10-Yard Fight
10-Yard Fight | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Irem Nintendo R&D1 NES |
Distribuidora(s) | Irem Taito Arcade Nintendo NES Electrocoin Arcade |
Lanzamento | 1983 |
Xénero | Fútbol americano |
Modos de xogo | Un xogador Multixogador |
Plataforma(s) | Nintendo Entertainment System, MSX, Saturn, PlayStation, máquina recreativa, Nintendo Switch e PlayStation 4 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
10-Yard Fight é un videoxogo arcade de fútbol americano, creado por Irem e publicado por Nintendo en 1983. O xogo ten unha perspectiva de arriba a abaixo, con gráficos un pouco primitivos. En 1985 fíxose unha versión para NES e en 1986 para MSX.
Xogabilidade
[editar | editar a fonte]O xogo vese desde unha perspectiva cenital e é de desprazamento vertical. En ataque, o xogador simplemente recibe o balón na liña de saque e, ou ben tratar de correr co quarterback coa pelota, ou ben pasa a un compañeiro ou fai un pase longo. En defensa, o xogador elixe un dos dous xogadores con control, e o computador manipula os demais.
10-Yard Fight ten cinco niveis de dificultade; do o máis doado ó máis difícil: high school, college, professional, playoff, e Super Bowl.
Elaboración
[editar | editar a fonte]O xogo de arcade foi adaptado máis tarde para a Family Computer por Irem por primeira vez no Xapón, e publicado máis tarde en América do Norte e Europa por Nintendo en 1985 para o Nintendo Entertainment System. O xogo de arcade tamén foi portado á computadora MSX tamén por Irem, pero exclusivamente no Xapón.
Diferenzas entre o acarde e Versións de Nes/Family
[editar | editar a fonte]Aínda que son graficamente similares, existen algunhas diferenzas fundamentais entre o arcade e versións Famicom/NES do xogo. A versión do acarde só simulou a parte ofensiva do xogo, a versión para Nes/Family xógase tanto en ataque como en defensa, incluíndo o modo de dous xogadores.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |