Saltar ao contido

Mazarico subela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mazarico subela
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Xenus
Kaup, 1829
Especie: Xenus cinereus
(Güldenstädt, 1775)
Área de distribución de X. cinereus (Compilado por: BirdLife International e Handbook of the Birds of the World (2019) 2019)     Reprodutores      De paso      Non reprodutores
Área de distribución de X. cinereus (Compilado por: BirdLife International e Handbook of the Birds of the World (2019) 2019)     Reprodutores      De paso      Non reprodutores

Área de distribución de X. cinereus (Compilado por: BirdLife International e Handbook of the Birds of the World (2019) 2019)     Reprodutores      De paso      Non reprodutores
Sinonimia

Tringa cinerea
Tringa terek

O mazarico subela[2] (Xenus cinereus) é unha especie de pequena ave limícola migratoria paleártica e é o único membro do xénero Xenus.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O mazarico subela foi descrito formalmente e ilustrado en 1775 polo naturalista alemán Johann Anton Güldenstädt co nome binomial Scolopax cinerea. Este autor informou que vira parellas reprodutoras na desembocadura do río Terek no mar Caspio.[3] Agora é a única especie situada no xénero Xenus, que foi introducido en 1829 polo naturalista alemán Johann Jakob Kaup.[4][5] O nome do xénero Xenus vén do grego antigo xenos que significa 'estraño'; o epíteto específico cinereus vén do latín cinis, cineris, 'cinza, gris'.[6] Considérase que a especie é monotípica, sen subespecies recoñecidas.[5]

Entre os escolopácidos, Xenus forma parte do clado biluricos-falaropos e está menos relacionado cos calídridos (pilros). Baseándose no grao de diverxencia das secuencias de ADN e os posibles fósiles de biluricos e falaropos no límite Oligoceno/Mioceno hai uns 23–22 millóns de anos, o mazarico subela diverxeu presumiblemente dos seus parentes no Oligoceno tardío. Dado o gran número de fósiles basais do grupo atopados en Eurasia é probable que a liñaxe deste mazarico se orixinase alí, posiblemente ao quedaren illados a medida que secaron os restos do mar de Turgai, o cal aconteceu xusto por esa época.[7][8][9]

Descrición

[editar | editar a fonte]

En lonxitude é lixeiramente maior que o bilurico das rochas con 22–25 cm, o seu bico longo curvado para arriba (que lembra un pouco ao dunha avoceta, pero non tan curvado) faino moi distinguible. Como implica o seu nome científico, esta limícola ten un dorso, face e peito gris en todas as plumaxes; poden ter un supercilio branco mís ou menos definido. O ventre é branco e os pés amarelos; o bico ten unha base amarela e o resto negro.

A súa chamada é un asubío agudo.

Distribución e ecoloxía

[editar | editar a fonte]

Esta ave reprodúcese preto da auga na taiga desde Finlandia a través do norte de Siberia ata o río Kolyma, e migran ao sur en inverno ata as costas tropicais do leste de África, sur de Asia e Australia, normalmente preferindo as áreas lamacentas. É unha ave vagante rara no oeste de Europa, e, especialmente en outono, vese ás veces pasar sobre as illas Marianas na súa migración; sobre Palau, bastante lonxe da súa ruta habitual de migración, pero é claramente pouco común. Case anualmente e aparentemente cada vez máis a miúdo nos tempos recentes, uns poucos exemplares desvíanse ata Alasca e as illas Aleutianas e Pribilof. Cada poucos anos, rexistranse aves vagantes solitarias nos Neotrópicos, a onde chegan migrando desde África ou desviándose desde América do Norte acompañando a limícolas locais que van ao sur para pasaren ao inverno. Estas aves vagabundas foron rexistradas mesmo moi ao sur como en Arxentina.[10][11][12]

A variación xenética global nesta especie na súa área de distribución é baixa, e hai algunhas evidencias de contraccións seguidas de expansións. Aínda que a poboación xeograficamente illada do río Dniéper no leste de Europa si mostra unha diferenciación xenética significativa.[13]

Aliméntase de maneira moi característica e activa, perseguindo insectos e outras presas móbiles, e ás veces corre despois á beira da auga para lavar a súa presa.

Pon de tres a catro ovos nunha escavación no chan forrada.

O mazarico subela gosta de asociarse co virapedras común (Arenaria interpres), pequenos calídridos e píllaras Charadrius (pero quizais non con píldoras Pluvialis); unha ave vagante en Paraty (estado de Río de Xaneiro) asociouse cun Actitis macularius.[12]

É unha especie que está incluída no Acordo sobre a Conservación de Aves Acuáticas Africano-Eurasiáticas (AEWA). Ao estar moi espallado e a miúdo ser bastante fácil de ver, o mazarico subela non se considera unha especie ameazada segundo a IUCN.[14]

  1. BirdLife International (2019). "Xenus cinereus" 2019: e.T22693251A155505422. doi:10.2305/IUCN.UK.2016-3.RLTS.T22693251A155505422.en. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 
  3. Güldenstädt, Johann Anton (1775). Novi Commentarii academiae scientiarium imperialis Petropolitanae (en latín) 19. p. 473–475, Plate 19. 
  4. Kaup, Johann Jakob (1829). Skizzirte Entwickelungs-Geschichte und natürliches System der europäischen Thierwelt (en alemán) c. 1. Darmstadt: Carl Wilhelm Leske. p. 115. 
  5. 5,0 5,1 Gill, Frank; Donsker, David; Rasmussen, Pamela, eds. (xullo de 2021). "Sandpipers, snipes, coursers". IOC World Bird List Version 11.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 10 de decembro de 2021. 
  6. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 107, =411. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  7. Mlíkovský, Jiří (2002). Cenozoic Birds of the World, Part 1: Europe (PDF). Prague: Ninox Press. OCLC 156629447. 
  8. Paton, Tara A.; Baker, Allan J.; Groth, J.G.; Barrowclough, G.F. (2003). "RAG-1 sequences resolve phylogenetic relationships within charadriiform birds". Molecular Phylogenetics and Evolution 29 (2): 268–278. Bibcode:2003MolPE..29..268P. PMID 13678682. doi:10.1016/S1055-7903(03)00098-8. 
  9. Thomas, Gavin H.; Wills, Matthew A.; Székely, Tamás (2004). "A supertree approach to shorebird phylogeny". BMC Evolutionary Biology 4: 28. PMC 515296. PMID 15329156. doi:10.1186/1471-2148-4-28. 
  10. Wiles, Gary J.; Johnson, Nathan C.; de Cruz, Justine B.; Dutson, Guy; Camacho, Vicente A.; Kepler, Angela Kay; Vice, Daniel S.; Garrett, Kimball L.; Kessler, Curt C.; Pratt, H. Douglas (2004). "New and Noteworthy Bird Records for Micronesia, 1986–2003". Micronesica 37 (1): 69–96. 
  11. VanderWerf, Eric A.; Wiles, Gary J.; Marshall, Ann P.; Knecht, Melia (2006). "Observations of migrants and other birds in Palau, April–May 2005, including the first Micronesian record of a Richard's Pipit" (PDF). Micronesica 39 (1): 11–29. 
  12. 12,0 12,1 White, Richard W.; Lehnhausen, Bud; Kirwan, Guy M. (2006). "The first documented record of Terek Sandpiper Xenus cinereus for Brazil". Revista Brasileira de Ornitologia (en inglés e portugués) 14 (4): 460–462. 
  13. Rönkä, N.; Pakanen, V.; Blomqvist, D.; Degtyaryev, M.; Golovatin, M.; Isakov, G.; Karlionova, N.; Lehikoinen, A.; Morozov, V.; Paskhalny, S.; Pauliny, A.; Pinchuk, P.; Rauhala, P.; Tomkovich, P.; Zakharov, E.; Koivula, K.; Kvist, L. (2019). "Near panmixia at the distribution-wide scale but evidence of genetic differentiation in a geographically isolated population of the Terek Sandpiper Xenus cinereus". Ibis 161 (3): 632–647. doi:10.1111/ibi.12651. 
  14. "Species factsheet: Xenus cinereus". www.birdlife.org. BirdLife International. 2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]