Saltar ao contido

Haploide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As células diploides teñen dúas copias homólogas de cada cromosoma e as haploides só unha.

Células haploides son as células dos organismos eucariotas que teñen un único conxunto de cromosomas ou a metade do número normal de cromosomas en céulas diploides (2n), característico da especie, xeralmente referido pola letra minúscula n[1].

Características

[editar | editar a fonte]

Moitos protistas e fungos presentan todas as células somáticas haploides, ao contrario dos animais e plantas vasculares, cuxas células non-reprodutivas son normalmente diploides (2n). Nestes organismos, as células sexuais, os gametos, teñen un único complemento cromosómico, unha vez que son xeradas por meiose[2].

Os seres vivos con todas as células haploides na forma adulta teñen un ciclo de vida haplobionte, ou sexa, o cigoto formado pola conxugación de dúas células, é diploide e normalmente sofre inmediatamente meiose para formar células haploides que darán orixe aos novos individuos por mitoses. En moitos protozoos, non se coñece a reprodución sexual, e a fisión binaria, na que ocorre a mitose do núcleo; noutros, no entanto, como o Plasmodium (o organismo responsábel da malaria), ocorren múltiples mitoses na mesma célula, dando orixe a esquizozoítos nun proceso coñecido como esquizogonia [3] .

Nos organismos diplontes, obsérvanse diferentes ciclos de vida. Nos animais, as células sexuais son haploides (ciclo diplobionte), mais nos fieitos as esporas, producidas por meiose (logo haploides), desenvólvense nun individuo que ten todas as células igualmente haploides, o protalo, onde se forman os gametas, por mitose; chámase a este ciclo de vida haplodiplobionte[2].

En moitos organismos diplontes poden ocorrer individuos haplontes, como as abellas obreiras e os abellóns, que son resultado da reprodución partenoxénica, ou sexa, na que non houbo fusión de gametos (n) para a formación do cigoto (2n). Nalgunhas plantas poden tamén formarse individuos haplontes por apomixia.

  1. “Haploide” en Médicos de Portugal no sapo.pt Arquivado 29 de agosto de 2009 en Wayback Machine. a 5 de xuño de 2009
  2. 2,0 2,1 “Ciclos de Vida (haplobionte, diplobionte)” en InfoEscola.com a 5 de xuño de 2009
  3. Peixinho, Solange - “Reprodución de protozoários” no site do Departamento de Zooloxía da Universidade Federal da Bahia a 5 de xuño de 2009

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]