Champions Hockey League
Tipo | liga deportiva |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Liga inferior | Ukrainian Hockey Championship (en) e Belarusian Extraleague (en) |
Localización e Datas | |
Vixencia | 2014 – |
Calendario da tempada | agosto – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | championshockeyleague.com |
A Champions Hockey League é un torneo europeo de hóckey sobre xeo. Na tempada 2014–15 celebou a súa tempada inicial, na que participaron 26 equipos de seis ligas e a Federación Internacional de Hóckey sobre Xeo (IIHF), e conta cos mellores equipos das ligas de primeiro nivel de Europa.
Dende a súa creación, os equipos suecos teñen dominado a competición, gañando en seis das sete edicións disputadas ata 2022, e habendo un equipo do país nórdico en todas as finais disputadas ata a data.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]A IIHF lanzo un torneo do mesmo nome en 2008 para coincidir co 100º aniversario da federación. A única edición do torneo disputouse entre o 8 de outubro de 2008 e o 28 de xaneiro de 2009, resultando vencedor o ZSC Lions de Zürich (Suíza), que como resultado pasou a xogar a Victoria Cup 2009. A IIHF planeou lanzar outra tempada, mais finalmente viuse forzada a cancelar o torneo a causa dos problemas para atopar patrocinadores durante a crise económica global concurrente e a flalta de acordo respecto do formato do torneo. O 9 de decembro de 2013, a IIHF e un grupo de 26 clubs de seis países lanzaron un novo torneo co memo nome, nacido do European Trophy, comezando a partir da tempada 2014–15.[1]
Edicións
[editar | editar a fonte]Tempada | Equipos | Partidos | Asistencia media | Campión | Finalista | Semifinalistas | MVP[2] | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2014–15 | 44 | 161 | 3 049 | Luleå HF | Frölunda HC | Kärpät, Skellefteå AIK | Mathis Olimb (Frölunda) | |||
2015–16 | 48 | 157 | 3 261 | Frölunda HC | Oulun Kärpät | HC Davos, Lukko | Ryan Lasch (Frölunda) | |||
2016–17 | 48 | 157 | 3 240 | Frölunda HC | HC Sparta Praha | HC Fribourg-Gottéron, Växjö Lakers | Joel Lundqvist (Frölunda) | |||
2017–18 | 32 | 125 | 3 369 | JYP | Växjö Lakers | HC Oceláři Třinec, HC Bílí Tygři Liberec | Šimon Hrubec (Oceláři Třinec) | |||
2018–19 | 32 | 125 | 3 400 | Frölunda HC | EHC Red Bull München | HC Plzeň, EC Red Bull Salzburg | Trevor Parkes (Red Bull Münche) | |||
2019–20 | 32 | 125 | 3 446 | Frölunda HC | Mountfield HK | Djurgårdens IF, Luleå HF | Ryan Lasch (Frölunda) | |||
2020–21 | Cancelada a causa da pandemia de COVID-19 | |||||||||
2021–22 | 32 | 123 | 1 988[a] | Rögle BK | Tappara | Frölunda HC, EHC Red Bull München | Frederik Tiffels (Red Bull München) | |||
2022–23 | 32 | 125 | 2 841 | Tappara | Luleå HF | EV Zug, Frölunda HC | Christian Heljanko[3] |
a Algúns partidos tiveron restricións na capacidade dos estadios debido á pandemia de COVID-19.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "New era dawns for Europe" (en inglés). IIHF.com. 9 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2013. Consultado o 2 de setembro de 2022.
- ↑ "HALL OF FAME" (en inglés). championshockeyleague.com. Consultado o 2 de setembro de 2022.
- ↑ "CHRISTIAN HELJANKO WINS 2022/23 LGT MVP AWARD!" (en inglés). ChampionsHockeyLeague.com. 18 de febreiro de 2023. Consultado o 20 de febreiro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en inglés) (en alemán) (en checo)