Plaza Mayor de Salamanca
Aparencia
Plaza Mayor de Salamanca | |
---|---|
Plaza Mayor de Salamanca |
A Plaza Mayor de Salamanca é un espazo urbano construído como praza maior que co tempo converteuse no centro da vida social da cidade.
Foi construída no período que vai desde o ano 1729 ao 1756, en estilo barroco. O deseño é do arquitecto Alberto Churriguera (pavillóns Real e de San Martín) e posteriormente continuada por outros con poucas modificacións respecto ao proxecto inicial. A comezos do século XIX sufriu diversas remodelacións urbanísticas, ata que aos poucos a mediados do século XX foi desprovista dos seus xardíns, quiosco de música central e urinarios públicos para quedar diáfana.
Foi declarada Ben de Interese Cultural con categoría de Monumento o 21 de decembro de 1973, publicándose no BOE o 23 de xaneiro de 1974.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha del Catálogo de Bienes Protegidos de la Dirección General de Patrimonio Cultural de la Junta de Castilla y León". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2016. Consultado o 1 de agosto de 2010.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Plaza Mayor de Salamanca |