Saltar ao contido

Vancouver Canucks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 24 de xuño de 2023 ás 23:57 por CommonsDelinker (conversa | contribucións) (Eliminouse a referencia ó ficheiro "Flag_of_Vancouver,_Canada.svg" que foi borrado en Commons por Mdaniels5757. Motivo: per [[:c:Commons:Deletion requests/Files in Category:SVG flags of cities of Ca)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Vancouver Canucks
Fundación1945 (PCHL)
1970 (como equipo de expansión da NHL)
CidadeVancouver,
Columbia Británica Columbia Británica
Canadá
EstadioRogers Arena
(18.910 espectadores)
LigaNational Hockey League
ConferenciaOeste
DivisiónPacific
Campionatos0
Propietario(s)Canucks Sports & Entertainment
(Francesco Aquilini, presidente)
Director Jim Benning
Afiliado(s)Manitoba Moose (AHL)
Victoria Salmon Kings (ECHL)
CoresAzul, verde, prata, branco
                       
Na rede
https://www.nhl.com/canucks/
Facebook: Canucks Twitter: Canucks Instagram: canucks Editar o valor en Wikidata

O Vancouver Canucks é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Vancouver, o Canadá, que actualmente compite na NHL. Foi fundado en 1945 e competiu inicialmente na Pacific Coast Hockey League, ata que na tempada 1970-71 debutou na NHL, logo de ser aceptado pola competición xunto cos Buffalo Sabres.

O seu alcume Canuck é un termo coloquial para referirse a calquera persoa natural do Canadá.

Pavillóns

[editar | editar a fonte]

Os Canucks xogan os seus partidos como locais no Rogers Arena, un pavillón inaugurado en 1995 baixo o nome de General Motors Place, e con capacidade para máis de 18.890 espectadores para os partidos dos Canucks. O Rogers Arena foi tamén a sede da competición de hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010. O pavillón é propiedade e é operado por Canucks Sports & Entertainment. Antes de trasladarse ao Rogers Arena, o equipo xogaba os seus partidos como local no Pacific Coliseum, en Hastings Park, durante 25 anos. O Pacific Coliseum ten actualmente capacidade para 16.281 para partidos de hóckey sobre xeo, mentres que a súa capacidade cando foi inaugurado era de 15.713 espectadores. Durante os Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 foi sede da competición de patinaxe artístico e patinaxe de velocidade sobre pista curta. Actualmente o Pacific Coliseum é a casa dos Vancouver Giants, equipo de hóckey sobre xeo que compite na Western Hockey League.

Despois do traslado do equipo ao Rogers Arena, a media desespectadores aumentou notablemente, dos 13.932 espectadores de 1995 no Pacific Coliseum pasouse a unha media de 17.795 no novo pavillón ao ano seguinte. Os anos seguintes ao traslado a media de espectadores foi diminuíndo ata os 14.642 espectadores do ano 2000 (asistencia mínima no Rogers Arena). Dende o cambio de milenio a audiencia media aos partidos dos Canucks non deixou de medrar, sendo a máis alta da NHL na 2010-11 con 18.860 espectadores. na tempada 2012-13 rexistrouse a mellor entrada nunha tempada do equipo con 18.947 espectadores.[1]

Ano 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013
Asistencia media 17.795 17.320 16.986 15.803 14.642 17.017 17.713 18.396 18.631 18.630 18.630 18.630 18.630 18.810 18.860 18.884 18.947
Maior media de espectadores esa tempada na NHL.

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Números retirados

[editar | editar a fonte]
Game-worn jerseys belonging to Wayne Maki, Pavel Bure and Glen Hanlon on display at Rogers Arena.
Vancouver Canucks Retired numbers
Xogador Posición Carreira Data da retirada
10 1 Pavel Bure RW 1991–99 2 de novembro de 2013 [2]
12 Stan Smyl RW 1978–91 3 de novembro de 1991
16 Trevor Linden RW 1988–98, 2001–08 17 de decembro de 2008
19 Markus Naslund LW 1996–2008 11 de decembro de 2010
99 2 Wayne Gretzky C - 6 de febreiro de 2000[3]
Notes:
  • 1 Bure levou o número 10 en cinco das súas sete tempadas en Vancouver. Vestiu tamén o número 96 durante a tempada 1995–96 e 1996–97 antes de vestir outra vez o número 10 na tempada 1997–98.
  • 2 Gretzky nunca xogou para a franquía. O seu dorsal 99 foi retirado de todos os equipos da Liga pola NHL.

Números fóra de circulación

[editar | editar a fonte]

Aínda que non están oficialmente retirados, os seguintes números non son empregados polos Canucks:

Hall of Fame

[editar | editar a fonte]
Personalidades dos Vancouver Canucks no Hall of Fame
Xogadores
Nome Posición Carreira Introducido
Igor Larionov C 1989–1992 2008
Mark Messier C 1997–2000 2007
Cam Neely RW 1983–1986 2005
Pavel Bure RW 1991–1998 2012
Mats Sundin C 2008–09 2012
Directivos
Name Position Career Inducted
Frank Griffiths Propietario 1974–1994 1993
Jake Milford Director Xeral 1977–1982 1984
Roger Neilson Asistente, Adestrador 1981–1984 2002
Bud Poile Director Xeral 1970–1973 1990
  1. Datos de asistencia dos Vancouver Canuks en www.hockeyarenas.net
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2013. Consultado o 19 de decembro de 2013. 
  3. "Gretzky's number retired before All-Star Game" Arquivado 28 de setembro de 2013 en Wayback Machine., Sports Illustrated, 7 February 2000

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]