Saltar ao contido

Boris Pasternak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBoris Pasternak

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Борис Леонидович Пастернак Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Борис Исаакович Постернак Editar o valor en Wikidata
29 de xaneiro de 1890 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte30 de maio de 1960 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Peredelkino, Rusia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPeredelkino Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de Moscova (–1913)
Universidade Philipps de Marburgo (1912–1912)
Imperial Moscow University (en) Traducir (–1912)
Moscow State University, Faculty of Law (en) Traducir (1908–) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoProsa Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, dramaturgo, pianista, novelista, poeta, tradutor, prosista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1911 Editar o valor en Wikidata - 1959 Editar o valor en Wikidata
MovementoFuturismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresHermann Cohen Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeZinaida Nikolajevna Pasternak (1932–1960)
Evgenia Lurie (1922–1931) Editar o valor en Wikidata
ParellaOlga Ivinskaya (1948–1960) Editar o valor en Wikidata
FillosYevgeny Pasternak
 () Evgenia Lurie Editar o valor en Wikidata
PaisLeonid Pasternak Editar o valor en Wikidata  e Rosa Kaufman Editar o valor en Wikidata
IrmánsAleksandr Leonidovich Pasternak
Josephine Pasternak
Lydia Pasternak Slater Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Пастернак Борис Леонидович)
UbuWeb
Bio-bibliographic Dictionary of 20th-Century Russian Writers (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0664985 IBDB: 498433
BNE: XX1643941 Musicbrainz: 8c9ca3ca-fe4b-425c-b4aa-88dbd2f20768 Discogs: 1107033 IMSLP: Category:Pasternak,_Boris WikiTree: Pasternak-57 Find a Grave: 7894610 Editar o valor en Wikidata

Borís Leonídovich Pasternak (ruso: Борис Леонидович Пастернак), nado en Moscova o 10 de febreiro de 1890 e finado o 30 de maio de 1960, foi un poeta e novelista ruso. A súa novela Doutor Zhivago (1957) foi publicada en galego pola Editorial Galaxia.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En occidente Pasternak é coñecido pola súa monumental novela tráxica ambientada na Rusia Soviética Doutor Zhivago, publicada por primeira vez en Italia en 1957. Tamén, Sestra moja zhizn': Stihi (cirílico: Сестра моя жизнь: Стихи; galego: "A vida, a miña irmá: poemas"; 1917) é unha das súas grandes obras poéticas, área da literatura na que tamén se destacou. É un dos catro poetas que emerxeron nos anos de goberno de Stalin. Os outros tres membros deste cuarteto son Anna Akhmatova, Maria Tsvetaieva e Osip Mandelshtam.

Era fillo do famoso pintor xudeu, Leonid Pasternak, profesor na escola de pintura de Moscova. O seu pai converteuse do xudaísmo ao cristianismo ortodoxo. A nai de Borís, Rosa Kaufman tamén de orixe xudeu, era unha famosa concertista de piano. Pasternak medrou nunha atmosfera cosmopolita: na súa casa desfilaban artistas do talle de Serguéi Rakhmáninov, Lev Tolstoi ou Rainier Maria Rilke.

A conversión do seu pai tivo un grande impacto no mozo Boris. Moitos dos seus poemas teñen temas cristiáns. Estudou filosofía na Universidade de Marburg, en Alemaña, xunto a Hermann Cohen e Nicolai Hartmann. Con todo, decidiu renunciar á filosofía como profesión. Regresou a Moscova en 1914 e publicou a súa primeira colección de poemas ese mesmo ano.

Durante a Primeira guerra mundial traballou nunha fábrica de produtos químicos nos Urais; seguramente aquí atopou material que logo utilizaría na súa novela Doutor Zhivago. A revolución de 1917 significou o inicio da fama de Pasternak como poeta.

Perdeu a protección das autoridades soviéticas na década dos 30; acusóuselle de subxectividade aínda que conseguiu escapar dos gulags. A partir de entón, gañou a vida traducindo aos clásicos.

A publicación de Doutor Zhivago, moi crítica co réxime comunista, levoulle a ser perseguido polas autoridades ata o día da súa morte en 1960. A obra foi adaptada co mesmo título de Doutor Zhivago en 1965. A novela non se publicou na Unión Soviética ata o ano 1987.

O Premio Nobel

[editar | editar a fonte]
Museo de Borís Pasternak

Pasternak gañou o Premio Nobel en 1958, logo de que Doutor Zhivago fose publicada en ruso. Con isto, cumpría a condición para recibir o premio. Con todo, nunha publicación recente da revista Time, o escritor ruso Ivan Tolstoi describiu no seu libro, The Laundered Novel, o xeito en que Pasternak conseguiu o premio.

A súa investigación, que durou 16 anos, revela que a CIA tivo algo que ver co premio. Segundo Tolstoi, a CIA e a Intelixencia Británica decatáronse de que o manuscrito da novela estaría en certo avión, certo día de 1958. Desviaron o avión cara a Malta, detivérono alí, e fotografaron folla por folla o manuscrito para logo devolvelo sen que ninguén se dese conta.

Días despois, transcribiron o material e editárono utilizando papel ruso e tipografías típicas das edicións soviéticas. Logo encargáronse de facerlles chegar algúns exemplares aos membros da Academia Sueca, e ese mesmo ano Pasternak logrou o premio Nobel.

O resto da historia é máis coñecida: Pasternak enviou unha carta de agradecemento, contando o "agradecido" e "sorprendido" que estaba. Días despois, baixo unha intensa presión do goberno soviético debeu enviar outra carta: "Considerando o significado que este premio tomou na sociedade á que pertenzo, debo rexeitar este premio inmerecido que se me entregou. Por favor non tomen isto a mal". Ameazado con ser expulsado de Rusia, e presionado polo KGB, Pasternak morreu en 1960.

En 1958, o caricaturista Bill Mauldin gañou o Premio Pulitzer pola caricatura que mostra a un suposto Pasternak facendo traballos forzados en Siberia e dicíndolle a outro prisioneiro: "Eu gañei un Premio Nobel, Cal é o teu crime?". [1]

Só en 1989, o seu fillo Yevgueny foi autorizado para recibir o premio en nome do seu pai.

A investigación de Tolstoi tamén afirma que a razón que tivo a CIA foi avergoñar ao Kremlin, quen prohibira a publicación do texto.

Traducións

[editar | editar a fonte]
  1. Sara (2024-02-06). ""Doutor Zhivago" xa está dispoñible en galego". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-02-10. 
  2. "Doutor Zhivago". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-02-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]