Indonesian Aerospace
Indonesian Aerospace | |
---|---|
Tipo | empresa pública |
Fundación | 23 de agosto de 1976 |
Localización | Bandung, Indonesia |
Industria | aeroespacial e defensa |
Número de empregados | 4 300 (2011) |
Na rede | |
http://www.indonesian-aerospace.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Indonesian Aerospace (IAe), ou o nome oficial indonesio PT Dirgantara Indonesia (Persero), é unha compañía aeroespacial indonesia implicada no deseño de aeronaves e no desenvolvemento e fabricación de avións rexionais civís e militares. A compañía era anteriormente coñecida como Industri Pesawat Terbang Nusantara (IPTN).[1] Expandiuse dende unha instalación industrial e de investigación baixo o auspicio da Forza Aérea de Indonesia, chamada Lembaga Industri Penerbangan Nurtanio (LIPNUR).
Creada no ano 1976 como unha empresa pública, desenvolveu a súa capacidade como fabricante de aeronaves e diversificouse cara a outras áreas, como telecomunicacións, automoción, marítima, tecnoloxía da información, gas e petróleo, control e automatización, militar, tecnoloxía de simulación, turbinas industriais e servizos de enxeñería.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "PT Indonesian Aerospace". Global Security. Consultado o 14 de novembro de 2018.