Broken Sword: The Sleeping Dragon
Broken Sword: The Sleeping Dragon | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Revolution Software |
Distribuidora(s) | THQ The Adventure Company Marvelous Entertainment |
Director(es) | Charles Cecil |
Produtor(es) | Mike Gamble Steve Ince |
Deseñador(es) | Steve Ince (lead) Charles Cecil Ross Hartshorn Jonathan Howard Dale Strachan Tony Warriner |
Artista(s) | Sucha Singh (lead) Jason Haddington Michael Montecchio Emanuele Salvucci Gurmita Singh John Stopforth |
Compositor(es) | Ben McCullough |
Motor | RenderWare |
Lanzamento | 2003 |
Xénero | Aventuras |
Modos de xogo | Un xogador |
Clasificación | PEGI USK |
Plataforma(s) | Microsoft Windows, Xbox, PlayStation 2 |
Serie | Broken Sword |
Na rede | |
https://revolution.co.uk/games/the-sleeping-dragon/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Broken Sword: The Sleeping Dragon é un videoxogo lanzado para Windows, Xbox e PlayStation 2 no 2003, mentres que para o Xapón, a versión de PlayStation 2 (lanzado só en Europa e no Xapón) foi estreado en setembro de 2004. Foi proposta unha versión para Nintendo GameCube, pero acabou sendo cancelada. É a terceira entrega da serie de videoxogos Broken Sword, lanzado seis anos despois do anterior título, The Smoking Mirror. The Sleeping Dragon supuxo un avance cara aos gráficos 3D, e é o único xogo da serie que non emprega unha interface point and click. O xogador asume o papel de George Stobbart, un avogado de patentes estadounidense que voa até o Congo para escribir a patente para un científico que di ter atopado a fonte dunha enerxía ilimitada.
A idea orixe do xogo apareceu en 2000. Para facer que o xogo parecese un filme, Revolution contou cun asesor cinemático, Bob Keen, que se asegurou que o xogo mantivese as emocións e a atmosfera axeitadas en cada escena. Orixinalmente ía ter un estilo visual máis semellante ós debuxos animados, pero os desenvolvedores decidiron darlle un estilo máis semellante ó dos filmes animados xaponeses. Malia que os dous primeiros xogos de Broken Sword empregaban motores Virtual Theatre, The Sleeping Dragon foi construído con RenderWare. A música do xogo foi coposta por Ben McCullough, e Rolf Saxon volveu dar voz a George Stobbart.
O xogo recibiu críticas positivas, sendo loado pola súa historia, o seu humor, o seu aspecto cinematográfico e os seus gráficos. A música do xogo tamén foi loada. As críticas negativas centráronse no control da interface e nos crebacabezas repetitivos. Segundo Charles Cecil, o xogo vendeu uns poucos milleiros de copias.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cecil, Charles (28 de maio de 2011). Adventure-Treff.de, ed. "Adventure-Treff: Charles Cecil on "Broken Sword" sales". Consultado o 9 de febreiro de 2012.