Chaplin

Tema de comunidade
Este tema é desenvolvido e recibe soporte dunha comunidade. Contribúe a este tema
Chaplin é un tema de WordPress cheo de características e pensado para desenvolvedores que che dá control total sobre as fontes e as cores do teu sitio. Está construído desde cero co novo editor de bloques en mente e facilita crear deseños atractivos tanto en entradas como en páxinas. Esta flexibilidade fai que Chaplin sexa axeitado para practicamente calquera tipo de web, incluídos sitios de empresas e carteiras. Todas as fontes e cores do tema poden modificarse facilmente no Personalizador, o que che permite crear un aspecto único para o teu sitio en menos dun minuto. Son compatibles todas as fontes de Google Fonts e podes elixir un dos dez esquemas de cor incluídos ou crear un desde cero. Os cambios que fagas nas fontes e nas cores reflíctense nos estilos do editor, tanto no editor de bloques como no editor clásico, así que sempre terás unha boa idea do resultado final cando crees o teu contido. Chaplin tamén inclúe un modelo de portada cunha imaxe destacada (como se ve na captura de pantalla), scroll infinito nas páxinas de arquivo, axustes para elixir que metadatos das entradas mostrar nas páxinas de arquivo e nas entradas individuais, compatibilidade con logotipo personalizado, dúas áreas de widgets, unha superposición de busca, modelos de ancho completo, unha opción de cabeceira fixa, un menú social con iconas, biografía do autor, faragullas de pan, un deseño adaptable, unha construción lixeira para garantir tempos de carga rápidos, compatibilidade con Jetpack Portfolio e CoBlocks, código compatible con temas fillos e moito máis. Demo: https://chaplin.andersnoren.se
Características
Descargas diarias
Instalacións activas: 2.000+
Valoracións
Soporte
Tes algo que dicir? Precisas axuda?
Informar
Ten este tema problemas importantes?