Década de -190
Aparencia
Primeiro milenio a. C. | |||||
Século -II | |||||
| |||||
|
199 a.C.
- Artigo principal: -199.
198 a.C.
- Artigo principal: -198.
- Remata a quinta guerra siria.
197 a.C.
- Artigo principal: -197.
- Batalla de Cinocéfalos que fai renunciar a Filipo V de Macedonia á súa hexemonía sobre Grecia. Fin da Segunda guerra macedónica.
196 a.C.
- Artigo principal: -196.
- Haníbal é nomeado sufeta de Cartago.
- Quinto Minucio Termo, procónsul da Hispania Citerior, asedia a cidade de Turba.
Arte e cultura
- 27 de marzo: un decreto do faraón, Tolomeo V, lábrase na Pedra de Rosetta.
195 a.C.
- Artigo principal: -195.
- Haníbal foxe de Cartago, perante a petición romana para que a cidade o entregue, e refuxiase na corte de Antíoco III de Seleucia.
- Hispania - O cónsul Marco Porcio Catón toma Indika, cerca de Empúries, e Bergium, máis ao interior. Logra tamén o sometemento dos ausetanos.
194 a.C.
- Artigo principal: -194.
Asia
- O xeneral chinés da dinastía Han, Wiman, funda na Corea setentrional o reino de Wiman Joseon, que durará até -108.
Europa
- Marzo: O Senado romano ordena a Flaminio evacuar as tropas que ocupan Grecia. A retirada comporta o saqueo de numerosas obras de arte gregas que pasan a Roma.
- Hispania - Batalla de Ilipa: O xeneral romano Escipión Násica derrota unha incursión de lusitanos na Bética, preto de Ilipa (localidade identificada coa actual Alcalá del Río). É a primeira vez que as fontes romanas citan aos lusitanos.
- Marco Porcio Catón toma a cidade de Iacca (Jaca), nos Pireneos, capital dos iacetanos.
193 a.C.
- Artigo principal: -193.
- Roma somete aos Boios, no norte de Italia.
- Marco Fulvio Nobilior, gobernador da Hispania Ulterior, guerrea na Celtiberia, cerca de Toletum (Toledo). Fai prisioneiro o régulo indíxena Hilermo.
192 a.C.
- Artigo principal: -192.
- Tras unha gran resistencia, Marco Fulvio Nobilior conquista a cidade de Toledo.
- Anexión de Esparta pola Liga Aquea
- Comeza a guerra Guerra Romano-Siria contra Antíoco III de Siria.
191 a.C.
- Artigo principal: -191.
- Os romanos frean a Antíoco III, monarca do Reino seléucida, que invadira Grecia, tras derrotalo en Termópilas e na batalla de Cósico.
190 a.C.
- Artigo principal: -190.
- Batalla de Magnesia:o rei seléucida, Antíoco III, é vencido polos romanos dirixidos por Lucio Cornelio Escipión. Os seus aliados da Liga Etolia serán derrotados no ano seguinte.