Shmuel Yosef Agnon

Shmuel Yosef Agnon (en hebreo שמואל יוסף עגנון), nado o 17 de xullo de 1888 en Buczacz, Reino de Galicia e Lodomeria (Imperio Austrohúngaro, hoxe Ucraína) e finado o 17 de febreiro de 1970 en Xerusalén (Israel), foi un escritor israelí de lingua hebrea, premio Nobel de Literatura en 1966.

Modelo:BiografíaShmuel Yosef Agnon

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(he) שמואל יוסף עגנון Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(he) שמואל יוסף הלוי טשאטשקיס Editar o valor en Wikidata
8 de agosto de 1887 Editar o valor en Wikidata
Buchach, Ucraína (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte17 de febreiro de 1970 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Xerusalén Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio xudeu do Monte das Oliveiras Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, poeta, novelista, escritor de contos Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeEsther Agnon Editar o valor en Wikidata
FillosEmuna Yaron Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteEncyclopaedia Hebraica (en) Traducir
Obálky knih,
Enciclopedia soviética armenia, volume 1, (p.52) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0013165 BNE: XX1145853 Find a Grave: 8228070 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Nado, co nome de Shmuel Yosef Czaczkes, na Galicia austríaca (agora en Ucraína), educado polo seu pai, un comerciante de peles seguidor do hasidismo, cando tiña 8 anos comezou a escribir en hebreo e yiddish. Aos 15 anos escribiu a súa primeira obra creativa, un poema en yiddish verbo dun cabalista, e continou a editar poemas e historias en hebreo e yiddish, ata un total de 70 pezas ata que en 1908 emigrou a Iafa (Palestina), influído polo movemento sionista. Na súa primeira obra publicada en Palestina (Agunot) empregou o acume de Agnon, que se converteu no seu nome literario, e en 1924 o seu apelido oficial.

En 1913 trasládase a Alemaña, en 1924 o lume queima a súa casa, destruíndo todos os seus manuscritos, nese mesmo ano retorna a Xerusalén, pero en 1929 a súa biblioteca foi destruída de novo nunha revolta árabe.

A publicación de Hakhnasat Kalah (O enxoval da noiva) (1931), novela épica na que describe a Galitzia xudía de comezos do XIX, fixo de Agnon unha figura central da literatura hebrea. As súas obras representan a fusión da ironía, relato relixioso, experimentalismo e surrealismo, e a lingua empregada representa un compromiso entre o hebreo bíblico e o neohebreo.

  • Agunot (Esposas abandonadas), 1908.
  • Sippure Ahawin, 1925.
  • Hakhnasath Kallah (O enxoval da noiva), 1931.
  • Nidach, 1931.
  • Sipur Pashut (Unha simple historia) 1935.
  • Ore'ah Nata Lalun (Un convidado para a noite), 1939.
  • Yamim Nora'im (Días de temor) 1938.
  • Sefer, sofer, vesipur, 1938.
  • Shevu'at Emunium, 1943.
  • Temol Shilshom (Antonte), 1945.
  • Sefer Hamaasim, 1951.
  • Chemdat, 1952.