Década de 1000
Aparencia
Primeiro milenio | |||||
Século X | |||||
| |||||
|
1000
- Artigo principal: 1000.
Europa
- Terror do ano 1000.
- Sancho III de Navarra (Sancho III Garcés, o Grande ou o Maior), coroado rei de Navarra, Aragón e Castela (até 1035).
- Estevo I, coroado rei de Hungría cunha coroa enviada polo papa (até 1038).
- Venecia domina a Dalmacia e a Istria.
- Os dinamarqueses (Svein I), en alianza con suecos e mesmo noruegueses (Erik, conde de Lade), vencen aos noruegueses na Batalla de Svold e fanse con parte do país.
- Fundación das dioceses de Kolobrzeg de Gniezno.
- O emperador Odón III peregrina desde Roma a Aachen.
- 24 de xuño - Sesión do Altinget ou parlamento islandés, que toma o acordo de que o magnate Thorgeir decida sobre se o cristianismo debía ser acollido como relixión oficial. Thorgeir decidiu favorabelmente.
América
- Leif Ericsson chega a Norteamérica, á que chama Vinland.
Asia
- Fundación de Dhaka, Bangladesh.
1001
- Artigo principal: 1001.
- Comezo da guerra santa de Mahmûd de Ghaznî para islamizar a India (até 1009). Vence ao rei Shahiya Jayapala cerca de Peshawar.
- Basilio II, monarca bizantino, emprende a conquista de Bulgaria. Até 1014 realiza unha expedición anual.
- Estevo I é aceptado como primeiro monarca de Hungría polo papa Silvestre II.
- Fundación do bispado de Gran (= Esztergom) en Hungría.
1002
- Artigo principal: 1002.
Asia
- Comezo do reinado de Suryavarman I, rei de Camboxa, fundador da dinastía dos Surya.
Europa
- 3 de novembro - Matanza de daneses en Inglaterra por orde do rei Aethelred II.
- Brian Boru (ou Brian Borce) convértese en rei de Irlanda. Morre en batalla no ano seguinte.
1003
- Artigo principal: 1003.
- Na India, o rei Chola, Rajaraja, fai construír o templo de Brihadesvara de Tanjavûr (Tanjore) , dedicado a Shiva, de tipo piramidal esculpido (acabado en 1010).
1004
- Artigo principal: 1004.
América
- Principia a exploración viquinga da costa americana até Nova Inglaterra (New England), por Thorwald e Thorstein, irmáns de Leif Eriksson (até 1008).
Asia
- Os mongois kitáns (Dinastía Liao) derrotan aos chineses do reino Song setentrional, en Hebei, polo que deberán pagar desde o ano seguinte, un forte tributo anual.
Europa
- Xaneiro: Inicia o seu pontificado Xoán XVIII (até 1009).
- 14 de maio: Henrique II, emperador romano xermánico, é coroado rei da Lombardía en Pavia.
- Comeza a reinar Sancho III Garcés o Grande, rei de Navarra (até 1035).
- A cidade italiana de Pisa é asaltada e saqueada por piratas árabes.
Ciencia e tecnoloxía
- Invención probábel, a teor da documentación coñecida, na China, do trabuquete, unha máquina de lanzar proxectís. O seu uso en Europa non se documenta até 1147.
1005
- Artigo principal: 1005.
Asia
- Tratado de Shanyuan: os chineses do reino Song setentrional vense obrigados a pagar un forte tributo anual (3.000 kg de prata e 100 000 rolos de seda ao reino de Liao (mongois kitáns). O tratado mantívose vixente máis dun século.
Europa
- Revoltas contra da Igrexa en Pomerania.
- Batalla do estreito de Mesina - Unha frota pisana derrota outra sarracena.
1006
- Artigo principal: 1006.
- O rei de Alemaña, Henrique II o Santo e a súa esposa Cunegunda prohiben os últimos mercados de escravos que fican no Sacro Imperio, o que leva á desaparición do escravismo.
1007
- Artigo principal: 1007.
1008
- Artigo principal: 1008.
1009
- Artigo principal: 1009.
- 14 de febreiro: Primeira mención de Lituania nos anais do mosteiro de Quedlinburg.
- 18 de outubro: O califa al-Hakim bi-Amr Allah destrúe a Igrexa do Santo Sepulcro.
- Proclamación da primeira dinastía independente de Vietnam: Ly.
- Sulaiman sucede a Mohammed II como califa de Córdoba.