Minimalio

Minimalio é un tema de WordPress minimalista, sinxelo e gratuíto para carteiras persoais e blogs. Inclúe todas as ferramentas necesarias para creadores, artistas e outros profesionais, cun deseño minimalista elegante. O tema ten moitas opcións extra se queres crear, p. ex., unha carteira de fotografía, vídeo, deseño ou cine. O rendemento rápido, o código limpo, o deseño pensado primeiro para dispositivos móbiles e o marcado de esquema fan que o tema sexa excepcionalmente bo para o SEO. Tamén se coidou especialmente a accesibilidade. Minimalio é, por suposto, totalmente adaptable, incluídos os axustes modernos de tipografía adaptable. Funciona cos maquetadores de páxinas máis populares como Elementor, Beaver Builder, Brizy, Visual Composer, Divi, SiteOrigin, e pódese traducir con WPML. Minimalio tamén ofrece características premium extra, o tipo de contido personalizado de carteira, bloques de Gutenberg para vídeos e galerías, e máis. Descubre a nosa versión premium en https://minimalio.org.
Características
Descargas diarias
Instalacións activas: 2.000+
Valoracións
Soporte
Tes algo que dicir? Precisas axuda?
Informar
Ten este tema problemas importantes?