Partidos xudiciais de Galicia
En Galicia existen 45 partidos xudiciais, que é como se denomina o segundo nivel de unidades territoriais para a administración da xustiza en España.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Estes 45 partidos xudiciais repártense do seguinte modo: 14 pertencen á provincia da Coruña, 9 á provincia de Lugo, 9 á provincia de Ourense e 13 están na provincia de Pontevedra.[3]
O partido é a unidade territorial integrada por un ou máis concellos limítrofes, pertencentes a unha mesma Provincia.[2] Entre os concellos que compoñen os partidos xudiciais, baseándose en criterios do número de asuntos xudiciais, das características da poboación, medios de comunicación e comarcas naturais, elíxese a capital do mesmo, que se denomina cabeza de partido xudicial.[2] Na devandita cabeza atópase a sede dun ou varios xulgados.[1] Á fronte do resto de concellos do partido xudicial atópanse os xulgados de paz.[1] A actual distribución de partidos xudiciais da comunidade autónoma de Galicia débese a Lei 38/1988, de 28 de decembro, de Demarcación e de Planta Xudicial.[1]
En virtude da devandita lei, os concellos galegos distribúense nos partidos xudiciais que se indican a continuación:[3]
- Betanzos: Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Monfero, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, Sada, Sobrado, Vilarmaior, Vilasantar.
- Santiago de Compostela: Ames, Boqueixón, Santiago de Compostela, Teo, Vedra
- Ferrol: Ares, Cabanas, A Capela, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño
- A Coruña: Arteixo, Cambre, Carral, Cerceda, A Coruña, Culleredo, Oleiros
- Noia: Lousame, Noia, Porto do Son
- Carballo: Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Ponteceso
- Corcubión: Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Zas
- Arzúa: Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Toques, Touro
- Ortigueira: Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, Ortigueira
- Ribeira: Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira
- Negreira: A Baña, Brión, Negreira, Santa Comba
- Muros: Carnota, Mazaricos, Muros, Outes
- Padrón: Dodro, Padrón, Rianxo, Rois
- Ordes: Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo, Val do Dubra
- Mondoñedo: Abadín, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, A Pastoriza, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro
- Chantada: Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Monterroso, Palas de Rei, Portomarín, Taboada
- Lugo: Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Meira, Outeiro de Rei, Pol, Rábade
- Vilalba: Begonte, Cospeito, Xermade, Guitiriz, Muras, Vilalba
- Monforte de Lemos: Bóveda, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober
- Viveiro: Burela, Cervo, Foz, Xove, Ourol, O Vicedo, Viveiro
- Sarria: O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria
- A Fonsagrada: Baleira, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín
- Becerreá: As Nogais, Baralla, Becerreá, Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela
- Ourense: Allariz, Amoeiro, Baños de Molgas, Barbadás, Coles, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Ourense, Paderne de Allariz, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo
- Ribadavia: A Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Pontedeva, Ribadavia
- Xinzo de Limia: Baltar, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia
- A Pobra de Trives: O Bolo, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Larouco, Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, A Teixeira, Viana do Bolo, Vilariño de Conso
- Verín: Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós
- O Barco de Valdeorras: O Barco de Valdeorras, Carballeda de Valdeorras, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga, Vilamartín de Valdeorras
- O Carballiño: Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea
- Bande: Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Padrenda, Verea
- Celanova: A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Quintela de Leirado, Ramirás
- Ponteareas: Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas, Salvaterra de Miño
- Vilagarcía de Arousa: Catoira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa
- Vigo: Baiona, Gondomar, Nigrán, Vigo
- Pontevedra: Cerdedo-Cotobade,[4] A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra
- A Estrada: A Estrada, Forcarei
- Tui: A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño, Tui
- Cangas: Cangas, Moaña, Vilaboa
- Lalín: Dozón, Agolada, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces
- Cambados: Cambados, O Grove, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo
- Redondela: Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior
- O Porriño: Mos, O Porriño, Salceda de Caselas
- Caldas de Reis: Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas, Valga
- Marín: Bueu, Marín
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 noticias jurídicas (ed.). "Ley 38/1988, de 28 de diciembre, de Demarcación y de Planta Judicial." (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 noticias jurídicas (ed.). "Ley Orgánica 6/1985, de 1 de julio, del Poder Judicial. TÍTULO II. De la planta y organización territorial. CAPÍTULO II. De la división territorial en lo judicial." (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2011.
- ↑ 3,0 3,1 Consello Xeral de Procuradores de España (ed.). "Páxina Web do Consello Xeral de Procuradores de España" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2011. Consultado o 14 de xaneiro de 2011.
- ↑ La Xunta confirma que Cerdedo-Cotobade se integraría en el partido judicial de Pontevedra