Emmanuel Levinas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Nome orixinal | (fr) Emmanuel Lévinas |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de xaneiro de 1906 Kaunas (Imperio Ruso) |
Morte | 25 de decembro de 1995 (89 anos) Clichy, Francia |
Lugar de sepultura | Cimetière parisien de Pantin (pt) |
Grupo étnico | Asquenací |
Educación | Universidade de Freiburg im Breisgau Universidade de Estrasburgo |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía, fenomenoloxía, xudaísmo e Ética |
Ocupación | filósofo, ético, profesor universitario, escritor |
Empregador | Universidade de Poitiers (pt) Universidade de París Universidade de Friburgo, Suíza |
Membro de | Academia Europaea (1991–) |
Profesores | Jacob Gordin (pt) e Martin Heidegger |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Doutorando | Jacques Colette (pt) |
Familia | |
Fillos | Michaël Levinas |
Premios | |
Descrito pola fonte | UbuWeb Obálky knih, |
Emmanuel Levinas, nado en Kaunas o 12 de xaneiro de 1906 e finado París o 25 de decembro de 1995, foi un destacado filósofo francés e unha importante personalidade intelectual do xudaísmo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun libreiro xudeu, con motivo da primeira guerra mundial a súa familia desprazouse de Lituania a Ucraína. Alí recibiu a influencia dos grandes novelistas rusos como Pushkin, Tolstoi e especialmente Dostoievski e asiste á revolución de outubro.
Establecido en Francia, estuda filosofía en Estrasburgo. En Friburgo foi alumno de Edmund Husserl e Martin Heidegger. A súa tese versará sobre a teoría da intuición na fenomenoloxía de Husserl. Empezou a escribir en Esprit, a revista de Emmanuel Mounier. De regreso a París, traballou como tradutor de ruso e alemán para os aliados. Durante a invasión de Francia foi capturado polos alemáns e trasladado a un campo de concentración preto de Hannover. A súa familia foi exterminada aínda que a súa dona e a súa filla conseguiron salvarse ao encontrar refuxio no mosteiro de San Vicente de Paúl preto de Orleáns. Nesa situación escribe Da existencia e o existente. Foi director da Escola Normal Israelita Oriental de París entre 1946 e 1964 dependente da Alianza Israelita Universal, a shoa ou holocausto ficará para sempre como pano de fondo do seu pensamento. Recibiu en 1958 o doutorado honoris causa pola Universidade Ball Illar, en Israel.
Foi un dos célebres tertulianos do grupo reunido por Gabriel Marcel. Chegou a facer amizade con Sartre se ben para el a anguria non agromaba ante a nada senón ante o factum de estar encadeado á existencia. Ademais das súas obras filosóficas ten reflexionado sobre a identidade xudía e o ser xudeu. Foi profesor nas universidades de Poitiers, Nanterre (onde viviu os acontecementos do 68) e a Sorbona. Foi un destacado participante nos coloquios da sección francés do Congreso xudeu mundial.
Pensamento
[editar | editar a fonte]Para Levinas todo se pode trocar entre os seres agás o existir. Son totalmente só. A ontoloxía occidental baseouse na reflexión sobre o ser, sobre a busca da verdade e o coñecemento. Levinas entende que isto leva ao solipsismo cartesiano, ao coñecemento non como recoñecemento senón como dominación. O substrato da realidade é o impersoal hai, o ser sen ente o existir sen existente. Pero existe unha eclosión onde o Outro presentáseme, interpélame, e chámame a responsabilizarme del. Son en tanto que existe o outro, se ninguén me nomea desaparezo, desintégrome. O outro é dalgún xeito anterior ao meu existir, existo trascendendo, o Outro se me presenta como o absoluto inabranguible como o infinito. Levinas reivindica fronte a ontoloxía grega, a ética que ha de ocupar o primeiro posto na filosofía. Unha ética inspirada non tanto no legado grego como no legado xudeu: A Biblia e o Talmud. Unha filosofía centrada non no ego senón na alteridade. Unha filosofía centrada no emprirismo, na verificación, non alcanza a experiencia absoluta que non é desvelamento senón revelación. Son en canto que saio de min, como Abrahán que saíu de Ur, Moisés que sacou a Israel de Exipto ou os profetas. Por iso a face, o rostro, a aparición indefensa do outro-aí, o cara a cara é o elemento básico de toda relación auténtica, e o rostro me di non matarás e me obriga a responsabilizarme a ocuparme de quen me deita a súa ollada desvalida, como o pobre, o orfo, o estranxeiro ou a viúva na ética do Antigo Testamento. A responsabilidade non é facerme cargo da miña propia existencia como afirmaba Heidegger, senón facerme cargo da indixencia allea. Non só o esquema mente-obxecto como en Atenas senón tamén a relación eu-outro como en Xerusalén. Fronte ao retorno á patria de Ulises a revolución do suxeito desarraigado Abraham.
Obras
[editar | editar a fonte]- De l'existence à l´existant . París, 1947
- Le temps et l'Autre. París, 1947
- En découvrant l'existence avec Husserl et Heidegger. París, 1949
- Totalité et infini. Essai sur l´exteriorité. La Haya, 1961
- Difficile liberté. Essais sur le judaïsme. París 1963
- Autrement qu'être ou au-delà de l'essence. La Haya, 1974
- Sur Maurice Blanchot, Montpellier. 1976
- De Dieu qui vient à l'idée. París. 1982
- Transcendance et intelligibilité. Xenebra, 1984
- Hors sujet. Montpellier, 1987
- Entre nous. Essais sur le penser-à-l´autre. París, 1991