Saltar ao contido

Manama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaManama
Imaxe

Localización
Mapa
 26°13′30″N 50°34′39″L / 26.225, 50.5775
EstadoBahrain
Lista (pt) TraducirGobernación da capital, Bahrain Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación297.502 (2012) Editar o valor en Wikidata (9.916,73 hab./km²)
Xeografía
Superficie30 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porGolfo Pérsico Editar o valor en Wikidata
Creación1345 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data20 de xullo de 2018
Identificador6354

Sitio webcapital.gov.bh Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6076846

Manama[1] (árabe: المنامة al-Manāma) é a capital e cidade máis grande de Bahrain, cunha poboación aproximada de 157.000 habitantes, case un terzo da total de Bahrain. Durante moito tempo un importante centro comercial no Golfo Pérsico, Manama alberga unha poboación moi diversa. Despois de períodos de dominio portugués e persa e invasións das dinastías gobernantes de Arabia Saudita e Omán, Bahrain estableceuse como nación independente durante o período do século XIX de hexemonía británica.

Aínda que as actuais cidades xemelgas de Manama e Al-Muharraq parecen ser fundadas simultaneamente na década de 1800, [2] Muharraq tomou protagonismo debido á súa posición defensiva e foi así a capital de Bahrain ata 1921. Manama converteuse na capital mercantil e foi a porta de entrada principal da illa de Bahrain. [3] No século XX, a riqueza en petróleo de Bahrain axudou a impulsar un rápido crecemento e na década dos noventa un esforzo concertado de diversificación levou á expansión noutras industrias e axudou a transformar Manama nun importante centro financeiro en Oriente Medio. Manama designouse como a capital da cultura árabe en 2012 pola liga árabe e unha cidade global beta pola rede de Globalización e cidades mundiais de investigación en 2018.[4][5]

Manama é aínda unha das doce provincias de Bahrain e actualmente forma parte da gobernadoría principal.

Vista de Manama, ao fondo, coa illa de Al-Muharraq en primeiro plano

O norte da illa principal de Bahrain, que está dominada por Manama, leva aproximadamente 5.000 anos a actividade humana, como indican os restos dos arredores do Forte de Bahrain.

A civilización Dilmun construíu a súa capital nesta zona e enterrou aos seus mortos máis ao sur nas tumbas de A'ali. Os insulares sufriron unha serie de invasións que chegaron por mar, comezaron os asirios, na época antes de Cristo e remataron cos árabes. Estas civilizacións estiveron moitos séculos na illa e o nome desta cambiou segundo chegaban os novos invasores.

Dende o principio Manama foi clave no desenvolvemento comercial da illa. Manama e os seus habitantes, descubriron por primeira vez o islam durante o século VII e no século IX comezaron a inclinarse cara a el pero cunha posición conservadora case socialista o que causou unha fricción considerable co contorno continental musulmán.

Manama aparece citada nas crónicas islámicas desde 1345. Foi conquistada polos portugueses en 1521 e posteriormente polos persas en 1602.[6] Durante o período colonial construíuse o Forte Bahrain. Foi dominada, salvo breves interrucións, pola dinastía reinante, Al Khalifah, desde 1783.

Antes da segunda guerra mundial, máis concretamente en 1931, descubriuse petróleo na illa a uns 30 quilómetros ao sur de Manama polo que comezou a florecer rapidamente. Despois da segunda guerra mundial, Bahrain avanzou lentamente cara á independencia e, finalmente, en 1971 retiráronse os británicos deixando a Manama aos seus propios asuntos. Este foi o comezo dun período no que a cidade creceu e floreceu, principalmente grazas a unha considerable riqueza acumulada grazas á produción de petróleo e á súa transformación.

Manama foi declarada porto franco en 1958, e desde 1971 tornouse a capital do estado independente de Bahrain.[7]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Manama está situada sobre o Golfo Pérsico, na parte nordeste da illa de Bahrain. Non lonxe da capital atópase a cidade de Sitrah ao sueste, e a de Jidd Haffs ao oeste.


Porto de Manama, circa 1870.

Porto de Manama, circa 1870.


Unha vista panorámica do horizonte de Manama de esquerda a dereita: 1. As torres xemelgas da Bahrain WTC. 2. As torres xemelgas da Bahrain Financial Harbor (BFH). 3. A torre NBB (edificio baixo xunto ao BFH). 4. A Torre Almoayyed (a máis alta da foto, centro da imaxe). 5. O prexecto residencial Abraj Al Lulu (tres torres) en construción no extremo dereito).

Unha vista panorámica do horizonte de Manama de esquerda a dereita: 1. As torres xemelgas da Bahrain WTC.
2. As torres xemelgas da Bahrain Financial Harbor (BFH).
3. A torre NBB (edificio baixo xunto ao BFH).
4. A Torre Almoayyed (a máis alta da foto, centro da imaxe).
5. O prexecto residencial Abraj Al Lulu (tres torres) en construción no extremo dereito).


Como o resto do país, Manama sofre condicións climáticas extremas, con temperaturas estivais que poden superar os 48 °C, e invernais de arredor de 15 °C, período no que mesmo xea, máis en ocasións raras. As temperaturas medias de inverno son 17 °C, e vo verán de 45 °C. A época máis agradable corresponde ao outono, cando o sol está máis baixo, e suaves brisas temperan as temperaturas.

Datos climáticos para Manama (Bahrain International Airport) 1961–1990, extremas 1902–presente
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 29,7 34,7 38,1 41,3 46,7 47,3 47,5 45,6 45,5 42,8 37,2 30,6 47,5
Media máxima en °C 20,0 21,2 24,7 29,2 34,1 36,4 37,9 38,0 36,5 33,1 27,8 22,3 30,1
Media diaria en °C 17,2 18,0 21,2 25,3 30,0 32,6 34,1 34,2 32,5 29,3 24,5 19,3 26,5
Media mínima en °C 14,1 14,9 17,8 21,5 26,0 28,8 30,4 30,5 28,6 25,5 21,2 16,2 23,0
Temperatura mínima en °C 2,7 7,9 10,9 10,8 18,7 18,4 25,3 21,8 18,9 18,8 11,7 6,4 2,7
Precipitación media mm 14,6 16,0 13,9 10,0 1,1 0 0 0 0 0,5 3,8 10,9 70,8
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) 2,0 1,9 1,9 1,4 0,2 0 0 0 0 0,1 0,7 1,7 9,9
Media de horas de sol mensuais 226,3 221,2 238,7 255,0 306,9 339,0 331,7 331,7 312,0 303,8 261,0 226,3 3 353,6
Fonte #1: NOAA,[8] Meteo Climat (récord máximos e mínimos)[9]
Fonte #2: Ministry of Transportation (Bahrain) [10]


Economía

[editar | editar a fonte]

A economía de Manama é a mesma do resto de Bahrain - petróleo, refinado de petróleo, fabricación de dhows -os veleiros típicos dos mares índicos -, pesca e máis produción de perlas. Na illa Al-Muharraq está localizado o Aeroporto Internacional de Bahrain, que serve a Manama. Manama é tamén a sede da Universidade de Bahrain, fundada en 1986.

Sitios de interese

[editar | editar a fonte]

Na periferia de Manama está situado o Circuíto Internacional de Bahrain, circuíto automobilístico no cal, desde 2004, se desenvolve o Gran Premio de Bahrain de Fórmula 1.

  1. "Manama". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1292. 
  2. Ben Hamouche 2008, p. 185.
  3. Ben Hamouche 2008, p. 186.
  4. "Manama Capital of Arab Culture 2012". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2012. Consultado o 07 de febreiro de 2012. 
  5. "Ministry of Culture: Manama as the Bahraini Capital of Arab Culture". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2014. Consultado o 9 de outubro de 2014. 
  6. Encyclopædia Britannica - Manama (consultado o 25 de novembro de 2006)
  7. "Encyclopaedia of the Orient - Manama (Consultado 25 de novembro de 2006)". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2019. Consultado o 10 de outubro de 2019. 
  8. "Bahrain International Airport Climate Normals 1961–1990". National Oceanic and Atmospheric Administration. Consultado o 5 de abril de 2016. 
  9. "Station Bahrain" (en French). Meteo Climat. Consultado o 14 de outubro de 2016. 
  10. "World Weather Information Service – Bahrain/Manama". World Meteorological Organization. Consultado o 18 de setembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]