 70, aínda que hoxe en día continúa sendo un xénero moi popular. É comunmente asociado ao rock sinfónico e ao art rock, aínda que o termo rock progresivo actualmente abarca un espectro de música moito maior que eses dous xéneros.
O rock progresivo acostuma combinar elementos do jazz, da música clásica, do folk e das músicas do mundo con formatos típicos do rock, a miúdo rexeitando determinadas normas do xénero, e usando porén estruturas musicais e ideas relativamente raras. As partes instrumentais adoitan a ser comúns, mentres que as cancións con letra tenden a ser conceptuais, abstractas ou baseadas na fantasía.
O xénero desenvolveuse a finais dos anos 60 a partir do rock psicodélico, como parte dunha ampla tendencia na música rock desa época de inspirarse en cada vez máis diversas influencias. O termo foi inicialmente aplicado á música de bandas como Pink Floyd, King Crimson, Yes, Genesis, Jethro Tull, Soft Machine e Emerson, Lake & Palmer, acadando a súa máxima popularidade a mediados dos anos 70.
Definición e características
[editar | editar a fonte]Alcance e termos relacionados
[editar | editar a fonte]O termo "rock progresivo" é sinónimo de "art rock", "rock clásico" (que non se debe confundir co formato do mesmo nome usado na radio), e "rock sinfónico".[1] Historicamente, "art rock" foi usado para describir polo menos dous tipos de rock relacionados aínda que distintos.[2] O primeiro é o rock progresivo como se entende xeralmente, mentres que o segundo uso refírese a grupos que rexeitaron a psicodelia e a contracultura hippie en favor dun enfoque modernista e vangardista.[2] As semellanzas entre os dous termos son que ámbolos dous describen un intento, maiormente británico, de elevar a música rock a novos niveis de credibilidade artística. Porén, é máis probable que o art rock teña influencias experimentais ou vangardistas.[3] O "Prog" ideouse na década dos 90[4] como un termo abreviado, pero despois converteuse nun adxectivo transferible, o que tamén suxire unha paleta máis ampla que a das bandas máis populares da década dos 70.[5]
O rock progresivo é variado e está baseado en fusións de estilos, enfoques, e xéneros, aproveitando resonancias culturais máis amplas que o conectan coa arte de vangarda, a música clásica e o folk, a performance e a imaxe en movemento. Aínda que a finais da década dos 60 xurdiu un estilo "progresivo" inglés unidireccional, en 1967 o rock progresivo chegara a constituír unha diversidade de códigos de estilo vagamente asociados.[6] Cando a etiqueta "progresiva" chegou, a música foi bautizada como "pop progresivo" antes de pasar a chamarse "rock progresivo",[7] referíndose o termo "progresivo" á ampla gama de intentos de romper coa fórmula estándar da música pop.[8] Distintos factores adicionais axudaron á adquisición da etiqueta "progresivo": as letras eran máis poéticas; a tecnoloxía aproveitouse para novos sons; a música achegouse á condición de "arte"; importouse algo de linguaxe harmónica do jazz e a música clásica do século XIX; o formato de álbum superou aos dos sinxelos; e o estudio, en lugar do escenario, converteuse no centro da actividade musical, que a miúdo implicaba crear música para escoitar, non para bailar.[9]
Os críticos do xénero adoitan limitar o seu alcance a un estereotipo de solos longos, letras de fantasía, escenarios grandiosos e disfraces, álbums demasiado extensos, e unha dedicación obsesiva ás habilidades técnicas.[10] Aínda que o rock progresivo soe ser citado pola súa fusión de alta e baixa cultura, poucos artistas incorporaron temas clásicos literais no seu traballo en gran medida,[11] e só un feixe de grupos emularon ou fixeron referencia á música clásica a propósito.[5] A escritora Emily Robinson di que a definición restrinxida de "rock progresivo" foi unha medida contra a aplicación flexible do termo a finais da década dos 60, cando "se aplicou a todos, dende Bob Dylan ata os Rolling Stones". O debate sobre o criterio do xénero continuou ata a década de 2010, particularmente nos foros de Internet dedicados ao progresivo.[4]
Segundo os musicólogos Paul Hegarty e Martin Halliwell, Bill Martin e Edward Macan escribiron libros importantes sobre o rock progresivo mentres "aceptaban efectivamente a caracterización do rock progresivo ofrecida polos seus críticos. ... cada un faino en gran medida inconscientemente".[10] O académico John S. Cotner cuestiona a opinión de Macan de que o rock progresivo non pode existir sen a asimilación continua e aberta da música clásica ao rock.[6] O autor Kevin Holm-Hudson está de acordo con que "o rock progresivo é un estilo moito máis diverso do que se escoita nos seus grupos mainstream e do que dan a entender os críticos pouco comprensivos".[12]
Relación coa arte e as teorías sociais
[editar | editar a fonte]Nas primeiras referencias á música, "progresivo" estaba parcialmente relacionado coas políticas progresistas, pero todas esas connotacións perdéronse durante os anos 70.[4] Sobre a "música progresiva", Holm-Hudson escribe que "se move continuamente entre referencias explícitas e implícitas a xéneros e estratexias derivadas non só da música artística europea, senón tamén doutros dominios culturais (como o indio oriental, o celta, o folk e o africano) e polo tanto implica un continuo movemento estético entre o formalismo e o eclecticismo".[13] Cotner tamén di que o rock progresivo incorpora tanto elementos formais como eclécticos, "consiste nunha combinación de factores, algúns deles intramusicais ('dentro'), outros extramusicais ou sociais ('fóra')".[14]
Un xeito de definir o rock and roll en relación coa "música progresiva" é que a música progresiva empuxou o xénero cara unha maior complexidade ao tempo que volvía sobre as raíces da música romántica e clásica.[15] O sociólogo Paul Willis cre: "Nunca debemos dubidar de que a música 'progresiva' seguiu ao rock 'n' roll, e que non podía ser doutro xeito. Podemos ver o rock 'n' roll como unha deconstrución e a música 'progresiva' como unha reconstrución".[16] O autor Will Romano di que "o propio rock pode ser interpretado como unha idea progresiva ... Ironicamente, e tamén bastante paradoxalmente, o 'rock progesivo', a era clásica de finais da década de 1960 ata mediados e finais da década de 1970, introduce non só os sons explosivos e exploratorios da tecnoloxía ... senón tamén formas musicais tradicionais (clásica e folk europeo) e (a miúdo) un estilo compositivo de pastiche e construcións artificiais (álbums conceptuais) que suxire posmodernismo".[17]
Historia
[editar | editar a fonte]1966-1970: orixes
[editar | editar a fonte]Antecedentes e raíces
[editar | editar a fonte]En 1966, o nivel de correspondencia social e artística entre músicos de rock británicos e estadounidenses acelerouse drasticamente para bandas como Beatles, The Beach Boys e The Byrds, que fusionaron elementos da música culta coas tradicións vernáculas do rock.[18] O rock progresivo baseouse nos grupos de pop "progresivo" da década dos 60 que combinaron o rock and roll con outros estilos musicais como ragas indios, melodías orientais e cantos gregorianos, como os Beatles e The Yardbirds.[19] Paul McCartney dos Beattles dixo en 1967: "nós [a banda] aburríamonos un pouco facendo 12 compases todo o tempo, así que tratamos de entrar noutra cousa. Entón chegaron Dylan, The Who, e The Beach Boys. ... Todos estamos tratando de facer vagamente o mesmo tipo de cousa".[20] A música rock comezou a tomarse seriamente a si mesma, en paralelo aos intentos anteriores no jazz (cando o swing deu paso ao bop, un movemento que non tivo éxito co público). Neste período, a canción popular comezou a sinalar un nuevo medio de expresión posible que ía máis aló da canción de amor de tres minutos, o que levou a unha intersección entre o "underground" e o "establishment" para o público.[21]
Hegarty e Halliwell identifican aos Beatles, The Beach Boys, The Doors, The Pretty Things, The Zombies, The Byrds, Grateful Dead e Pink Floyd "non só como precursores do rock progresivo, senón como desenvolvementos esenciais do progresismo nos seus primeiros días".[22] Segundo o musicólogo Walter Everett, os "timbres experimentais, os ritmos, as estruturas tonais e os textos poéticos" dos Beatles nos seus álbums Rubber Soul (1965) e Revolver (1966) "animaron a unha lexión de bandas novas que crearían o rock progresivo a principios dos 70".[23] A poesía de Dylan, o álbum de The Mothers of Invention Freak Out! (1966) e o dos Beatles Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band (1967) foron importantes no desenvolvemento do rock progresivo.[3] As producións de Phil Spector foron influencias clave,[24] xa que introduciron a posibilidade de usar o estudio de gravación para crear música que doutro xeito nunca podería lograrse.[25] Dise o mesmo do álbum de The Beach Boys Pet Sounds (1966), que Brian Wilson creou como unha resposta ao Rubber Soul[26] e que á súa vez influencio ao Beatles cando fixeron o Sgt. Pepper.[27][28]
Dylan introduciu un elemento literario no rock a través da súa fascinación polo surrealismo e o simbolismo francés, e da súa inmersión na escena artística da cidade de Nova York de principios dos 60.[29] A tendencia de bandas con nomes sacados da literatura, como The Doors, Steppenwolf e The Ides of March, foron un sinal máis de que a música rock se aliñaba coa alta cultura.[30] Dylan tamén abriu o camiño na combinación de rock con estilos de música folclórica. Este foi seguido por grupos de folk rock como The Byrds, que baseou o seu son inicial no dos Beatles.[31] Á súa vez, as harmonías vocais de The Byrds inspiraron ás de Yes,[32] e as de bandas de folk rock británicas como Fairport Convention, que enfatizaron o virtuosismo instrumental.[33] Algún deses artistas, como The Incredible String Band e Shirley e Dolly Collins, resultarían influíntes a través do uso de instrumentos tomados da música mundial e da música antiga.[34]
Pet Sounds e Sgt. Pepper
[editar | editar a fonte]Pet Sounds e Sgt. Pepper, coa súa unidade lírica, estrutura estendida, complexidade, eclecticismo, experimentación, e influencias derivadas de formas musicais clásicas, son amplamente vistos como os inicios do xénero do rock progresivo[35][36] e como puntos de inflexión nos que o rock, que anteriormente fora considerado música de baile, converteuse en música que estaba feita para ser escoitada.[37][38] Entre Pet Sounds e Sgt. Pepper, The Beach Boys editaron o sinxelo "Good Vibrations" (1966), bautizado como "unha sinfonía de peto" por Derek Taylor, opublicista da banda. A canción contiña unha variedade ecléctica de instrumentos exóticos e varias claves disxuntivas e cambios de modos. Scott Interrante de Popmatters escribiu que a súa influencia no rock progresivo e no movemento psicodélico "non se pode esaxerar".[39] O filósofo e escritor Bill Martin comparou a canción con "A Day in the Life" do Sgt. Pepper dos Beatles, no sentido de que amosan "as mesmas razóns polas que é difícil bailar moito rock progresivo".[40]
Aínda que Sgt. Pepper foi precedido por varios álbums que comezaran a transitar a liña entre pop "desbotable" e rock "serio", deu con éxito unha voz "comercial" establecida a unha cultura xuvenil alternativa[41] e marcou o punto no que o disco de longa duración (LP) xurdíu como un formato creativo cuxa importancia era igual ou maior que a do sinxelo.[42] Bill Bruford, un veterano de varias bandas de rock progresivo, dixo que o Sgt. Pepper transformou tanto as ideas dos músicos do que era posible como as ideas do público sobre o que era aceptable na música.[43] Cría que: "sen os Beatles, ou calquera outro que fixese o que os Beatles fixeron, é xusto supoñer que non tería habido rock progresivo".[44] A raíz do Sgt. Pepper, revistas como Melody Maker debuxaron unha liña nítida entre "pop" e "rock", eliminando así o "roll" de "rock and roll" (que agora facía referencia ao estilo dos anos 50). Os únicos artistas que seguiron sendo "rock" foron aqueles consideradas á vangarda das formas compositivas, lonxe dos estándares "radio friendly", a medida que os estadounidenses usaban cada vez máis o adxectivo "progresivo" para grupos como Jethro Tull, Family, East of Eden, Van der Graaf Generator e King Crimson.[45]
Proto-prog e psicodelia
[editar | editar a fonte]Segundo AllMusic: "O prog-rock comezou a emerxer da escena psicodélica británica en 1967, especificamente unha variedade de rock clásico/sinfónico liderado por The Nice, Procol Harum, e The Moody Blues (Days of Future Passed)".[46] A dispoñibilidade de novo equipamento de gravación máis económico coincidíu co xurdimento dunha escena underground de Londres na que se usaba comunmente a droga psicodélica LSD. Pink Floyd e Soft Machine funcionaron como bandas residentes en eventos nocturnos de locais como o Middle Earth e o UFO Club, onde experimentaban con texturas de son e cancións longas.[47] Moitas bandas de psicodelia, folk rock e da primeira música progresiva foron axudadas polo DJ da BBC Radio 1 John Peel.[48] Jimi Hendrix, que se fixo famoso na escena de Londres e gravou cunha banda de músicos ingleses, iniciou a tendencia cara o virtuosismo e a excentricidade da guitarra na música rock.[49] A banda escocesa 1-2-3, despois chamada Clouds, formouse en 1966 e comezou a actuar en clubs londinienses un ano despois. Segundo George Knemeyer de Mojo: "algúns afirman [que eles] tiveron unha influencia vital nos rockeiros progresivos como Yes, The Nice e Family".[50]
Artistas de rock sinfónico de finais dos 60 tiveron algún éxito nas listas, incluídos os sinxelos "Nights in White Satin" (The Moody Blues, 1967) e "A Whiter Shade of Pale" (Procol Harum, 1967).[51] The Moody Blues estableceu a popularidade do rock sinfónico cando gravou Days of Future Passed xunto coa London Festival Orchestra, e Procol Harum comezou a usar unha gran variedade de instrumentos acústicos, particularmente no seu álbum de 1969 A Salty Dog.[52] A influencias clásicas ás veces tomaron a forma de pezas adaptadas ou inspiradas en obras clásicas, como "Beck's Bolero" de Jeff Beck e partes do Ars Longa Vita Brevis de The Nice. Este último, xunto con outros temas de The Nice como "Rondo" e "America", reflicten un maior intersese na música que é enteiramente instrumental. O Sgt. Pepper's e o Days representan unha tendencia crecente cara ciclos de cancións e suites formados por varios movementos.[52]
Focus incorporou e articulou acordes estilo jazz, e percusión de ritmo irregular nos seus riffs posteriores baseados no rock, e xurdiron varias bandas que incluíron seccións de ventos de tipo jazz, como Blood, Sweat & Tears e Chicago. Desas, Martin destaca en particular a Chicago pola súa experimentación con suites ecomposicións estendidas, como "Ballet for a Girl in Buchannon" en Chicago II.[53] As influencias jazz apareceron na música de bandas británicas como Traffic, Colosseum e If, xunto con bandas da escena de Canterbury como Soft Machine e Caravan. Os grupos desta escena enfatizaron o uso de instrumentos de vento, de complexos cambios de acordes e de longas improvisacións.[54] Martin escribe que en 1968, "o rock progresivo en toda regra" aínda non existía, pero tres bandas editaron álbums que posteriormente estarían á vangarda da música: Jethro Tull, Caravan e Soft Machine.[55]
O termo "rock progresivo", que aparece no libreto do álbum de estrea de Caravan de 1968, chegou a aplicarse a bandas que usaban técnicas de música clásica para expandir os estilos e conceptos dispoñibles para a música rock.[56][57] The Nice, The Moody Blues, Procol Harum e Pink Floyd tiñan elementos do que agora chamamos rock progresivo, pero ningún deles representou un exemplo tan completo do xénero como varias bandas que se formaron pouco despois.[58] Case todas as principais bandas do xénero, incluídos Jethro Tull, King Crimson, Yes, Genesis, Van der Graaf Generator, ELP, Gentle Giant, Barclay James Harvest e Renaissance, editaron os seus álbums de estrea durante os anos 1968-1970. A meirande parte deles eran álbums de folk-rock, o que daba poucas pistas de en que se convertería o son maduro das bandas, pero o In the Court of the Crimson King (1969) de King Crimson e o álbum de estrea autotitulado de Yes (1969) foron exemplos temperáns e completamente formados do xénero.[59]
Anos 70 e 80
[editar | editar a fonte]Principais anos (1971-1976)
[editar | editar a fonte]A meirande parte das principais bandas do xénero publicaron os seus mellores álbums entre os anos 1971 e 1976.[60] O xénero experimentou un alto grao de éxito comercial durante os primeiros anos 70. Jethro Tull, ELP, Rush, Yes e Pink Floyd conseguiron catro álbums que acadaron o número un nas listas estadounidenses, e dezaseis que entraron no top 10.[61] O Tubular Bells (1973) de Mike Oldfield, un extracto do cal se utilizou como tema da película O exorcista, vendeu 16 millóns de copias.[62]
O rock progresivo chegou a ser apreciado no estranxeiro, pero na súa meirande parte seguiu sendo un fenómeno europeo, e especialmente británico. Poucas bandas estadounidenses involucráronse no xénero, e os seus representantes máis puros, como Starcastle e Happy the Man, quedaron limitados ás súas propias áreas xeográficas.[63] Isto débese, polo menos en parte, ás diferenzas entre a industria musical estadounidense e británica.[42] Tamén influíron factores culturais, xa que os músicos dos Estados Unidos adoitaban vir dun transfondo blues, mentres que os europeos adoitaban ter unha base máis clásica.[64] As bandas e artistas de rock progresivo de América do Norte a miúdo representaban estilos híbridos como os complexos arranxos de Utopia de Todd Rundgren[65] e Rush, o hard rock de Captain Beyond, o progresivo tinxido de rock sureño de Kansas, o jazz fusion de Frank Zappa e Return to Forever, e a ecléctica fusión dos totalmente instrumentais Dixie Dregs.[66][67][68][69][70] Os artistas británicos de rock progresivo tiveron os seus maiores éxitos nos Estados Unidos nas áreas xeográficas nas cales as bandas británicas de heavy metal experimentaban a súa maior popularidade. A superposición de audiencias levou ao éxito das bandas de arena rock, como Boston, Kansas e Styx, que combinaron elementos dos dous estilos.[66]
O rock progresivo acadou a popularidade na Europa continental máis rápido que nos Estados Unidos. Italia permaneceu xeralmente desinteresada da música rock ata a chegada da forte escena de rock progresivo italiana desenvolvida a principios dos 70.[71] En Iugoslavia o xénero xurdiu a finais dos anos 60, dominando a escena rock do país ata finais dos 70.[72][73] Poucos grupos europeos tiveron éxito fóra dos seus países, coas excepcións de bandas neerlandesas como Focus e Golden Earring, que tiñan as letras en inglés, e italianas como Le Orme e PFM, con letras en inglés escritas por Peter Hammill e Peter Sinfield, respectivamente.[74] Algunhas bandas europeas tocaban nun estilo derivado das bandas inglesas.[75] A escena de música "Kosmische" en Alemaña pasaría a etiquetarse internacionalmente como "krautrock"[76] e adoita a ser citada como parte do xénero do rock progresivo ou como un fenómeno totalmente distinto. Bandas de krautrock como Can, que incluía a dous membros que estudaran con Karlheinz Stockhausen,[77] tendían a estar máis fortemente influenciadas pola música clásica do século XX que as bandas británicas de rock progresivo, cuxo vocabulario musical inclinouse máis cara a época romántica. Moitos deses grupos foron moi ifluíntes incluso entre as bandas que tiñan pouco entusiasmo pola variedade sinfónica do rock progresivo.[78]
Soul progresivo
[editar | editar a fonte]Ao mesmo tempo, populares músicos afroamericanos baseáronse no enfoque conceptual orientado ao álbum do rock progresivo. Isto levou cara un movemento de soul progresivo nos anos 70 que inspirou a un novo pop negro con musicalidade máis sofisticada e un liricismo máis ambicioso.[79] Entre eses músicos estaban Sly Stone, Stevie Wonder, Marvin Gaye, Curtis Mayfield e George Clinton.[80] Ao discutir o desenvolvemento, Martin cita os álbums dos 70 de Wonder (Talking Book, Innervisions, Songs in the Key of Life), War (All Day Music, The World Is a Ghetto, War Live), e The Isley Brothers (3 + 3), mentres que destaca que o álbum de The Who influeciado polo rock progresivo Who Are You (1978) tamén influenciou á variante soul.[81] Dominic Maxwell de The Times chama aos álbums de Wonder de mediados dos 70 "soul progresivo do máis alto nivel, impulsando a forma pero sempre sincero, ambicioso e escoitable".[82]
Declive e fragmentación
[editar | editar a fonte]As tendencias políticas e sociais de finais dos 70 afastáronse das actitudes hippies de principios da década, que levaran ao desenvolvemento e popularidade do xénero. O auxe do cinismo punk fixo que os ideais utópicos expresados nas letras do rock progresivo pasaran de moda.[83] Rexeitouse o virtuosismo, xa que o gasto de mercar instrumentos de calidade e a inversión de tempo para aprender a tocalos considerábanse barreiras para a enerxía e a inmediatez do rock.[84] Tamén houbo cambios na industria musical ao desaparecer discográficas e ao crearse grandes conglomerados de medios tras fusións. A promoción e desenvolvemento da música experimental non formaba parte das estratexias de márketing desas grandes corporacións, que centraron a súa atención en identificar e orientarse cara nichos de mercado rendibles.[85]
Catro das bandas de rock progresivo máis exitosas (King Crimson, Yes, ELP e Genesis) entraron en hiato ou experimentaron grandes cambios de persoal a mediados dos anos 70.[86] Macan destaca a ruptura de King Crimson en setembro de 1974 como un feito particularmente significativo, chamándoo o punto no que "todas as bandas inglesas do xénero deberían ter deixado de existir".[87] Máis bandas principais, incluídas Van der Graaf Generator, Gentle Giant e U.K., disolvéronse entre 1978 e 1980.[88] A mediados da década dos 70 moitos grupos xa acadaran o límite do que podían experimentar nun contexto de rock, e os fans cansáranse das composicións épicas longas. Os sons do Hammond, do Minimoog e do Mellotron foran explorados a fondo, e o seu uso converteuse nun cluché. Aquelas bandas que continuaron gravando a miúdo simplificaron o seu son, e o xénero fragmentouse partir de finais da década dos 70.[89] Segundo a opinión de Robert Fripp, unha vez que o "rock progresivo" deixou de cubrir un novo terreo, converténdose nun conxunto de convencións para ser repetidas e imitadas, a premisa do xénero deixou de ser "progresiva".[90]
A época dos selos discográficos investindo nos seus artistas, dándolles liberdade para experimentar e control limitado sobre o seu contido e comercialización rematou a finais dos anos 70.[91] O persoal A&R (artistas e repertorio) dos selos exerceron un control cada vez maior sobre o proceso creativo que antes pertencía aos artistas,[92] e artistas establecidos foron forzados para crear música con harmonías e estruturas máis sinxelas e menos cambios no compás. Varias bandas de pop sinfónico, como Supertramp, 10cc, The Alan Parsons Project e Electric Light Orchestra, levaron os arranxos de estilo orquestral a un contexto que enfatizaba os sinxelos pop ao tempo que permitían instancias ocasionais de exploración. Jethro Tull, Gentle Giant e Pink Floyd optaron por un son máis duro ao estilo do arena rock.[93]
Poucas bandas progresivas novas formáronse nesa época, e as que naceron decatáronse de que os selos non estaban interesadas nelas.[94] O supergrupo de curta vida U.K. foi unha notable excepción xa que os seus membros tiñan boa reputación; produciron dous álbums que eran estilisticamente semellantes a anteriores artistas e fixeron moi poucos avances no xénero.[95] Parte do legado do xénero nese período foi a súa influencia noutros estilos, xa que varios guitarristas europeos levaron o enfoque do rock progresivo ao heavy metal, sentando as bases do metal progresivo. Michael Schenker, de UFO; e Uli Jon Roth, que substituíu a Schenker en Scorpions, ampliaron o vocabulario modal dispoñible para os guitarristas.[96] Roth estudou música clásica coa intención de usar a guitarra do mesmo xeito que os compositores clásicos usaban o violín.[97] Finalmente, os neerlandeses e con formación clásica Alex e Eddie Van Halen formaron Van Halen, con innovadoras interpretacións de guitarra con técnicas como o trémolo, o tapping e o crosspicking[98] que influenciaron á música "shred" nos 80.[99]
Comercialización
[editar | editar a fonte]Algúns artistas consagrados movéronse cara estilos máis sinxelos e máis viables comercialmente.[100][1] Bandas de arena rock como Journey, Kansas, Styx, GTR, ELO e Foreigner ou comezaran como grupos de rock progresivo ou tiñan membros moi ligados ao xénero. Eses grupos retiveron parte da complexidade nos seus temas e arranxos de tipo orquestral, pero afastáronse do misticismo lírico en favor de temas máis convencionais como as relacións persoais,[101] e foron coñecidos como "prog lite".[102] Genesis transformouse nun exitoso grupo de pop, o supergrupo progresivo Asia (formado por membros de Yes, King Crimson, e ELP) conseguiu un álbum número 1 en 1982,[103] e unha reformada Yes publicou o relativamente mainstream 90125 (1983), que produciu o seu único sinxelo número 1 nos Estados Unidos, "Owner of a Lonely Heart". Unha banda que seguiu tendo éxito nos anos 80 mantendo un enfoque progresivo foi Pink Floyd, que publicou The Wall a finais de 1979. O álbum, que levou a ira punk ao rock progresivo,[104] foi un enorme éxito e posteriormente foi filmado como Pink Floyd - The Wall.
Post-punk e post-progresivo
[editar | editar a fonte]O punk e o rock progresivo non eran necesariamente tan opostos como adoita a crerse. Os dous xéneros rexeitan a comercialización, e as bandas de punk viron a necesidade dun avance musical.[105][62] O autor Doyle Green destacou que o post-punk xurdiu como "unha especie de 'punk progresivo'".[106] Os artistas de post-punk rexeitaron as altas referencias culturais de artistas de rock dos 60 como os Beatles e Bob Dylan, así como os paradigmas que definían ao rock como "progresivo", "arte" ou "perfeccionismo de estudio".[107] En contraste ao punk rock, equilibra a enerxía e o escepticismo do punk coa conciencia da escola de arte, a experimentación dadaísta, e paisaxes sonoras atomosféricas e ambientais. A world music, especialmente con tradicións africanas e asiáticas, tamén foi unha gran influencia.[108] O impacto do rock progresivo sentíuse no traballo dalgúns artistas punk, aínda que tendían a non emular aos grupos de rock clásico ou Canterbury, senón a grupos como Roxy Music e King Crimson, e a bandas de krautrock, particularmente Can.[109] A música de Punishment of Luxury collía elementos tanto do progresivo como do punk,[110] mentres que Alternative TV, que estaba liderada polo fudador do influínte fanzine punk Sniffin' Glue Mark Perry, xirou e editou un álbum ao vivo compartido con Here & Now, unha banda moi relacionada con Gong.[111]
O termo "post-progresivo" identifica o rock progresivo de despois de 1978 que regresa os seus principios orixinais mentres se desvincula dos estilos do progresivo dos anos 70.[112][113] Martin acredita a Brian Eno de Roxy Music como o catalizador máis importante do xénero, explicando que a súa produción de 1973-77 fusionou aspectos do rock progresivo cunha noción profética de new wave e punk.[114] O new wave, que apareceu ao redor de 1978-79 con algunhas das mesmas actitudes e estética que o punk, foi descrito por Martin como "progresista" multiplicado polo "punk".[115] As bandas do xénero tenderon a ser menos hostís cara o rock progresivo que os punks, e houbo cruces, como a participación de Fripp e Eno con Talking Heads, e o reemplazo de Rick Wakeman e Jon Anderson de Yes polo dúo pop The Buggles.[116] Cando King Crimson reformouse en 1981 publicou o álbum Discipline, do que Macan di que "inaugurou" o novo estilo post-progresivo.[117] A nova formación de King Crimson co guitarrista e vocalista Adrian Belew, que tamén colaborou con Talking Heads, tocando ao vivo co grupo e aparecendo no seu álbum de 1980 Remain in Light.[118][119] Segundo Martin, Talking Heads tamén creou "un tipo de música new-wave que foi a sintese perfecta da urxencia e actitude punk coa sofisticación e creatividade do rock progresivo. Gran parte do rock máis interesante dende esa época é claramente música 'post-Talking Heads', pero isto significa que tamén é rock post-progresivo".[114]
Rock neo-progresivo
[editar | editar a fonte]Unha segunda onda de bandas de rock progresivo apareceu a principios da década dos 80 e dende entón foi categorizada como un subxenero distinto chamado "rock neo-progresivo".[120][121] Estas bandas enstaban baseadas e gran parte en teclados e tocaban longas composicións con estruturas musicais e líricas complexas.[122] Varias delas ficharon por grandes selos discográficos, como Marillion, IQ, Pendragon e Pallas.[123] Gran parte dos principais artistas do xénero publicaron os seus álbums de estrea entre 1983 e 1985 e compartían o mesmo representante, Keith Goodwin, un publicista que fora instrumental na promoción do rock progresivo durante os anos 70.[124] As bandas da década anterior tiveran a vantaxe de aparecer durante un destacado momento contracultural que lles proporcionou unha audiencia potencialmente alta, pero as bandas estiveron relativamente limitadas a un nicho demográfico e resultoulles difícil conseguir seguidores. Só Marillion[125] e Saga[126] experimentaron un éxito internacional.
As bandas de neo-progresivo tenderon a usar ao Genesis da época de Peter Gabriel como "modelo principal".[127] Tamén estaban influenciadas polo funk, o hard rock e o punk rock.[128] O grupo máis exitoso do xénero, Marillion, foi especialmente acusado de asemellarse demasiado a Génesis, aínda que usaba un estilo vocal distinto, incorporaba máis elementos hard rock, e estaba fortemente influenciada por grupos como Camel e Pink Floyd.[129][130] Os autores Paul Hegarty e Martin Halliwell sinalaron que as bandas neoprogresivas non estaban tanto plaxiando o rock progresivo como creando un novo estilo a partir de elementos dese estilo, ao igual que as bandas dunha década atrás fixeran creando un novo estilo a partir do jazz e elementos clásicos.[131] O autor Edward Macan respondeu sinalando que estas bandas estaban motivadas, polo menos parcialmente, por un desexo nostálxico de preservar un estilo pasado en lugar dun impulso por innovar.[132]
Anos 90 e 2000
[editar | editar a fonte]Terceira onda
[editar | editar a fonte]Unha terceira onde de bandas de rock progresivo, que tamén pode ser descrita como unha segunda xeración de bandas neoprogresivas,[120] xurdiu nos anos 90. O uso do termo "progresivo" para describir grupos que seguen o estilo de bandas de 10 a 20 anos antes é algo controvertido, xa que se ve como unha contradición do espírito de experimentación e progreso.[133][134] Estes novos grupos foron axudados en parte pola dispoñibilidades de estudios de gravación baseados en ordenadores persoais, que reducían os gastos de produción, e de Internet, que facilitou ás bandas fóra do mainstream chegar a un público máis amplo.[135] En grandes cidades apareceron tendas de discos especializadas en rock progresivo.[133]
A música shred dos anos 80 foi unha gran influencia nos grupos de rock progresivo dos 90.[133] Algunhas das novas bandas, como The Flower Kings, Spock's Beard e Glass Hammer, tocaban un estilo sinfónico progresivo dos 70 pero cun son actualizado.[136] Varias delas comezaron a explorar is límites do CD do mesmo xeito que grupos anteriores ampliaran os límites do LP de vinilo.[137]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Covach 1997, p. 5
- ↑ 2,0 2,1 Bannister 2007, p. 37
- ↑ 3,0 3,1 "Prog-Rock Music Genre Overview". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-11-20.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Robinson 2017, p. 223
- ↑ 5,0 5,1 Hegarty & Halliwell 2011, p. 9
- ↑ 6,0 6,1 Cotner 2000, p. 90
- ↑ Moore 2004, p. 22
- ↑ Haworth & Smith 1975, p. 126
- ↑ Moore 2016, pp. 201-202
- ↑ 10,0 10,1 Hegarty & Halliwell 2011, p. 2
- ↑ Holm-Hudson 2013, pp. 16, 85-87
- ↑ Holm-Hudson 2013, p. 16
- ↑ Holm-Hudson 2013, pp. 85-87
- ↑ Cotner 2000, p. 91
- ↑ Willis 2014, pp. 204, 219
- ↑ Willis 2014, p. 219
- ↑ Romano 2010, p. 24
- ↑ Holm-Hudson 2013, p. 85
- ↑ Prown & Newquist 1997, p. 78
- ↑ Philo 2014, p. 119
- ↑ Moore 2016, p. 201
- ↑ Hegarty & Halliwell 2011, p. 11
- ↑ Everett 1999, p. 95
- ↑ Martin 1998, p. 47
- ↑ Tamm 1995, p. 29
- ↑ "Tomorrow Never Knows: How 1966’s Trilogy Of Pet Sounds, Blonde On Blonde, And Revolver Changed Everything". Stereogum (en inglés). 2016-08-05. Consultado o 2022-12-02.
- ↑ Martin 1998, p. 53
- ↑ Cotner 2001, p. 30
- ↑ Curtis 1987, p. 156-7
- ↑ Curtis 1987, p. 179
- ↑ Jackson, Andrew Grant (2015). 1965 : the most revolutionary year in music (First edition ed.). New York. ISBN 978-1-250-05962-8. OCLC 889577432.
- ↑ Martin 1996, p. 4
- ↑ Hegarty & Halliwell 2011, pp. 54-55
- ↑ Sweers 2004, p. 72,204
- ↑ Macan 1997, p. 15,20
- ↑ Martin 1998, pp. 39-40
- ↑ Covach 1997, p. 3
- ↑ Martin 1998, p. 39
- ↑ "The 12 Best Brian Wilson Songs". PopMatters. 2016-09-21. Archived from the original on 21 de setembro de 2016. Consultado o 2022-12-03.
- ↑ Martin 1998, p. 40
- ↑ Holm-Hudson 2008, p. 10
- ↑ 42,0 42,1 "Philomusica on-line - "Composizione e sperimentazione nel rock britannico 1967-1976", Cremona 20-22 ottobre 2006". www-3.unipv.it. Consultado o 2022-12-03.
- ↑ Weigel 2012b
- ↑ Bruford 2012, p. 159
- ↑ Zoppo 2014
- ↑ "Prog-Rock Music Genre Overview". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-12-04.
- ↑ Sweers 2004, p. 114-15
- ↑ Sweers 2004, p. 119
- ↑ Martin 1998, pp. 164-65
- ↑ Hogg 1994
- ↑ Fowles, Paul (2009). A concise history of rock music. Pacific, MO: Bill's Music Shelf. ISBN 978-0-7866-6643-0. OCLC 729575431.
- ↑ 52,0 52,1 Macan 1997, pp. 21-22
- ↑ Martin 1998, pp. 163-164.
- ↑ Macan 1997, p. 20
- ↑ Martin 1998, p. 168
- ↑ Macan 1997, p. 26
- ↑ Bowman 2001, p. 184
- ↑ Macan 1997, pp. 22-23
- ↑ Macan 1997, p. 23
- ↑ Macan 1997, p. 27
- ↑ Macan 1997, p. 28
- ↑ 62,0 62,1 DeRogatis, Jim (28 de febreiro de 1993). "The Curse of 'Tubular Bells'. 1974 also saw the rise of Supertramp, as the release of their third studio album saw some success in both UK and USA". Chicago Sun-Times.
- ↑ Macan 1997, p. 185-6
- ↑ Curtis 1987, p. 286
- ↑ Luhrssen, David (2017). Encyclopedia of classic rock. Santa Barbara, California. ISBN 978-1-4408-3514-8. OCLC 957223431.
- ↑ 66,0 66,1 Macan 1997, p. 186
- ↑ "Second Time's the Charm for Dregs." The Boston Globe. 21 de febreiro de 1992.
- ↑ "Captain Beyond Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-12-10.
- ↑ "Return to Forever Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-12-10.
- ↑ "Frank Zappa Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-12-10.
- ↑ Martin 1998, pp. 154-55
- ↑ Mirković, Igor (2003). Sretno dijete. Zagreb: Fraktura. p. 5.
- ↑ Žikić, Aleksandra (1999). Fatalni ringišpil: Hronika beogradskog rokenrola 1959-1979. Belgrado: Geopoetika. p. 138-139.
- ↑ Macan 1997, pp. 183-84
- ↑ Macan 1997, p. 267
- ↑ Sarig 1998, p. 123
- ↑ Lucky 2000, p. 22
- ↑ Martin 2002, p. 82
- ↑ Martin 1998, p. 41; Hoard & Brackett 2004, p. 524
- ↑ Hoard & Brackett 2004, p. 524
- ↑ Martin 1998, pp. 41, 205, 216, 244
- ↑ "Record Collection". Prog. Consultado o 2022-12-13.
- ↑ Martin 2002, p. 78
- ↑ Martin 2002, p. 115
- ↑ Martin 2002, pp. 108-110
- ↑ Hegarty & Halliwell 2011, p. 177
- ↑ Macan 1997, p. 179
- ↑ Macan 1997, pp. 187-188
- ↑ Macan 1997, pp. 181-183
- ↑ Macan 1997, p. 206
- ↑ Moore 2016, p. 202
- ↑ Martin 1996, p. 188
- ↑ Macan 1997, p. 187
- ↑ "Everything You Ever Wanted to Know About the Prog". www.jimdero.com. Consultado o 2022-12-16.
- ↑ Macan 1997, p. 183
- ↑ Blackett, Matt (abril de 2001). "Uli Jon Roth". Guitar Player.
- ↑ Gress, Jesse (xuño de 2007). "10 things you gotta do to play like Uli Jon Roth". Guitar Player.
- ↑ Gress, Jesse (maio de 1993). "Van Halen lesson: how Eddie rewrote the rock guitar rule book". Guitar Player.
- ↑ Miers, Jeff (12 de xaneiro de 2007). "Rowdy choice; Van Halen's rise to Rock Hall a breakthrough". The Buffalo News.
- ↑ Hegarty & Halliwell 2011, p. 182
- ↑ Hegarty & Halliwell 2011, pp. 181-182
- ↑ Cateforis 2011, pp. 154-159
- ↑ Cabison, Rosalie (2013-01-02). "Billboard 200". Billboard (en inglés). Consultado o 2022-12-16.
- ↑ Hegarty & Halliwell 2011, p. 174
- ↑ Martin 1996, pp. 189-190
- ↑ Greene 2014, p. 173
- ↑ Bannister 2007, pp. 36-37
- ↑ Rojek 2011, p. 28
- ↑ Tommy Udo (setembro de 2006). "Did Punk kill prog?". Classic Rock. 97
- ↑ "Punishment of Luxury Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-12-19.
- ↑ "Alternative TV". Trouser Press (en inglés). Consultado o 2022-12-19.
- ↑ Hegarty & Halliwell 2011, p. 225
- ↑ Martin 1998, p. 20
- ↑ 114,0 114,1 Martin 1998, p. 251
- ↑ Martin 2002, p. 99
- ↑ Martin 2002, p. 99
- ↑ Macan 1997, p. 205
- ↑ DeRiso, Nick. "How King Crimson Were Reborn on New Wave-Influenced 'Discipline'". Ultimate Classic Rock (en inglés). Consultado o 2022-12-20.
- ↑ "What Do David Bowie, Frank Zappa, and the Talking Heads Have in Common? This Man.". Portland Monthly (en inglés). Consultado o 2022-12-20.
- ↑ 120,0 120,1 Hegarty & Halliwell 2011, p. 199
- ↑ Ewing, Jerry. "Pathways." Classic Rock Presents Prog. 17 de marzo de 2010. p.61
- ↑ Hegarty & Halliwell 2011, pp. 183-186
- ↑ "Go back to go forward: the resurgence of prog rock". the Guardian (en inglés). 2010-07-22. Consultado o 2022-12-24.
- ↑ Macan 1997, p. 198
- ↑ Macan 1997, pp. 200-201
- ↑ "Ian Crichton Talks About Saga, Guitars, Throwing Shapes and 20/20". GuitarInternational.com. 2013-04-26. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2013. Consultado o 2022-12-24.
- ↑ Covach, John Rudolph; Boone, Graeme M. (Graeme MacDonald) (1997). Understanding rock : essays in musical analysis. New York : Oxford University Press. ISBN 978-0-19-510005-1.
- ↑ Romano, Will (2010). Mountains come out of the sky : the illustrated history of prog rock. Milwaukee, WI: Backbeat Books. ISBN 978-0-87930-991-6. OCLC 609541565.
- ↑ Blake, Mark (2017-03-22). "Steve Rothery: "People still think Marillion are a Scottish heavy metal band”". loudersound (en inglés). Consultado o 2022-12-24.
- ↑ Rees, Caroline (2016-04-15). "Former Marillion singer Fish: My six best albums". Express.co.uk (en inglés). Consultado o 2022-12-24.
- ↑ Hegarty & Halliwell 2011, p. 184
- ↑ Macan 1997, p. 197
- ↑ 133,0 133,1 133,2 Gill 1995
- ↑ Hegarty & Halliwell 2011, p. 19
- ↑ Karnick 2003
- ↑ Lucky 2000, p. 47,127
- ↑ Hegarty & Halliwell 2011, p. 200
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rock progresivo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bannister, Matthew (2007). White Boys, White Noise: Masculinities and 1980s Indie Guitar Rock. Ashgate Publishing, Ltd. ISBN 978-0-7546-8803-7. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2016. Consultado o 1 de decembro de 2022.
- Bowman, Durrell S. (2001). K. Holm-Hudson, ed. 'Let Them All Make Their Own Music:' Individualism, Rush, and the Progressive/Hard Rock Alloy, 1976–77. Progressive Rock Reconsidered (Taylor & Francis). pp. 183–218. Arquivado dende o orixinal o 7 de novembro de 2021. Consultado o 20 de decembro de 2022.
- Bruford, Bill (2012). Theo Cateforis, ed. Reflections on Progressive Rock. The Rock History Reader (Routledge).
- Cotner, John S. (2000). "Music Theory and Progressive Rock Style Analysis". Reflections on American Music: The Twentieth Century and the New Millennium. Pendragon Press. ISBN 978-1-57647-070-1.
- Covach, John (1997). John Covach; Graeme M. Boone, eds. Progressive Rock, 'Close to the Edge,' and the Boundaries of Style. Understanding Rock: Essays in Musical Analysis (New York: Oxford University Press).
- Curtis, Jim (1987). Rock Eras: Interpretations of Music and Society, 1954–1984. Bowling Green, OH: Bowling Green State University Popular Press.
- Everett, Walter (1999). The Beatles as Musicians: Revolver Through the Anthology. New York, NY: Oxford University Press. ISBN 0-19-512941-5.
- Hegarty, Paul; Halliwell, Martin (2011). Beyond and Before: Progressive Rock Since the 1960s. New York: The Continuum International Publishing Group. ISBN 978-0-8264-2332-0.
- Hoard, Christian; Brackett, Nathan, eds. (2004). The New Rolling Stone Album Guide. Simon & Schuster. ISBN 9780743201698.
- Holm-Hudson, Kevin, ed. (2013). Progressive Rock Reconsidered. Routledge. ISBN 978-1-135-71022-4. Arquivado dende o orixinal o 8 de febreiro de 2017. Consultado o 20 de decembro de 2022.
- Lucky, Jerry (2000). Progressive Rock. Burlington, Ontario: Collector's Guide Publishing, Inc.
- Macan, Edward (1997). Rocking the Classics: English Progressive Rock and the Counterculture. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-509887-0.
- Martin, Bill (1996). Music of Yes: Structure and Vision in Progressive Rock. Chicago: Open Court.
- Martin, Bill (1998). Listening to the Future: The Time of Progressive Rock. Chicago: Open Court. ISBN 0-8126-9368-X.
- Martin, Bill (2002). Avant Rock: Experimental Music from the Beatles to Bjork. Chicago: Open Court.
- Moore, Allan (2004). Jethro Tull's Aqualung. Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4411-1315-3. Arquivado dende o orixinal o 5 de maio de 2016. Consultado o 25 de decembro de 2022.
- Moore, Allan F. (2016). Song Means: Analysing and Interpreting Recorded Popular Song. Routledge. ISBN 978-1-317-05265-4. Arquivado dende o orixinal o 7 November 2021. Consultado o 12 October 2016.
- Prown, Pete; Newquist, Harvey P. (1997). Legends of Rock Guitar: The Essential Reference of Rock's Greatest Guitarists. Hal Leonard Corporation. ISBN 978-0-7935-4042-6. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro 2017. Consultado o 24 de decembro de 2022.
- Robinson, Emily (2017). The Language of Progressive Politics in Modern Britain. Palgrave Macmillan UK. ISBN 978-1-137-50664-1. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2017. Consultado o 24 de decembro de 2022.
- Romano, Will (2010). Mountains Come Out of the Sky: The Illustrated History of Prog Rock. Milwaukee, WI: Backbeat Books. ISBN 978-0-87930-991-6. Arquivado dende o orixinal o 25 August 2016. Consultado o 12 October 2016.
- Sarig, Roni (1998). The Secret History of Rock: The Most Influential Bands You\'ve Never Heard. Crown Publishing Group.
- Sweers, Britta (2004). Electric Folk: The Changing Face of English Traditional Music. New York: Oxford University Press.
- Willis, Paul E. (2014). Profane Culture. Princeton University Press. ISBN 978-1-4008-6514-7. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2017. Consultado o 19 de decembro de 2022.
- Zoppo, Donato (2014). Prog: Una suite lunga mezzo secolo (en italiano). Arcana. ISBN 978-88-6231-639-2. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2020. Consultado o 19 de decembro de 2022.