Jackie Brenston
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de agosto de 1930 Clarksdale, Estados Unidos de América (en) |
Morte | 15 de decembro de 1979 (49 anos) Memphis, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Heavenly Rest Memorial Park (en) valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | compositor de cancións, saxofonista, cantante |
Período de actividade | 1950 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Rhythm and blues |
Instrumento | Saxofón e voz |
Selo discográfico | Chess Records |
Familia | |
Parentes | Ike Turner, curmán |
Cronoloxía | |
1 de xuño de 2008-2 de xuño de 2008 | Incêndio na Universal Studios (pt) |
Jackie Brenston, nado en Clarksdale (Mississippi) o 15 de agosto de 1930 e finado en Memphis (Tennessee) o 15 de decembro de 1979, foi un vocalista de R&B e saxofonista afroamericano que gravou, xunto á banda de Ike Turner, a primeira versión do tema proto-rock and roll "Rocket 88".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Brenston regresou á súa vila natal tras o servizo militar en 1947 e aprendeu a tocar o saxofón tenor, uníndose a Ike Turner en 1950 como saxofonista e vocalista ocasional da súa banda. O éxito local dos Turner’s Kings of Rhythm fixo que B. B. King os recomendase a Sam Phillips, dono duns estudios en Memphis, Tennessee, onde a banda realizou varias gravacións a comezos de marzo de 1951, incluída "Rocket 88", na cal Brenston fai a voz principal e na que aparece acreditado como compositor.
Phillips pasoulle as gravacións ao selo Chess Records de Chicago, que editou "Rocket 88" baixo o nome de "Jackie Brenston and his Delta Cats", en vez de co nome de Turner. A gravación acadaría en pouco tempo o número 1 na lista de R&B da Billboard e estivo nesa posición ao redor dun mes. Phillips posteriormente afirmou que esta fóra a primeira gravación de rock and roll, e isto foi comunmente repetido por outros a pesar de que existen outros candidatos. Phillips usou o éxito da canción para crear Sun Records o ano seguinte.
Despois dunha sesión de gravación máis, Brenston e Turner separáronse, e Brenston pasou a tocar na banda de Lowell Fulson, onde estivo dous anos. Volvería a tocar co grupo de Turner de 1955 a 1962. Aínda que ocasionalmente cantou nela, Turner aparentemente prohibíulle cantar "Rocket 88".
Volveuse alcohólico e continuou tocando en bandas locais. Despois dunha última sesión gravación con Earl Hooker en 1963, traballou ocasionalmente como camioneiro antes de padecer un fatal ataque ao corazón en 1979, que o matou en Memphis cando tiña 49 anos.