Otto Wallach
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de marzo de 1847 Königsberg, Prusia |
Morte | 26 de febreiro de 1931 (83 anos) Gotinga, Alemaña |
Lugar de sepultura | Cemiterio municipal de Gotinga |
Residencia | Gotinga |
Educación | Universidade de Gotinga - doutoramento (1867–1869) Universidade Humboldt de Berlín |
Director de tese | August Wilhelm von Hofmann |
Actividade | |
Campo de traballo | Química orgánica |
Lugar de traballo | Bonn |
Ocupación | químico, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Gotinga (1889–1915) Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn (1870–1889) |
Membro de | |
Alumnos | Walter Norman Haworth |
Obra | |
Obras destacables | |
Doutorando | Walter Norman Haworth, Heinrich Mallison e Abram Berkengeim (en) |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Валлах Отто) Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
Otto Wallach, nado en Königsberg (naqueles momentos parte de Prusia pero que hoxe en día forma parte de Rusia e é nomenada Kaliningrado) o 27 de marzo de 1847 e finado en Gotinga (Alemaña) o 26 de febreiro de 1931, foi un químico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1910.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Otto naceu en Königsberg, naqueles momentos parte de Prusia, pero que actualmente forma parte de Rusia, denominada Kaliningrado.
Estudou química na Universidade de Berlín e Gotinga, e entre 1876 e 1889 foi nomeado profesor de química na Universidade de Bonn. En 1889 abandonou a docencia para converterse en director do Instituto Químico da Universidade de Gotinga, cargo que ocupou ata 1915.
Faleceu o 26 de febreiro de 1931 na alemá cidade de Gotinga, situada no estado alemán de Baixa Saxonia.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Foi un dos primeiros químicos que se dedicaron á investigación química dos terpenoides e as combinacións alicíclicas, a investigación das cales foi de grande influencia no desenvolvemento da química orgánica e industrial, e especialmente dos perfumes e dos aceites esenciais.
En 1910 foi galardoado co Premio Nobel de Química pola súa contribución no desenvolvemento da química orgánica e industrial.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1910 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1910 (en inglés)
- Perfil de Otto Wallach en NNDB (en inglés)
Predecesor: Wilhelm Ostwald |
Premio Nobel de Química 1910 |
Sucesor: Marie Curie |