John Hughes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de febreiro de 1950 Lansing, Estados Unidos de América |
Morte | 6 de agosto de 2009 (59 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Lake Forest Cemetery (en) 42°16′03″N 87°49′51″O / 42.267364, -87.830856 Illinois |
Residencia | Lake Forest (pt) |
Educación | Universidade de Arizona Universidade do Estado do Arizona (pt) Glenbrook North High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Guión cinematográfico, dirección de cine, Produción de cinema e actuación cinematográfica |
Ocupación | guionista, escritor, guionista de cinema, director de cinema, produtor de cinema, actor de cinema |
Período de actividade | 1970 - 2009 |
Membro de | |
|
John Wilden Hughes, Jr.,[1] nado en Lansing (Míchigan) o 18 de febreiro de 1950 e finado en Nova York o 6 de agosto de 2009, foi un director, produtor e guionista cinematográfico estadounidense. Dirixiu, escribiu e produciu varios dos filmes de máis éxito das décadas de 1980 e 1990.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hughes naceu en Lansing, Míchigan, dunha nai que se dedicaba á caridade como voluntaria e de John Hughes, Sr., que traballaba en vendas.[2] Pasou os primeiros anos da súa vida en Grosse Pointe, Míchigan.[3] Hughes describiuse a si mesmo como un neno «bastante tranquilo».[4]
En 1963, a familia de Hughes mudouse a Northbrook, Illinois, suburbio de Chicago. Alí, o seu pai atopou traballo vendendo materiais para tellados.[5] Hughes estudou en Grove Middle School, e posteriormente en Glenbrook North High School, que lle serviu de inspiración para os filmes que lle deron son.[6] Coñeceu a Nancy Ludwig, animadora e a súa futura esposa, no instituto.[7] De adolescente, Hughes tiña o cinema como medio de escape.
Hughes traballou en Virginia Slims, o que facía que viaxase frecuentemente á sede de Philip Morris. Iso permitíalle visitar as oficinas da revista National Lampoon.[5] Pouco despois, converteuse en colaborador habitual.
O seu primeiro guión acreditado, National Lampoon's Class Reunion, escribiuno mentres aínda traballaba na revista. O filme foi o segundo intento desastroso de duplicar o éxito de National Lampoon's Animal House. Porén, o seguinte guión de Hughes, National Lampoon's Vacation, foi un grande éxito en 1983. Iso, xunto con outro guión de éxito do mesmo ano, Mr. Mom, valeulle para lograr un contrato de tres filmes con Universal Pictures.[8] O seu debut no cinema, Sixteen Candles, foi un éxito de crítica en 1984.
Hughes foi coñecido como o "rei dos filmes de adolescentes", así como por axudar a lanzar as carreiras de actores como Michael Keaton, Molly Ringwald, Anthony Michael Hall, Bill Paxton, Matthew Broderick, Macaulay Culkin e John Candy. Moitos deles formaron parte do chamado Brat Pack.
O 5 de agosto de 2009, Hughes e a súa esposa viaxaron a Nova York para visitar o seu fillo James e o seu novo neto. James dixo que o seu pai aparentaba ter boa saúde esa noite e que a familia fixera plans para o día seguinte. Na mañá do día 6, Hughes estaba a pasear preto do seu hotel en West 55th Street en Manhattan cando sufriu un ataque cardíaco.[5] Foi levado ao Roosevelt Hospital, onde se certificou a súa morte aos 59 anos.[9] O funeral de Hughes tivo lugar o 11 de agosto en Chicago; foi enterrado en Lake Forest Cemetery.[10]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Director | Produtor (Executivo) |
Guionista | Outros | Notas |
---|---|---|---|---|---|---|
1982 | National Lampoon's Class Reunion | Si | Si | Si | Actor: 'Rapaza' cunha bolsa de papel na cabeza (sen acreditar) | |
1983 | Mr. Mom | Si | ||||
National Lampoon's Vacation | Si | Si | Tamén letrista por "Walley World National Anthem" | |||
Nate and Hayes | Si | |||||
1984 | Sixteen Candles | Si | Si | |||
1985 | The Breakfast Club | Si | Si | Si | Si | Actor: Pai de Brian (sen acreditar) |
European Vacation | Si | |||||
Weird Science | Si | Si | ||||
1986 | Pretty in Pink | Si | Si | |||
Ferris Bueller's Day Off | Si | Si | Si | Si | Actor: Home correndo entre taxis (sen acreditar) | |
1987 | Some Kind of Wonderful | Si | Si | |||
Planes, Trains and Automobiles | Si | Si | Si | Si | Tamén letrista por "I Can Take Anything" | |
1988 | She's Having a Baby | Si | Si | Si | ||
The Great Outdoors | Si | Si | ||||
1989 | Uncle Buck | Si | Si | Si | ||
Christmas Vacation | Si | Si | ||||
1990 | Home Alone | Si | Si | |||
1991 | Career Opportunities | Si | Si | |||
Only the Lonely | Si | |||||
Dutch | Si | |||||
A pequena pillabana | Si | Si | Si | |||
1992 | Beethoven | Si | ||||
Home Alone 2: Lost in New York | Si | Si | ||||
1993 | Dennis the Menace | Si | Si | |||
Beethoven's 2nd | Si | Baseado en personaxes creados por Edmond Dantés | ||||
1994 | Baby's Day Out | Si | Si | |||
Miracle on 34th Street | Si | Si | ||||
1995 | Mallrats | Si | Agradecemento | |||
1996 | 101 Dalmatians | Si | Si | |||
1997 | Flubber | Si | Si | |||
Home Alone 3 | Si | Si | ||||
1998 | Reach the Rock | Si | Si | |||
2000 | Beethoven's 3rd | Si | Baseado en personaxes creados por Edmond Dantés | |||
2001 | Just Visiting | Si | ||||
New Port South | Si | |||||
2002 | Maid in Manhattan | Si | ||||
Home Alone 4: Taking Back the House | Si | Based on characters created by Hughes | ||||
2008 | Drillbit Taylor | Si |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Goodman, Dean (6 de agosto de 2009). ""Brat Pack" Director John Hughes Dies of Heart Attack". Reuters. Consultado o 15 de outubro de 2010.
- ↑ Datos sobre John Hughes Consultado o 20 de maio de 2014
- ↑ Vanity Fair John Hughes Consultado o 20 de maio de 2014
- ↑ John Hughes Consultado o 20 de maio de 2014
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Kamp, David (marzo de 2010). "Sweet Bard of Youth". Vanity Fair (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2010.
- ↑ Michael Joseph Gross (9 de maio de 2004). "When the Losers Ruled in Teenage Movies". The New York Times. p. 4. Consultado o 21 de xullo de 2010.
- ↑ "A Diamond and a Kiss: The Women of John Hughes | Hazlitt". Hazlitt. 2016-07-05. Consultado o 2018-06-17.
- ↑ Brady, Celia (agosto de 1990). "Big Baby". Spy: 66–77. Consultado o 3 de setembro de 2012.
- ↑ "Tracking down the place where we lost John Hughes". movieline.com. 13 de agosto de 2009. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2011. Consultado o 6 de agosto de 2009.
- ↑ Kori Rumore (7 de setembro de 2017). "Buried in Chicago: Where the famous rest in peace". Chicago Tribune.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Roberts, Soraya. "A Diamond and a Kiss: The Women of John Hughes". Hazlift.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- John Hughes collected coverage from The Guardian
- Times Topic: John Hughes collected coverage from The New York Times
- Guest Book for John Hughes from Legacy.com
- Part 1 Arquivado 21 de abril de 2017 en Wayback Machine. Part 2 Arquivado 28 de xuño de 2011 en Wayback Machine. 1985 interview podcast from the American Film Institute
- Vanity Fair Interview