Saltar ao contido

Malta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMalta
Imaxe

HimnoL-Innu Malti Editar o valor en Wikidata

Epónimomel Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 35°54′N 14°30′L / 35.9, 14.5
CapitalA Valeta Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación553.214 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.750,68 hab./km²)
Lingua oficialLingua maltesa
lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Relixióncristianismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie316 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoTa' Dmejrek (pt) Traducir (253 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoMar Mediterráneo (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación21 de setembro de 1964 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernodemocracia parlamentaria Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataMyriam Spiteri Debono (pt) Traducir (2024–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of Malta (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataRobert Abela (pt) Traducir (2020–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento de Malta (pt) Traducir , (Escano: 79) Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialConstitutional Court of Malta (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal17.743.376.199 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedaeuro Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.mt Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+356 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 191 (pt) Traducir, 199 (pt) Traducir, 196 (en) Traducir e 116117 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Código de paísMT Editar o valor en Wikidata
Código NUTSMT Editar o valor en Wikidata

Sitio webgov.mt Editar o valor en Wikidata
Twitter: MaltaGov BNE: XX451015 Editar o valor en Wikidata

Malta (Gl-Malta.ogg pronunciación ) (en maltésMalta[ˈmɐl.tɐ] (AFI); en inglésMalta[ˈmɔːl.tə] (AFI)En-us-Malta.ogg escoitar), oficialmente República de Malta (Gl-República de Malta.ogg pronunciación ) (en maltésRepubblika ta' Malta[rɛˈpʊbb.lɪ.kɐ ˈtɐ ˈmɐl.tɐ] (AFI); en inglés: Republic of Malta) é un pequeno país europeo, que consta dun arquipélago de tres illas moi próximas unhas das outras. Atópase 80 km ao sur de Sicilia (Italia), 284 km ao leste de Tunisia, e 333 km ao norte de Libia.[1] As linguas oficiais son o maltés e inglés, e o 66% da poboación actual de Malta polo menos conversa en lingua italiana. A súa capital é A Valeta.

Malta está habitada desde aproximadamente o 5900 a.C.[2] A súa localización no centro do Mediterráneo[3] deulle historicamente unha grande importancia estratéxica como base naval, cunha sucesión de potencias que disputaron e gobernaron as illas, incluíndo os fenicios e Cartaxineses, romanos, gregos, árabes, normandos, aragoneses, Cabaleiros de San Xoán, franceses e británicos, entre outros.[4]

Cunha poboación duns 516.000[5] nunha área de 316 km²,[6] Malta é o décimo país máis pequeno do mundo en superficie[7][8] e cuarto país soberano máis densamente poboado. A súa capital é a Valletta, que é a capital nacional máis pequena da Unión Europea por superficie e poboación. Segundo os datos de Eurostat de 2020, a Área Urbana Funcional e a rexión metropolitana cubrían toda a illa e conta cunha poboación de 480.134 habitantes,[9][10] e segundo a Nacións Unidas, ESPON e a Comisión da UE, "todo o territorio de Malta constitúe unha única rexión urbana". Cada vez máis se refire a Malta como cidade-estado, e tamén figuran nas clasificacións relativos ás cidades[11] ou áreas metropolitanas. Malta é un dos dous países insulares do Mediterráneo, xunto con Chipre.

Malta converteuse nunha colonia británica en 1813, servindo como estación de paso para os barcos e como cuartel xeral da Frota Mediterránea británica. Foi o asediado polas potencias do Eixe durante a segunda guerra mundial e foi unha importante base aliada para as operacións no norte de África e no Mediterráneo.[12][13] O parlamento británico aprobou a Lei de Independencia de Malta en 1964, que outorgou a Malta a independencia do Reino Unido como Estado de Malta, con Isabel II do Reino Unido como a súa raíña. O país converteuse nunha república en 1974. Foi un estado membro da Comunidade de Nacións e as Nacións Unidas desde a independencia, e uniuse á Unión Europea en 2004, pasou a formar parte da unión monetaria da zona euro en 2008.

Artigo principal: Historia de Malta.

Prehistoria e Antigüidade

[editar | editar a fonte]
Templo Megalítico de Ġgantija, na illa de Gozo. Construído no Neolítico é Patrimonio da Humanidade.

Consérvanse restos megalíticos que datan de máis de 5000 anos. O seu nome antigo foi Melita (Μελίτη) derivado de mel. Os primeiros poboadores de Malta foron agricultores da Idade de Pedra que chegaron ao arquipélago no 5200 a.C., probablemente Sicanos da veciña Sicilia, xa que ata a data eles son os únicos habitantes coñecidos da illa entón.[14][15] Durante 3500 anos esta vila construíu algunhas das estruturas autónomas máis antigas, entre as que destacan as relixiosas, en Ġgantija na illa de Gozo.[16] Tamén en Hagar Qim e Mnadjra hai outros templos megalíticos coas mesmas características.[17]

No 1000 a.C., os comerciantes fenicios ocuparon as illas e utilizáronas como base para as súas exploracións no Mediterráneo occidental camiño de Cornualla.[18] Ao redor do 700 a.C., os gregos chegaron ás illas e establecéronse preto d´A Valeta.[19]

As illas pasaron máis tarde baixo o control de Cartago (no 400 a.C.). Na primeira guerra púnica estaba nas mans dos cartaxineses e foi atacada pola frota romana dirixida por Atilio Régulo, no 257 a.C., pero non foi ocupada. Na segunda guerra púnica a guarnición cartaxinesa era comandada por Amilcar, fillo de Gisgó, que se rendeu ante a frota de Tiberio Sempronio Longo e desde entón pertenceu a Roma 218 a.C e foi incorporada dentro da provincia de Sicilia. Durante este período Malta foi considerada un municipium e un foederata civitas. Aínda se conservan moitos vestixios da presenza romana, que dan fe da estreita relación entre os dous pobos. No ano 60 d.C., as illas foron visitadas por Paulo de Tarso, quen se di que naufragou nas costas do que hoxe se coñece como Baía de Sab Paulo.[20] Malta na época do Imperio Romano formaba parte administrativamente de Sicilia.

Siciliano medieval

[editar | editar a fonte]

Despois dun breve dominio Bizantino en 533 e dun probable saqueo polos Vándalos, Malta foi conquistada en 870 polo árabes, o que cambiou case por completo a poboación romanizada da illa. A influencia árabe agora pódese recoñecer na lingua maltesa moderna, que orixinariamente derivaba en parte do árabe vernáculo moi romanizado (aínda que algúns lingüistas cren que ten orixes fenicias). En 1090, despois da invasión normanda de Malta os árabes foron substituídos polos normandos e a illa atopouse baixo o dominio cristián e de novo ligada á próxima Sicilia. Moitos colonos sicilianos mudáronse para Malta. Foi entón cando se creou a nobreza maltesa, toda de orixe italiana, que segue vixente; actualmente conta con trinta e dous títulos, sendo o máis antigo o dos "Baróns de Djar il Bniet e Buqana".

Período aragonés e traslado aos Cabaleiros Hospitalarios

[editar | editar a fonte]

A partir de 1282 Malta pasou á Coroa de Aragón xunto con Sicilia, coa que tivo vínculos moi estreitos, logo de ser conquistada polos almogávares de Roger de Lauria. Continuou baixo o control da Coroa de Aragón durante dous séculos e medio. En 1530, o rei Carlos I de España deixou as illas en arrendamento permanente aos Cabaleiros Hospitalarios, entón coñecidos como a Orde de San Xoán de Xerusalén, xa que Suleiman o Magnífico os expulsara de Rodas en 1522. Establecíase a entrega dun falcón como pago da renda anual. Os Cabaleiros Hospitalarios (hoxe coñecidos como Orde de Malta) grazas á intervención do Papa Clemente VII, ademais de Malta conseguiron Trípoli a condición de permanecer neutrais nos conflitos entre nacións Cristiáns. Os Cabaleiros Hospitalarios declararon o italiano a lingua oficial de Malta, favorecendo a inmigración á illa de colonias de sicilianos e napolitanos para fortalecer o carácter cristián de Malta.

O asedio de Malta e a batalla de Lepanto

[editar | editar a fonte]
O Asedio de Malta de 1565

O Asedio de Malta comezou o 18 de maio de 1565. Os Cabaleiros da Orde de Malta, baixo o mando do Gran Mestre Jean Parisot de la Valette, enfrontáronse a máis de 160 galeras e 30.000 soldados otománs. Como os musulmáns gobernaban entón o Norte de África, a caída de Malta permitiría o acceso turco ao control estratéxico do Mediterráneo occidental, ademais de protexer os seus barcos mercantes. A Orde conseguiu defender a illa en gran parte grazas á axuda do exército español.

Ao fracaso turco sumouse, seis anos despois, a derrota na Batalla de Lepanto contra a Liga Santa, formada por España, Venecia, Xénova e a Santa Sé, o que supuxo a neutralización do seu proxecto de expansión mediterránea. Para protexer a illa de futuros desembarcos, construíuse unha cidade fortificada na península do monte Sceberras, chamada A Valeta, en honor do Gran Mestre Jean Parisot de La Valette.

Napoleón e a ocupación francesa

[editar | editar a fonte]

O goberno dos Cabaleiros Hospitalarios rematou despois da Conquista francesa de Malta dirixida por Napoleón Bonaparte en 1798[21] camiño de Exipto. Para ocupar o arquipélago, o entón xeneral francés pediu permiso para atracar no seu porto e, unha vez alí, os cabaleiros rendéronse e apoderouse da cidade. Aboliu todos os dereitos feudais, reformou os mosteiros e garantiu os mesmos dereitos a cristiáns, xudeus e musulmáns. Tamén saqueou as súas arcas, ante a pasividade dos cabaleiros hospitalarios que prometeran non tomar as armas contra ningún príncipe cristián.

A ocupación francesa foi impopular,[22] polo que os malteses subleváronse e os franceses víronse obrigados a refuxiarse nas fortificacións. Gran Bretaña e o Reino das Dúas Sicilias enviaron munición e axuda. Os británicos tamén enviaron a súa frota, baixo o mando do almirante Nelson, quen levou a cabo o bloqueo das illas. Forzas francesas illadas rendéronse en 1800, e os británicos tomaron o control do arquipélago, converténdoo no seu protectorado.

Dominio británico e segunda guerra mundial

[editar | editar a fonte]
Durante o Asedio de Malta 1940, na segunda guerra mundial, a illa resultou moi danada.

En 1814, como parte do Tratado de París, Malta pasou oficialmente a formar parte do Imperio Británico. Debido á súa proximidade á Canle de Suez usouse como porto de escala para a India e foi o cuartel xeral da frota ata mediados da década de 1930.

No século XIX, Malta foi escenario dun proceso de "anglicanización" por parte das autoridades británicas, na que destacou por contraste o intento político de unir Malta co Reino de Italia. (favorecido especialmente nas décadas de Mussolini) e sucesivamente o desenvolvemento do movemento independentista maltés do século XX. O evento culminante foi a abolición do italiano como lingua oficial en 1936, moi contestada por moitos cidadáns malteses que se consideraban irredentistas (como Carmelo Borg Pisani).

Malta tivo un papel importante durante a segunda guerra mundial debido á súa proximidade ás liñas de navegación do Eixe, polo que estivo de novo asediada. A coraxe do seu pobo motivou a Xurxo VI a conceder a Malta, o 15 de abril de 1942, a George Cross.[23] que se pode ver hoxe na bandeira do país.

Independencia

[editar | editar a fonte]
Arquitectura típica construída nos últimos anos en Malta

Aínda que Malta se independizou o 21 de setembro de 1964, os británicos permaneceron no seu territorio e mantiveron o control total dos portos, aeroportos, oficinas de correos e estacións de radio e televisión. Segundo a Constitución de 1964, a raíña Isabel II do Reino Unido seguía sendo a soberana de Malta, e un gobernador xeral exercía a autoridade executiva no seu nome. O 13 de decembro de 1974, con todo, Malta converteuse nunha república dentro da Commonwealth of Nations (Commonwealth), co Presidente como xefe de estado.

O 31 de marzo de 1979 fíxose efectiva a saída dos británicos, xa que o seu goberno negouse a pagar a taxa que lle esixía o goberno de Malta para permitir a súa estadía.Modelo:Citación requirida. Entón Malta atopouse sen bases militares estranxeiras por primeira vez na súa historia. Este evento celébrase como o Día da Liberdade.

Malta uniuse á Unión Europea o 1 de maio de 2004 e accedeu á zona euro o 1 de xaneiro de 2008.[24]

Política

[editar | editar a fonte]

O Estado de Malta é unha república cun presidente honorífico, recaendo o goberno no gabinete ministerial encabezado polo primeiro ministro. O Presidente da República nomea como Primeiro Ministro o cabeza do partido que gañe as eleccións, por un período de cinco anos. Os membros do goberno son nomeados polo Presidente da República, baixo proposta do Primeiro Ministro, de entre os membros do órgano lexislativo.

A República de Malta ten un poder lexislativo unicameral (Kamra tar-Rappreżentanti/House of Representatives) segundo a constitución de 1974. A Cámara de Representantes ten entre 65 e 69 membros, elixidos cada 5 anos baixo un sistema de representación proporcional. Esta cámara escolle o Presidente da República para un período de 5 anos.

Subdivisións

[editar | editar a fonte]
Mapa de Malta

Dende 1993, Malta foi dividida en 68 municipios ou localidades. Estas van dende as máis sinxelas formas ata o goberno local. Non hai niveis intermedios entre o goberno local e o goberno nacional. A seguinte lista amosa os municipios das dúas principais illas:

Illa de Malta Illa de Gozo

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Principais cidades de Malta.

O arquipélago Maltés sitúase no centro do Mediterráneo, a uns 90 km das costas do sur de Sicilia. Compóñeno as illas de Malta, Gozo e Comino, sendo a maior de todas a illa de Malta.

A súa extensión é de 316 km² e ten unha poboación de 382.525 habitantes (ano 2000) dos cales 352.835 residían na illa de Malta, o que dá unha alta densidade de poboación (1210 hab./km²) para un país tan pequeno.

Malta non ten grandes montañas nin ríos, a illa é unha serie de campos e socalcos en pequenos outeiro. Os cantís, baías, calas son propias das illas, sobre todo de Malta. Así mesmo, existen gran cantidade de praias de area fina, sobre todo na illa de Gozo.

A principal cidade pola súa poboación e a súa importancia cultural e política é a capital do Estado, A Valeta (100.700 hab. na aglomeración urbana), séguelle Rabat (13000 hab).

Economía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía de Malta.

Días festivos

[editar | editar a fonte]
Días festivos en Malta
Día Festividade
1 de xaneiro Aninovo
10 de febreiro Santo Paul Shipwreck
19 de marzo San Xosé
31 de marzo Día da Liberdade
marzo/abril (data variable) Venres Santo
1 de maio Día do traballo
7 de xuño Sette Giugno
29 de xuño Festividade de San Pedro e San Paulo
15 de agosto Día da Asunción de Santa María
8 de setembro Día da Victoria
21 de setembro Día da Independencia
8 de decembro Inmaculada Concepción
13 de decembro Día da República
25 de decembro Nadal
  1. Bonanno, Anthony, ed. (2008). Malta and Sicily: Miscellaneous research projects (PDF). Palermo: Officina di Studi Medievali. ISBN 978-8888615837. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de maio de 2012. Consultado o 23 de febreiro de 2017. 
  2. "First inhabitants arrived 700 years earlier than thought". Times of Malta. Consultado o 25 de marzo de 2020. 
  3. Boissevain, Jeremy (1984). "Ritual Escalation in Malta". En Eric R. Wolf. Religion, Power and Protest in Local Communities: The Northern Shore of the Mediterranean. Religion and Society (Walter de Gruyter). p. 165. ISBN 9783110097771. ISSN 1437-5370. 
  4. Rudolf, Uwe Jens; Berg, Warren G. (2010). Historical Dictionary of Malta. Scarecrow Press. pp. 1–11. ISBN 9780810873902. 
  5. "Census of Population and Housing 2021" (PDF). nso.gov.mt. xullo 2022. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de agosto de 2022. Consultado o 2 de agosto de 2022. 
  6. Zammit, Andre (1986). "Valletta and the system of human settlements in the Maltese Islands". Ekistics 53 (316/317): 89–95. JSTOR 43620704. 
  7. Sultana, Ronald G. (1998). "Career guidance in Malta: A Mediterranean microstate in transition" (PDF). International Journal for the Advancement of Counselling 20: 3. doi:10.1023/A:1005386004103. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2 de febreiro de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2017. 
  8. "The Microstate Environmental World Cup: Malta vs. San Marino". Environmentalgraffiti.com. 15 de decembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2013. Consultado o 31 de marzo de 2009. 
  9. "Population on 1 January by age groups and sex – functional urban areas". Eurostat. 2020. Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  10. "Population on 1 January by broad age group, sex and metropolitan regions 2020". Eurostat. 2020. Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  11. "The Global Financial Centres" Arquivado 27 de febreiro de 2017 en Wayback Machine. – Qatar Financial Centre, 2015.
  12. "GEORGE CROSS AWARD COMMEMORATION". VisitMalta.com. 14 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal o 3 de abril de 2015. Consultado o 20 de abril de 2015. 
  13. "Should the George Cross still be on Malta's flag?". Times of Malta. 29 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2015. Consultado o 20 de abril de 2015. 
  14. "Gozo". IslandofGozo.org 07.10.2007 (en inglés). 2007. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2008. Consultado o 21 de novembro de 2008. 
  15. "Breve historia de Malta". LocalHistories.org 07.10.2007 (en inglés). 2007. Consultado o 21 de novembro de 2008. 
  16. Old Temples Study Foundation (OTSF)
  17. Sheehan, Sean. Malta. Marshall Cavendish. ISBN 0761409939. 
  18. Owen, Charles. The Maltese Islands. Praeger. 
  19. "Fechas clave en la historia de Malta". Departamento de información del Gobierno de Malta 06.02.2008. 2008. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2009. Consultado o 21 de novembro de 2008. 
  20. "Malta: la isla de los bienaventurados". Deutsche Welle 03.05.2004. 2004. Consultado o 4 de maio de 2008. 
  21. "La Orden de Malta en el Siglo XXI". BBC 09.10.2007. 2008. Consultado o 4 de maio de 2008. 
  22. Sciberras, Sandro. "Maltese History – F. The French Occupation" (PDF). St Benedict College. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 3 de maio de 2015. Consultado o 23 de novembro de 2014. 
  23. "RUC awarded George Cross". BBC News. 23 de novembro de 1999. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2012. Consultado o 21 de xuño de 2011. 
  24. "Cyprus and Malta set to join eurozone in 2008 (En inglés francés y alemán)". 16 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2009. Consultado o 22 de novembro de 2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Goberno
Información xeral