Gens Acilia
A gens Acilia foi unha gens plebea romana, cuxos membros aparecen na escena política romana a partir de mediados do século III a. C., para despois atravesar o alto e o baixo Imperio e ocupar postos importantes ata o século V, durante un total de sete séculos. O primeiro membro ilustre da gens foi Caio Acilio Glabrio, que foi cuestor no 203 a.C. e tribuno da plebe no 197 a. C.
Historia
[editar | editar a fonte]Os tria nomina empregado pola gens
[editar | editar a fonte]Os Acilios usaban frecuentemente o praenomen Manio (Manius en latín). Tamén foron populares Caio (lat. Gaius), Lucio (lat. Lucius), Cesón (lat. Caeso) e Marco (lat. Marcus). As pólas da familia incluían os Acilio Balbo, os Glabrión, os Rufo e os Severo.
Pólas e congomina
[editar | editar a fonte]As tres pólas principais dos Acilios, levaban o cognomen de Aviola, Balbo (Balbus) e Glabrión(Glabrio);[1] polo menos, as dúas últimas, eran de orixe plebea.[2]
Os Glabrión foron a primeira familia en aparecer na historia, e foron a que máis se prolongou. Os membros desta familia foron identificados dende o século III a. C. até o século V d. C., un período de tempo que ningunha outra familia romana superou. Segundo Millar, "[o] único caso indubidable de continuidade desde a república até o século IV son os Acilio Glabrión".[3] Eran certamente plebeos, xa que moitos deles foron tribunos da plebe.[4] Durante o século II, foron propietarios dun xardín, o Horti Aciliorum, no outeiro Pincio no século II. Unha tumba dos Acilio Glabriónfoi atopada en Roma en 1888. O apelido Glabrio deriva do adxectivo glaber, "liso", e probablemente se refería a alguén que era calvo.[5] Dondin-Payre suxire que, interpretado como "sen pelo" ou "depilado", Glabrio tiña a connotación adicional de "efeminado".[6] No ano 1888, atopouse en Roma unha tumba dos Acilio Glabrión. O Mausoleo de Acilio Glabriónestá situado en Alife, fóra de Porta Napoli.
Os Acilio Balbo, como os Glabrión, eran plebeos. O apelido Balbo era bastante común en Roma, e orixinalmente dábase a quen tatexaba. Unha moeda desta familia representa a cabeza de Palas dentro dunha coroa de loureiro no anverso, e no reverso, unha cuadriga con Xúpiter e Vitoria.[7][8]
Os Acilio Aviola aparecen ao final da República, ou baixo os primeiros emperadores. Hai certa confusión entre eles e os Glabrión, co cónsul do 33 a.C. identificado como Marco Acilio Glabrio nalgúns escritores e Manio Acilio Aviola noutros. Dada a antigüidade dos Glabrión, parece probable que un deles fose o antepasado dos Aviola, e puido utilizar ámbolos dous apelidos en distintos momentos. En canto ao nome Aviola, parece ser un diminutivo, presumiblemente de avia, "avoa".[9][10]
Membros distinguidos da gens
[editar | editar a fonte]Acilio Glabrio
[editar | editar a fonte]- Caio Acilio Glabrio, cuestor no 203 a. C. e tribuno da plebe no 197 a. C .
- Caio Acilio, senador e historiador, bo coñecedor da lingua grega, no 155 a. C. actuou como intérprete dos filósofos gregos que visitaban Roma; no 142 a. C. (segundo Livio ) publicou unha historia de Roma en grego.[11]
- Lucio Acilio, xurista romano, contemporáneo de Catón.[11]
- Manio Acilio Glabrio, cónsul en 191 a. C., venceu a Antíoco III o Grande de Siria nas Termópilas.[12][13]
- Manio Acilio Glabrio, foi cónsul sufecto no 154 a. C.[14]
- Manio Acilio Glabrio, tribuno da plebe no 122 a. C., autor da lex Acilia de Repetundis.[15]
- Manio Acilio Glabrio, político e xeneral, cónsul no 67 a. C., xunto con Caio Calpurnio Pisón, sogro de Xulio César.[16]
- Manio Acilio Glabrio, cónsul sufecto no 33 a. C.[17][18]
- Manio Acilio Glabrio, cónsul en 91, durante o principado de Domiciano, despois condenado a morte, ao parecer, por se converter ao cristianismo.[19]
- Manio Acilio Glabrio, cónsul en 124, semella que era fillo do anterior.[20]
- Manio Acilio Glabrio, cónsul en 186, durante o principado de Cómodo.[21]
- Acilio Glabrio, senador baixo Pertinax no 193.
- Marco Acilio Glabrio, cónsul en 256.[22]
- Anicio Acilio Glabrio Fausto, cónsul sufecto en 438.[23][24]
- Rufio Acilio Sividio, cónsul non 488.[23]
Acilio Balbo
[editar | editar a fonte]- Manio Acilio Balbo, cónsul no 150 a.C.[25][26]
- Manio Acilio Balbo, cónsul no 114 a. C.[27][28][29]
- Marco Acilio Balbo, pretor no 117 a. C.
Acilio Aviola
[editar | editar a fonte]- Manio Acilio Aviola, cónsul en 54, e procónsul en Asia do 65 ao 66.[30][31]
- Manio Acilio Aviola, cónsul sufecto no 82, político romano e senador.
- Manio Acilio Aviola, cónsul en 122.[32]
- Manio Acilio Aviola, cónsul en 239.[32]
Outros
[editar | editar a fonte]- Manio Acilio Canino, oficial de César durante a Guerra Civil, e procónsul de Sicilia durante a Guerra de África. Probablemente, é o Acilio que fora defendido por Cicerón en dúas ocasións.[33][34][35][36][37]
- Manio Acilio Rufo, sufecto cónsul en 102.
- Lucio Acilio L. f. Rufo, nativo de Thermis Himeraeis, serviu como tribuno da plebe, pretor, e foi cónsul suffecto no ano 107.[38]
- Publio Acilio Atiano, conselleiro de Hadriano.[39]
- Manio Acilio Faustino, cónsul en 210.[35]
- Manio Acilio Aureolo, usurpador do século III.
- Acilio Severo, cónsul no 323.[40]
Inscricións
[editar | editar a fonte]No Compitum Acili, un pequeno altar dedicado aos Lares Compitales atopado en Velia durante as obras para a construción da Via dei Fori Imperiali, atopouse unha inscrición que fai referencia a un membro da familia, que a fixo construír no ano 5 a. C.:
[Imp(eratore) Cae]sare Augusti(!) pontif(ice) max{s}(imo) trib(unicia) potest(ate) XVIII
[imp(eratore) XIV L(ucio) Cor]nelio Sulla co(n)s(ulibu)s mag(istri) secun(di) vici compiti Acili
[3] Licinius M(arciae) Sextiliae l(ibertus) Diogenes / L(ucius) Aelius L(uci) l(ibertus) Hilarus / M(arcus) Tillius M(arci) l(ibertus) Silo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jones & Martindale & Morris (1971), p. 13
- ↑ Smith 1841, p. 12
- ↑ Millar, p. 341, nota 1.
- ↑ Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, vol. II, p. 270 ("Glabrio").
- ↑ Chase, p. 110.
- ↑ Dondin-Payre, Les Acilii Glabriones, p. 34
- ↑ Chase, p. 110
- ↑ Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, vol. I, p. 455 ("Balbus").
- ↑ Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, vol. I, p. 434 ("Aviola").
- ↑ New College Latin & English Dictionary, s. v. avia.
- ↑ 11,0 11,1 Broughton (1952),vol. I, p. 352
- ↑ Broughton (1952), vol. I, pp. 320, 335, 352.
- ↑ Tito Livio, Ab urbe condita, Libro XXXVI, 14-19
- ↑ Broughton (1952), vol. I, pp. 386, 437, 449
- ↑ Broughton (1952), vol. I, p. 517
- ↑ Broughton (1952), vol. II, pp. 142, 143, 154.
- ↑ Broughton (1952), vol. II, p. 414
- ↑ PIR, vol. I, p. 5
- ↑ PIR, vol. I, p. 7
- ↑ PIR, vol. I, p. 7
- ↑ PIR, vol. I, p. 7.
- ↑ PIR, vol. I, p. 8
- ↑ 23,0 23,1 Cameron (2012), p. 150
- ↑ "Anicius Acilius". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (EDCS). Consultado o 9 de marzo de 2022.
- ↑ Plinio o Vello, VII. 36
- ↑ Broughton (1952), vol. I, p. 456
- ↑ Obsequens, 97
- ↑ Plinio o Vello, II. 29, 56. s. 57
- ↑ Broughton (1952), vol. I, pp. 533, 534 (nota 1).
- ↑ Tacito, Annales, XII. 64
- ↑ PIR, vol. I, p. 6.
- ↑ 32,0 32,1 PIR, vol. I, p. 6
- ↑ César, De Bello Civili, III. 15, 16, 39
- ↑ Cicerón, Epistulae ad Familiares, VII, 30, 31 e XIII, 30–39.
- ↑ 35,0 35,1 PIR, vol. I, p. 6
- ↑ Broughton, vol. II, pp. 280, 285 (nota 8), 296, 308 e 326
- ↑ Broughton (1952), vol. III, p. 1
- ↑ PIR, vol. I, p. 9
- ↑ Elio Spartiano, "The Life of Hadrian", 1, 3, 5, 9, 15.
- ↑ Jones & Martindale & Morris (1971), vol. 1, p. 834
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Broughton, T. Robert S. (1952). The Magistrates of the Roman Republic (en inglés). American Philological Association.
- Cameron, Alan (2012). Society for the Promotion of Roman Studies, ed. "Anician Myths". Journal of Roman Studies (Cambridge University Press) 102: 133–171. ISSN 0075-4358. JSTOR 41724969.
- Dondin-Payre, Monique (1993). Exercise du Pouvoir et Continuité Gentilice: les Acilii Glabriones (en castelán). Roma: École Française de Rome.
- Jones, A. H. M.; Martindale, J. R.; Morris, J., eds. (1971). The Prosopography of the Later Roman Empire. Vol. 1 (en inglés). Londres: Cambrdridge University Press.
- Rohden, Paul von; Klebs, Elimar; Dessau, Hermann (1898). Prosopographia Imperii Romani (The Prosopography of the Roman Empire, abreviado PIR), (en inglés). Berlín.
- Smith, William, ed. (1841). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I (en inglés). Walton and Maberly.