Primeiro ministro de San Vicente e as Granadinas
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
O primeiro ministro de San Vicente e as Granadinas é o xefe de goberno do país. Durante o dominio británico, a partir de 1956 xorde a figura do xefe de goberno (en inglés, chief minister) sendo o primeiro Ebenezer Joshua (1956 a maio de 1967) seguido por Milton Cato.
En 1969, o territorio gañou autonomía, e o título do xefe de goberno pasou a ser "primeiro ministro". De 1969 ata a independencia, foron:
- Milton Cato - 27 de outubro de 1969 - abril de 1972
- James Fitz-Allen Mitchell - abril de 1972 - 8 de decembro de 1974
- Milton Cato - 8 de decembro de 1974 - 27 de outubro de 1979
Primeiros Ministros despois da independencia (1979- )
[editar | editar a fonte]Nome | Inicio do mandato | Fin do mandato |
---|---|---|
Milton Cato | 27 de outubro de 1979 | 30 de xullo de 1984 |
James Fitz-Allen Mitchell | 30 de xullo de 1984 | 27 de outubro de 2000 |
Arnhim Eustace | 27 de outubro de 2000 | 29 de marzo de 2001 |
Ralph Gonsalves | 29 de marzo de 2001 | presente |