Daniel T. Barry
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de decembro de 1953 (70 anos) Norwalk, Estados Unidos de América (pt) |
Residencia | South Hadley (pt) |
Educación | Universidade de Princeton University of Michigan Medical School (en) Universidade de Miami Cornell University College of Engineering (en) Universidade Cornell Bolton High School (en) Leonard M. Miller School of Medicine (en) |
Actividade | |
Ocupación | astronauta, enxeñeiro, participante dun reality show |
Empregador | NASA, astronauta Universidade de Míchigan |
Tempo no espazo | 30 días, 14 horas e 27 minutos |
Misión do astronauta | |
Daniel Thomas Barry, nado en Norwalk, Connecticut, o 30 de decembro de 1953, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-105, STS-72 e STS-96.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Barry graduouse en enxeñaría eléctrica pola Universidade Cornell en 1975 e é máster na mesma materia pola Universidade Princeton en 1977, cun doutoramento pola mesma universidade en 1980 e un doutoramento en medicina pola Universidade de Miami en 1982.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en marzo de 1992. Participou nas misións STS-105, STS-72 e STS-96, pasando un total de 30,60 días no espazo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2022). "Barry, Daniel Thomas" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (agosto de 2005). "DANIEL T. BARRY (M.D., PH.D.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Daniel T. Barry |