Saltar ao contido

Jenna Haze

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJenna Haze

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1982 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Fullerton, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura160 cm Editar o valor en Wikidata
Peso42 kg Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz porno, produtora, director de cinema pornográfico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor en Wikidata - 2015 Editar o valor en Wikidata
Participou en
2010Meow! (en) Traducir
2006Jenna Haze Dark Side (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteBabepedia >>>:Jenna Haze Editar o valor en Wikidata
Sitio webjennahaze.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1040252 Allocine: 238662 Allmovie: p543819 TV.com: people/jenna-haze
Facebook: therealjennahaze Twitter: jennahaze Instagram: jennahaze Tumblr: jennarationx MySpace: jennahaze Youtube: UC1YUuFoXvUZfBlvaoPAPqfA TikTok: therealjennahaze Discogs: 3736362 Editar o valor en Wikidata

Jennifer Currais, coñecida como Jenna Haze, nada o 22 de febreiro de 1982 en Fullerton (California), é unha actriz porno estadounidense.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Jenna Haze criouse en La Habra (California), aínda que tamén pasou algún tempo en Lancaster, no mesmo estado, e en Inver Grove Heights (Minnesota). É a máis pequena de catro irmáns e provén dunha familia monoparental. Perdeu a virxindade aos 14 anos[1]. Aos 15 anos deixou o colexio e comezou a traballar nun restaurante de comida rápida. Tivo diversos traballos non moi ben pagos. Ao cumprir 18 anos, comezou a traballar como stripper, mais deixouno ese mesmo día xa que non lle gustou en absoluto e menos o feito de ter que sentar enriba de homes que non lle atraían. Jenna xa era unha gran fan do cine porno antes de dedicarse a iso. Uns amigos preguntáronlle no ano 2000 que nome se poñería se fose actriz porno e ela respondeu Jenna Haze, en honor ao seu noivo daquel entón (que se apelidaba Hayes -en inglés Hayes pronúnciase igual que Haze-) e á canción de Jimi Hendrix Purple Haze.

Carreira como actriz porno

[editar | editar a fonte]

Jenna Haze e o seu noivo daquel entón planearan rodar varias escenas para a saga de películas porno Shane's World, pero el, no último momento, cambiou de opinión. Aos 19 anos e logo de terminar a relación co seu noivo, Jenna Haze introduciuse no mundo do porno da man do seu entón representante, chamado Dez, que coñeceu no seu club nocturno favorito en Anaheim (California). O 19 de xullo de 2001, exactamente dous días despois de coñecerse, rodou as súas primeiras escenas para as películas Oral Adventures of Craven Moorehead 8 e Service Animals 4.

Do mesmo xeito que outras novas actrices porno tales como Gauge, Aurora Snow ou Taylor Rain, Jenna Haze destacou polas súas tórridas interpretacións en escenas de sexo anal, dobre penetración e ata tragando seme. Asinou un contrato exclusivo con Jill Kelly Productions en abril de 2002 e decidiu actuar só en escenas lésbicas xa que comezara unha relación cun cámara que tamén traballaba na industria do porno do que estaba namorada, o cal non lle facía sentirse cómoda traballando con outros mozos. En abril de 2005, o seu contrato con Jill Kelly Productions finalizou e varios meses máis tarde anunciou que estaba moi feliz de terminar co seu compromiso exclusivo con Jill Kelly Productions e de poder traballar libremente para quen quixese de novo. Jenna volveu ás súas raíces e continuou rodando tórridas escenas heterosexuais, debutando no seu regreso á pornografía dura, en escenas que superan ás das súas orixes, na película Jenna Haze DarkSide, dirixida polo director Jules Jordan, o seu actual noivo, e que inclúe a súa primeira escena interracial.

Jenna Haze participou no programa Pornucopia da cadea de televisión estadounidense HBO, documental de seis capítulos sobre a industria do porno en Estados Unidos.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2006. Consultado o 02 de novembro de 2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]