Hormona liberadora da corticotropina
A hormona liberadora da corticotropina (CRH) ou corticoliberina, antes chamada factor liberador da corticotropina (CRF) é unha hormona polipeptídica hipotalámica e neurotransmisor implicada na resposta ao estrés. A súa principal función é a estimulación da síntese de ACTH na hipófise ou pituitaria. Pertence á familia dos factores liberadores da corticotropina.
A CRH é un péptido de 41 aminoácidos derivado dunha preprohormona de 191 aminoácidos codificada nun xene do cromosoma 8 humano. A CRH é segregada polo núcleo paraventricular do hipotálamo en resposta ao estrés. Na enfermidade de Alzheimer obsérvase unha marcada redución nos niveis de CRH. Ademais de ser producida polo hipotálamo, a CRH tamén se sintetiza nos tecidos periféricos, como os linfocitos T, e é amplamente expresada na placenta. Na placenta, a CRH é un marcador que determina a duración da xestación e o momento do parto. Ao comezo do parto ten lugar un incremento rápido dos niveis circulantes de CRH, o que suxire que, ademais das súas funcións metabólicas, a CRH pode actuar como un causante do parto.[1]
Accións hormonais
[editar | editar a fonte]A CRH é producida polas células parvocelulares neuroendócrinas (que están incluídas no núcleo paraventricular) do hipotálamo e libérase na eminencia media nos terminais neurosecretores destas neuronas, e pasa ao plexo de capilares primarios do sistema portal hipotalámico-hipofisario. O sistema portal transporta a CRH á adenohipófise ou pituitaria anterior, onde estimula as células corticotropas para que secreten a hormona adrenocorticotropa (corticotropina ou ACTH) e outras substancias bioloxicamente activas (β-endorfinas). A ACTH estimula a síntese de cortisol, glicocorticoides, mineralocorticoides e DHEA; polo que niveis elevados de CRH son comúns en pacientes da síndrome de Cushing (causada por un exceso de ACTH).
A curto prazo, a CRH pode suprimir o apetito, incrementar os sentimentos subxectivos de ansiedade, e realizar outras funcións como estimular a atención. Aínda que a acción distal da CRH é a inmunosupresión por medio da acción do cortisol, a CRH por si mesma pode en realidade aumentar a inflamación, un proceso que está sendo investigado en relación coa esclerose múltiple.[2]
Psicofarmacoloxía
[editar | editar a fonte]O antagonista do receptor da CRH-1 pexacerfont está investigándose como tratamento do trastorno de ansiedade xeneralizada en mulleres.[3] Outros antagonistas da CRH-1 como a antalarmina foron estudados en animais para o tratamento da ansiedade, depresión e outras condicións, pero non se fixeron estudos en humanos.
Ademais, no líquido cefalorraquídeo de persoas que cometeron suicidio aparecen niveis anormalmente altos de CRH.[4]
Recentes investigacións asocian a activación do receptor da CRH1 coa sensación de euforia que se produce polo consumo de alcohol. Un antagonista do receptor da CRH1, o CP-154,526, está investigándose como tratamento potencial do alcoholismo.[5][6]
A CRH no parto
[editar | editar a fonte]A CRH tamén é sintetizada pola placenta e parece determinar a duración do embarazo.[7]
Os seus niveis aumentan contra o final do embarazo xusto antes do parto, e unha teoría actual sostén que desempeña tres funcións no parto:[8]
- Incrementa os niveis de deshidroepiandrosterona (DHEA) directamente pola acción das glándulas adrenais fetais, e indirectamente pola glándula hipófise da nai. A DHEA ten un papel na preparación e estimulación das contraccións cervicais.
- Incrementa a dispoñibilidade de prostaglandinas nos tecidos uteroplacentarios. As prostaglandinas activan as contraccións cervicais.
- Antes do parto pode ter un papel na inhibición das contraccións, ao aumentar os niveis de AMPc no miometrio.
En cultivo, a CRH do trofoblasto é inhibida pola proxesterona, que permanece en alta concentración durante todo o embarazo. A liberación de CRH é estimulada polos glicocorticoides e catecolaminas, as cales aumentan antes do parto levantando este bloqueo de proxesterona.[9]
Estrutura
[editar | editar a fonte]A secuencia de 41 aminoácidos da CRH foi descuberta por Vale et al. en 1981 nos carneiros.[10] A secuencia completa é (véxase o significado das letras en aminoácido):
- SQEPPISLDLTFHLLREVLEMTKADQLAQQAHSNRKLLDIA (ovinos)
Este péptido nas ratas e nos humanos é idéntico e difire da secuencia dos ovinos só en 7 aminoácidos (en letra grosa).[11]
- SEEPPISLDLTFHLLREVLEMARAEQLAQQAHSNRKLMEII (homes, ratas)
Interaccións
[editar | editar a fonte]A CRH interacciona co receptor 1 da hormona liberadora da corticotropina.[12][13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Entrez Gene: CRH corticotropin releasing hormone".
- ↑ Paul, William E. (setembro de 1993). "Infectious Diseases and the Immune System". Scientific American 269 (3): 112. Bibcode:1993SciAm.269c..90P. doi:10.1038/scientificamerican0993-90.
- ↑ "Study of Pexacerfont (BMS-562086) in the Treatment of Outpatients With Generalized Anxiety Disorder". ClinicalTrials.gov. 2008-08-01. Consultado o 2008-08-03.
- ↑ Arató M, Bánki CM, Bissette G, Nemeroff CB (1989). "Elevated CSF CRF in suicide victims". Biol. Psychiatry 25 (3): 355–9. PMID 2536563. doi:10.1016/0006-3223(89)90183-2.
- ↑ "Drug Has Potential To Prevent Alcoholics From Relapsing". Science News. ScienceDaily. 2008-08-02. Consultado o 2008-08-09.
- ↑ Pastor R, McKinnon CS, Scibelli AC, Burkhart-Kasch S, Reed C, Ryabinin AE, Coste SC, Stenzel-Poore MP, Phillips TJ (2008). "Corticotropin-releasing factor-1 receptor involvement in behavioral neuroadaptation to ethanol: a urocortin1-independent mechanism". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 105 (26): 9070–5. PMC 2449366. PMID 18591672. doi:10.1073/pnas.0710181105.
- ↑ Kimball JW (2006-06-15). "Hormones of the Hypothalamus". Kimball's Biology Pages. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2012. Consultado o 2008-08-03.
- ↑ Lye S, Challis JRG (2001). "Chapter 12: Parturition". En Bocking AD, Harding R. Fetal growth and development. Cambridge University Press. pp. 241–266. ISBN 0-521-64543-3.
- ↑ Jones SA, Brooks AN, Challis JR (1989). "Steroids modulate corticotropin-releasing hormone production in human fetal membranes and placenta". J. Clin. Endocrinol. Metab. 68 (4): 825–30. PMID 2537843. doi:10.1210/jcem-68-4-825.
- ↑ Vale W, Spiess J, Rivier C, Rivier J (1981). "Characterization of a 41-residue ovine hypothalamic peptide that stimulates secretion of corticotropin and beta-endorphin". Science 213 (4514): 1394–7. PMID 6267699. doi:10.1126/science.6267699.
- ↑ Chrousos GP, Schuermeyer TH, Doppman J, Oldfield EH, Schulte HM, Gold PW, Loriaux DL (1985). "NIH conference. Clinical applications of corticotropin-releasing factor.". Annals of internal medicine 102 (3): 344–358. PMID 2982307.
- ↑ Grammatopoulos, D K; Dai Y, Randeva H S, Levine M A, Karteris E, Easton A J, Hillhouse E W (1999). "A novel spliced variant of the type 1 corticotropin-releasing hormone receptor with a deletion in the seventh transmembrane domain present in the human pregnant term myometrium and fetal membranes". Mol. Endocrinol. (UNITED STATES) 13 (12): 2189–202. ISSN 0888-8809. PMID 10598591. doi:10.1210/me.13.12.2189.
- ↑ Gottowik, J; Goetschy V, Henriot S, Kitas E, Fluhman B, Clerc R G, Moreau J L, Monsma F J, Kilpatrick G J (1997). "Labelling of CRF1 and CRF2 receptors using the novel radioligand, [3H]-urocortin". Neuropharmacology (ENGLAND) 36 (10): 1439–46. ISSN 0028-3908. PMID 9423932. doi:10.1016/S0028-3908(97)00098-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Receptor da hormona liberadora da corticotropina
- ACTH
- Proopiomelanocortina
- Familia do factor liberador de corticotropina
Bibliografía
[editar | editar a fonte]
|
|