Saltar ao contido

Gateway

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un gateway ou pasarela é un dispositivo que permite interconectar redes que utilizan arquitecturas diferentes, é unha porta de enlace cunha rede. Os gateway actúan no nivel 4 (de transporte) e superiores do modelo OSI. A maioría dos gateways implementanse por software.

Resolven incompatibilidades como estas:

  • Tipo de conexión: Pode darse que unha rede utilice servizos orientados a conexión e a outra non.
  • Tamaño da mensaxe: O tamaño das mensaxes de ambas redes pode ser diferente, o gateway deberá adaptalos.
  • Control de erros: Unha das redes pode ser pouco sensibel ós erros, ou simplemente mantelos durante demasiado espazo de tempo.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.