Saltar ao contido

Denali

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Denali
Monte McKinley ou Denali
Elevación: 6.194 metros
Latitude: 63° 04′ 10″ N
Lonxitude: 151° 00′ 26″ O
Localización: Alasca, Estados Unidos
Cordilleira: Cadea de Alasca
Primeira acensión: 07.06.1913:Hudson Stucks e outros
Rota máis fácil: West Buttress Route
Localización do McKinley no centro de Alasca

Denali[1], oficialmente coñecido como McKinley entre 1917 e 2015, sito en Alasca, cunha altura de 6.194 metros é a montaña de maior elevación de América do Norte e dos Estados Unidos. Forma parte da gran cadea de Alasca, un arco montañoso de 960 km, que se estende a través da zona suroriental do estado. Esta cadea é unha porción dos grandes cordais occidentais do continente, que se estenden desde Alasca até as costs de California, e a depresión do Val da Morte.

O pobo kokuyon, habitantes tradicionais da área, denomínana Denali ("a gran montaña"). Foi, porén, renomeado Monte McKinley en 1896, en honra do presidente estadounidense William McKinley, nome oficializado en 1917 por unha lei federal. En 1975 Alasca recoñeceu a forma Denali como oficial e principiou un longo litixio coas autoridades federais para que estas recoñeceran a forma Denali como oficial a efectos federais.

Ascensións

[editar | editar a fonte]

A primeira ascensión do McKinley aconteceu o 7 de xuño de 1913, a cargo dunha expedición guiada por Hudson Stuck. Unha suposta escalada no 1903, por Frederick Cook, demostrouse moi logo que era unha fraude. No 1947, Barbara Washburn foi a primeira muller que alcanzou a cima. Na actualidade a montaña é escalada con regularidade, pero segue a ser unha empresa perigosa e da que resultan bastantes incidentes.