Hampden Park
Hampden Park | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 55°49′33″N 4°15′07″O / 55.825863888889, -4.2520027777778 |
Localización | Mount Florida, Glasgow Escocia |
Construción | |
Inauguración | 1903 |
Arquitecto | Archibald Leitch |
Estadio | |
Superficie | Herba |
Dimensións | 105 x 68 |
Capacidade | 52.063 |
Propietario | Queen's Park FC |
Localía | Queen's Park FC (1903– ) Escocia (1906– ) Glasgow Tigers (1969–1972) Scottish Claymores (1998–2004) |
Web | https://www.hampdenpark.co.uk/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hampden Park é un estadio de fútbol da cidade escocesa de Glasgow. É propiedade do Queen's Park FC e xestiónao a Federación Escocesa de Fútbol. O primeiro xoga nel, como local, os seus partidos de liga e copas escocesas, mentres que a selección escocesa de fútbol disputa aquí tamén todos os seus partidos oficiais. Por iso está considerado o campo de fútbol nacional de Escocia. Está cualificado pola UEFA con cinco estrelas.
Localización
[editar | editar a fonte]Está situado ao sur da cidade de Glasgow, no barrio de Queens Park, que pertence á antiga cidade de Rutherglen, absorbida por Glasgow en 1975.
É a sede da Federación Escocesa de fútbol e tamén do Museo Escocés do Fútbol.
Historia
[editar | editar a fonte]O Queen's Park FC xogou nun campo de fútbol denominado Hampden Park desde 1873. Posteriormente mudouse para un novo campo, tamén chamado igual, e finalmente para un terceiro, todos nas proximidades, de igual nome. Onde estivo o primeiro atópase agora a sede do club de bóla británica Hampden Bowling Club. Ao segundo trocáronlle o nome polo de New Cathkin Park e vendéronllo ao Third Lanark AC. En 1903 o Queen's Park mercou terreos en Mount Florida e, nese mesmo ano, o 31 de outubro inaugurouse o campo cunha vitoria 1-0 dos locais contra o Celtic
O Hampden Park era o maior estadio do mundo, con máis de 149.000 localidades, ata que se inaugurou o Maracanã no Río de Xaneiro. Posteriormente, diversas reformas en cuestións de seguridade (todas as localidades de asento) e de estrutura (a implantación dunha cuberta xeral que impide que haxa ningún afeccionado á choiva) reduciron a súa capacidade ata as 52.103 persoas actuais. Esta última reforma do teito produciuse no remate da década dos noventa e reabriuse o estadio o 14 de maio de 1999.
Acontecementos deportivos
[editar | editar a fonte]Ademais dos xa mencionados encontros da selección escocesa de fútbol e dos partidos do Queen's Park FC, tamén se disputan aquí con regularidade as finais da copa de Escocia, precisamente dende 1873. Tamén se teñen disputado nel moitos encontros finais de competicións europeas, como a final da Copa de Europa de 1960, 1976 e 2002.
Ocasionalmente, tamén se disputan en Hampden Park partidos de rugbi coma o Suráfrica-Uruguai do mundial de rugbi de 1999. O extinto equipo de fútbol americano dos Scottish Claymores xogou aquí os seus encontros da NFL Europa entre 1998 e 2004 cando mudou o club a súa sede para Hamburgo.
Ademais, será sede de encontros de preparación para os Xogos de Londres e, se sae Glasgow escollida como sede, dos Xogos da Commonwealth de 2014.
Récords de asistencia
[editar | editar a fonte]- 1937 - 149.415 persoas : Escocia - Inglaterra (British Home Championship). A maior entrada da historia para ver un partido de fútbol.
- 1937 - 146.433 persoas : Celtic - Aberdeen (Final da Copa da Escocia de fútbol). A maior entrada para presenciar un partido entre clubs en toda Europa.
Ademais, o de Hampden foi o primeiro campo en contar cunha sala de prensa (1906), con aparcadoiro de seu para automóbiles e en celebrar un partido con todas as entradas pagas (1884).
Concertos e variedades
[editar | editar a fonte]Hampden Park tamén é escenario frecuente de varios shows, onde grazas ao aproveitamento da zona de céspede e das media lúas de tras das porterías conséguense unhas 90.000 localidades.
- Rod Stewart, 3 de xullo de 1999
- Tina Turner (24/7 Tour), 7 de xullo de 2000
- Bon Jovi (One Wild Night Tour), 8 de xuño de 2001
- Eagles (World Tour 2001), 22 de xullo de 2001
- Robbie Williams, 4 e 5 de agosto de 2001
- Eminem, 24 de xuño de 2003
- Live & Loud, 27 de xullo de 2003
- Live & Loud, 20 de xuño de 2004
- U2 (Vertigo Tour), 21 de xuño de 2005
- Live & Loud, 26 de xuño de 2005
- Oasis, 29 de xuño de 2005
- Bon Jovi (Have a Nice Day Tour), 3 de xuño de 2006
- Eagles (Farewell I Tour), 23 de xuño de 2006
- The Rolling Stones (A Bigger Bang Tour), 25 de agosto de 2006
- Robbie Williams (Close Encounters Tour), 1 e 2 de setembro de 2006. Este concerto obrigou a que a selección escocesa de fútbol xogase un partido oficial no Celtic Park
- George Michael (25 Live), 17 de xuño de 2007
- Rod Stewart, 6 de xullo de 2007
- Red Hot Chili Peppers, 23 de agosto de 2007