Pato ferrón
Pato ferrón Plectropterus gambensis | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho de P. g. niger en Suráfrica | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Plectropterus gambensis (Linnaeus, 1766) | |||||||||||||||||
Área de distribución de P. gambensis Área de ocupación permanente.
| |||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||
|
O pato ferrón[2] (Plectropterus gambensis) é unha especie de ave anseriforme da familia dos anátidos, a única da subfamilia dos plectropterinos.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1766 por Linneo na 12ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Anas gambiensis.[4][5]
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[4][5]
- Anas gambiensis Linnaeus, 1766 (protónimo)
Subespecies
[editar | editar a fonte]Recoñécense dúas subespecies:[4]
- Plectropterus gambensis gambensis (Linnaeus, 1766)
- Plectropterus gambensis niger Sclater, 1877
Características
[editar | editar a fonte]É un ganso grande, propio de África, que pesa entre os 4 e os 6 kg.
Relacionado cos membros da subfamilia dos tadorninos (e moitas clasificacións considárano dentro dela),[6] pero presenta varios trazos anatómicos que para algúns son suficientes para encadralo nunha subfamilia propia.[Cómpre referencia]
Unha característica destacábel é a presenza de dous esporóns aguzados e rectos no bordo anterior das ás cos que pode golpear e defenderse.
Distribución
[editar | editar a fonte]Ocupa a interfase de ecosistemas terrestres e acuáticos da África subsahariana.[1]
Ameazas
[editar | editar a fonte]A especie está ameazada pola caza incontrolada (o descenso da súa poboación en Botswana atribuíuse á caza fóra das áreas protexidas).[7] A especie é cazada e comercializada nos mercados de medicina tradicional en Nixeria.[8]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, colnsidrando que esta especie ten unha área de distribución extraordinariamrente grande e quj, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución, que a tendencia de poboación parece estar en aumento e, polo tanto, a especie non se achega aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tendencia de poboación, e que o tamaño da poboación é moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio do tamaño da poboación, cualifica o status da especie como LC (pouco preocupamte).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2016): Plectropterus gambensis na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 22 de outubro de 2022.
- ↑ A Chave (2024). Os nomes galegos das aves (5 ed.). A Chave.
- ↑ Phillips, John C. (1922): A natural history of the ducks, p. 49.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Plectropterus gambensis (Linnaeus, 1766) no GBIF. Consultado o 22 de outubro de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 Plectropterus gambensis (Linnaeus, 1766) na BioLib. Consultada o 22 de outubro de 2022.
- ↑ Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Anseriformes
- ↑ Hockey, P. A. R., Dean, W. R. J. & Ryan, P. G. (2005): Roberts birds of southern Africa. Trustees of the John Voelcker Bird Book Fund, Cape Town, South Africa.
- ↑ Nikolaus, G. (2001): "Bird exploitation for traditional medicine in Nigeria". Malimbus 23: 45-55.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pato ferrón |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pato ferrón |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brown, L. H., Urban, E. K. & Newman, K. (1982): The Birds of Africa, Volume I. Lomdon: Academic Press. ISBN 978-0-1213-7301-6.
- del Hoyo, J; Elliot, A; Sargatal, J. (1996): Handbook of the Birds of the World. Vol. 3. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-420-2.
Outros atrigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Plectropterus gambensis en The Atlas of Southern African Birds (en inglés).
- Death by toxic goose (en inglés).
- Plectropterus gambensis (Linnaeus 1766) ma EOL (en inglés).