Revenimento
Tratamentos térmicos |
---|
Témpera |
Endurecemento |
Revenimento[Cómpre referencia] ou revenido[Cómpre referencia] é un tratamento térmico utilizado no aceiro e noutros materiais para corrixir inconvenientes decorrentes da témpera ou doutros procesos previos que poidan reducir as prestacións da peza a revenir.
A témpera tende a tornar o aceiro excesivamente ríxido (pouca elasticidade) e fráxil (pouca resistencia ao choque) e a criar tensóns internas, o que é corrixido polo revenimento, que consiste en requecer a peza temperada a unha temperatura inferior á da témpera (zona crítica-fase austenítica).
A temperatura de revenido e o tempo de manutención desta temperatura influen decisivamente nas propiedades finais obtidas na peza: canto mais tempo e/ou maior temperatura, mais dúctil se torna o material. Os elementos de liga contidos no metal tamén influen no revenimento, mudando o comportamento do material no proceso.
A temperatura de revenido nos aceiros sitúase normalmente entre 150 °C e 600 °C, e o tempo de duración entre 1h e 3h. Porén, canto maior a temperatura empregada, máis tende o revenido a reducir a dureza orixinal.
O revenido aumenta a ductilidade e a elasticidade do material, e é usado especialmente na fabricación de resortes.
Fases do revenimento
[editar | editar a fonte]O revenido faise en tres fases:
- Arrequecemento a unha temperatura inferior á crítica.
- Mantemento da temperatura, para igualala en toda a peza.
- Arrefriado, a velocidade variable, non é relevante pero tampouco debe de ser excesivamente rápido.
Arrequecemento
[editar | editar a fonte]O arrequecemento adóitase facer en fornos de sales. Para os aceiros ao carbono de construción, a temperatura de revenido está comprendida entre 450 a 600 °C, mentres que para os aceiros de ferramentas a temperatura de revenimento é de 200 a 350 °C.
Mantemento da temperatura
[editar | editar a fonte]A duración do revenimento a baixa temperatura é maior que ás temperaturas máis elevadas, para dar tempo a que sexa homogénea a temperatura en toda a peza.
Arrefriado
[editar | editar a fonte]A velocidade de arrefriado do revenimento non ten influencia algunha sobre o material tratado cando as temperaturas alcanzadas non exceden as que determinan a zona de fraxilidade do material; neste caso arrefríanse as pezas directamente en auga. Se o revenido se efectúa a temperaturas superiores ás de fraxilidade, é conveniente arrefrialas en baño de óleo quente a uns 150 °C e despois en auga, ou simplemente ao ar.
Revenido do aceiro rápido
[editar | editar a fonte]Faise á temperatura de 500 a 600 °C en baño de chumbo fundido ou de sales. O arrequecemento debe ser lento, o mantemento do caldeo será polo menos de media hora; finalmente déixase arrefriar ao aire.
Dous revenidos sucesivos melloran as características mecánicas e as de corte dos aceiros rápidos.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Millán Gómez, Simón (2006). Procedimientos de Mecanizado. Madrid: Editorial Paraninfo. ISBN 84-9732-428-5.