Muriel Casals
Muriel Casals i Couturier, nada en Aviñón (Francia) o 6 de abril de 1945 e finada en Barcelona o 14 de febreiro de 2016, foi unha economista e política catalá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi profesora emérita do Departamento de Economía e de Historia Económica da Universidade Autónoma de Barcelona, da cal foi vicerreitora de Relacións internacionais e Cooperación entre 2002 e 2005. Fixo algunhas estadías en universidades británicas como a Universidade de Edimburgo, a London School of Economics e a Universidade de Gales en Bangor.
Era colaboradora habitual do semanario El Temps e do programa Economia i empresa de Catalunya Informació. Foi membro do consello de administración da Corporació Catalana de Ràdio i Televisió (1983-1988), e membro do Consell Català del Moviment Europeu. Formou parte da xunta do Ateneu Barcelonès (2003-2007).
Dende o ano 2008 era membro da xunta de Òmnium Cultural, e dende o 20 de marzo de 2010 exerceu como presidenta[1]. En xullo de 2015 deixou o cargo para presentarse de número tres na lista da coalición independentista Junts pel Sí das eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2015. Foi substituída por Jordi Cuixart á fronte de Òmnium.
O 30 de xaneiro de 2016 sufriu un accidente en Barcelona ao ser atropelada por unha bicicleta. Caeu e sufriu un traumatismo craneoencefálico cun hematoma subdural que requiriu unha drenaxe cirúrxica. Ademais, fracturou a pelve. Foi intervida de urxencia no Hospital Clínic de Barcelona, onde faleceu o 14 de febreiro de 2016.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]- 1992 La indústria a Catalunya. Tèxtil i confecció (en col·laboració amb V. Fabregat, F. Balcells i O. Homs), Departament d'Indústria i Energia de la Generalitat de Cataluña
- 1994 Crisi i renovació del tèxtil: La diversificació de la base econòmica dins Sabadell: Indústria i Ciutat. 1800-1980, J.M. Benaut, E. Deu, J. Calvet (eds.) Abadía de Montserrat
- 1999 La cultura, el mercat i la política dins Informe per a la Catalunya del 2000. Societat, Economia, Política, Cultura. Fundació Jaume Bofill. Mediterrànea
- 2000 Women and Work in Catalonia: Is Catalonia still a working society? dins Networking Europe. Eassys on Regionalism and SocialDemocracy. E Bort e N. Evans (eds.) Liverpool University Press
- 2007 Solving the "national" problems of Europe dins European Union, the Next Fifty Years (FT-LSE)
- 2007 Per una Europa Oberta dins Onze de Frankfurt. Institut Ramon Llull
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción. «Muriel Casals». Ara [Barcelona], núm 1, 28/11/2010, p.31.
- ↑ Morre Muriel Casals.