Saltar ao contido

James Spader

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 11 de abril de 2024 ás 06:28 por Breobot (conversa | contribucións) (Reemplazos con Replacer: «{{Actor}}»)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaJames Spader

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) James Todd Spader Editar o valor en Wikidata
7 de febreiro de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Boston, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónPhillips Academy
Instituto de Teatro e Cinema Lee Strasberg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de televisión, actor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1978 Editar o valor en Wikidata -
InstrumentoVoz e piano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaLeslie Stefanson (2002–) Editar o valor en Wikidata
PaisStoddard Greenwood (Todd) Spader Editar o valor en Wikidata  e Jean Fraser Editar o valor en Wikidata
ParentesSeth P. Beers, devanceiro Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000652 Allocine: 11733 Rottentomatoes: celebrity/james_spader Allmovie: p67051 0 TV.com: people/james-spader IBDB: 483957 BNE: XX1106446 WikiTree: Spader-6 Editar o valor en Wikidata

James Todd Spader, nado en Boston, Massachusetts, o 7 de febreiro de 1960,[1] é un actor estadounidense. Os seus papeis son recoñecidos polos particulares toques excéntricos e dramáticos nas súas películas, tales como Pretty in Pink, Sex, Lies, and Videotape, Crash, Stargate, Wolf ou Secretary. Os seus papeis máis famosos na televisión son do avogado Alan Shore na serie The Practice, a súa spin-off Boston Legal, polo que gañou tres premios Emmy e o seu máis recente papel, Raymond Reddington na serie The Blacklist, onde se aprecia a calidade de actor. Tamén participou coa voz e captura de movemento do robot Ultron na película de Marvel Studios, Avengers: Age of Ultron.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Spader naceu en Boston (Massachusetts), fillo do matrimonio entre James Todd Spader e Jean Spader, ámbolos dous mestres de escola. Durante a súa educación primaria, asistiu a The Pike School (onde a súa nai lle ensinou arte) e matriculouse na Brooks School (onde o seu pai ensinaba) durante un ano en North Andover, Massachusetts. Máis tarde, trasladouse á Phillips Academy pero a abandonou, cando estaba a piques de comezar a universidade, abandonou o noveno grao para marchar a Nova York e estudar interpretación no Michael Chekhov Studio.[2] Antes de se converter nun actor a tempo completo, desempeñou unha gran variedade de postos de traballo, tales como instrutor de ioga, axudante de camareiro, chofer de camión, mozo de cuadra, e cargador de coche de ferrocarril.

Spader conseguiu debutar no cine con Team-Mates (1978), unha comedia que sería continuada por Endless Love (1981), drama romántico dirixido por Franco Zeffirelli. Aínda que o seu verdadeiro inicio nun papel principal foi en Pretty in Pink.

Por mor de chama-la atención pola súa boa aparencia e carisma e grazas tamén ás súas actuacións en Endless Love e Pretty in Pink, puido actuar en varias cintas posteriores con notable solidez, en papeis de corte moi psicolóxico e excéntrico, interpretando papeis de mozos de boa familia, educados, carismáticos e inquisitivos, que se ven envolvidos en situacións escuras e complexas.

Algunha das películas que máis representan o carisma de Spader son Bad Influence (1990), con Rob Lowe, no que encarna a un mozo avogado que é manipulado por un amigo e levado cara a escuras pasaxes de maldade. Outras películas, como Dream Lover (1993) xunto con Mädchen Amick e Secretary (2002), conteñen un estilo actoral máis desenvolvido.

No ano 2001 participou na película Stickup (Golpe baixo) pasando así ao xénero de acción.

En 2003 liderou a repartición da serie de David E. Kelley, The Practice (titulada Los Practicantes en Latinoamérica e El avogado en España), pola cal gañou un premio Emmy ao mellor actor en serie dramática. Protagonizou con William Shatner a serie Boston Legal, tamén de Kelly e spin-off de The Practice. Por esta tamén gañou o Emmy ao mellor actor principal en drama, o que o converteu no primeiro actor en gañar o mesmo premio interpretando ao mesmo personaxe en distintas series.

A pesar de que deixara os estudos en noveno grao, actualmente recoñéceselle como un dos mellores actores de culto da súa xeración, gañándose aclamacións por parte da crítica.

En 2011 incorporouse ao elenco de The Office para substituír a Steve Carell, que até entón e durante sete tempadas interpretara a Michael Scott, o xefe da oficina. Uniuse interpretando a un novo director, tras a participación de Will Ferrell en catro episodios como xefe substituto.

En 2012 participou na película Lincoln, na que interpreta o personaxe W.N. Bilbo, que é contratado por Lincoln para que o axude na súa campaña.

En 2013, interpretou a Raymond Reddington na serie The Blacklist, papel no que interpreta a un dos criminais máis buscados polo FBI que decide entregarse. Na serie, que se estreou en setembro de 2013 na NBC, Spader actúa xuntos coa actriz Megan Boone, quen interpreta a axente Elizabeth Keen. Tamén foi nomeado ao Globo de Ouro como mellor actor en drama.

En 2015, interpretou o robot Ultron en Avengers: Age of Ultron.[3]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

James Spader coñeceu a súa primeira esposa, Victoria Wheel,[2] a comezos da década dos 80, pouco tempo despois de chegar a Nova York, cando traballaba nun estudo de ioga. Victoria adoitaba acompañalo nas gravacións e nas viaxes. Casaron en 1987 e tiveron dous fillos, Sebastian e Elijah, e Spader divorciouse dela en 2004. Posteriormente, tivo relacións con Leslie Stefanson,[4] coa que tivo un fillo en agosto de 2008. Nunha entrevista en 2014, afirmou que tiña un trastorno obsesivo-compulsivo.[5]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título orixinal Papel
1978 Team-Mates[6]
1981 Endless Love Keith
1985 Tuff Turf Morgan Hiller
1985 The New Kids Dutra
1986 Pretty in Pink Steff McKee
1987 Wall Street Roger Barnes
1987 Mannequin Richards
1987 Less Than Zero Rip
1987 Baby Boom Ken Arrenberg
1988 Jack's Back John/Rick Wesford
1989 Sex, Lies, and Videotape Graham Dalton
1989 The Rachel Papers DeForest
1990 White Palace Max Baron
1990 Bad Influence Michael Boll
1991 True Colors Tim Garrity
1992 Storyville Cray Fowler
1992 Bob Roberts Chuck Marin
1993 The Music of Chance Jack Pozzi
1993 Dream Lover Ray Reardon
1994 Stargate Daniel Jackson
1994 Wolf Stewart Swinton
1996 2 Days in the Valley Le Woods
1996 Crash James Ballard
1997 Keys to Tulsa Ronnie Stover
1997 Critical Care Dr. Werner Ernst
1998 Curtain Call Stevenson Lowe
2000 Slow Burn Marcus
2000 The Watcher Joel Campbell
2000 Supernova Nick Vanzant
2001 Speaking of Sex[7] Dr. Roger Klink
2002 Secretary E. Edward Grey
2002 Alien Hunter Julian Rome
2002 The Stickup[8] Parker
2003 I Witness[9] Draper
2009 Shorts Sr. Black
2012 Lincoln William Bilbo
2014 The Homesman[10]
2015 Avengers: Age of Ultron Ultron

Televisión

[editar | editar a fonte]
Ano Título orixinal Papel Notas
1983 Family Tree Jake Nichols 2 episodios
1983 Cocaine: One Man's Seduction[11] telefilme
1983 A Killer in the Family[12] Donny telefilme
1984 Family Secrets Lowell Everall telefilme
1994 Frasier[13] Steven 1 episodio
1997 Seinfeld Jason Hanky 1 episodio
2003 The Pentagon Papers[14] Daniel Ellsberg telefilme
2003-04 The Practice Alan Shore
2004-10 Boston Legal Alan Shore
2006 Discovery Atlas[6] Narrador documental
2011-12 The Office Robert California
2013-23 The Blacklist Raymond Reddington
2019 Rivera 2 episodios

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
Festival Internacional de Cine de Cannes
Ano Categoría Película Resultado
1989 Premio de interpretación masculina[15][16] Sex, Lies, and Videotape Gañador
Premios Globo de Ouro
Ano Categoría[17] Traballo Resultado
2005 Mellor actor de serie de televisión - Drama Boston Legal Nomeado
2014 Mellor actor de serie de televisión - Drama The Blacklist Nomeado
2015 Mellor actor de serie de televisión - Drama The Blacklist Nomeado
Premios Primetime Emmy
Ano Categoría[18] Traballo Resultado
2004 Mellor actor - Serie dramática The Practice Gañador
2005 Mellor actor - Serie dramática Boston Legal Gañador
2007 Mellor actor - Serie dramática Boston Legal Gañador
2008 Mellor actor - Serie dramática Boston Legal Nomeado
Premios do Sindicato de Actores
Ano Categoría Traballo Resultado
2006 Mellor actor de televisión - Comedia[19] Boston Legal Nomeado
2006 Mellor repartición de televisión - Comedia Boston Legal Nomeado
2007 Mellor actor de televisión - Drama[20] Boston Legal Nomeado
2007 Mellor repartición de televisión - Drama Boston Legal Nomeado
2008 Mellor actor de televisión - Drama[21] Boston Legal Nomeado
2008 Mellor repartición de televisión - Drama Boston Legal Nomeado
2009 Mellor actor de televisión - Drama[22] Boston Legal Nomeado
2009 Mellor repartición de televisión - Drama Boston Legal Nomeado
2012 Mellor repartición de televisión - Comedia[23] The Office Nomeado
2013 Mellor repartición[24] Lincoln Nomeado
  1. "James Spader Biography (1960-)". filmreference.com (en inglés). Consultado o 19-6-2020. 
  2. 2,0 2,1 "James Spader Biography". tvguide.com (en inglés). Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  3. Gettell, Oliver (1 de mayo de 2015). "'Avengers: Age of Ultron': James Spader and the supervillain upgrade". latimes.com (en inglés). Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  4. Wenn (19-12-2005). "Spader Plans To Wed Again". contactmusic.com (en inglés). Consultado o 19-6-2020. 
  5. Goldman, Andrew (21 de abril de 2014). "James Spader: The Strangest Man on TV". rollingstone.com (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  6. 6,0 6,1 "James Spader: 5 Things to Know About 'The Office's' Potential New CEO" (en inglés). The Hollywood Reporter. 25 de junio de 2011. Consultado o 24 de diciembre de 2019. 
  7. Goodridge, Mike (7 de outubro de 2001). "Speaking Of Sex to close Chicago Film Festival". screendaily.com (en inglés). Screen International. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  8. "The Stickup". bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  9. "I Witness". BBC (en inglés). Consultado o 2022-02-02. 
  10. Debruge, Peter (18 de maio de 2014). "Cannes Film Review: 'The Homesman'". variety.com (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  11. Redacción (28 de febreiro de 1983). "Picks and Pans Review: Cocaine: One Man's Seduction". people.com (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  12. O'Connor, John J. (28 de outubro de 1983). "Mitchum as Killer". nytimes.com (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  13. "Frasier – Our 7 Favorite Celebrity Phone-Ins on 'Frasier'". wetv.com (en inglés). 18 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2020. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  14. Johnson, Allan (7 de marzo de 2003). "Ellsberg's conviction, angst come through in 'The Pentagon Papers'". chicagotribune.com (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  15. festival-cannes.fr (ed.). "Sex, Lies & Videotape". festival-cannes.com (en francés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  16. "Prix et nominations : Festival de Cannes 1989". allocine.fr (en francés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  17. "James Spader". goldenglobes.com (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  18. "James Spader". emmys.com (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  19. "The 12th Annual Screen Actors Guild Awards" (en inglés). www.sagawards.org. 
  20. "The 13th Annual Screen Actors Guild Awards". sagawards.org (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  21. "The 14th Annual Screen Actors Guild Awards". sagawards.org (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  22. "The 15th Annual Screen Actors Guild Awards". sagawards.org (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  23. "The 18th Annual Screen Actors Guild Awards". sagawards.org (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  24. "The 19th Annual Screen Actors Guild Awards". sagawards.org (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]