Saltar ao contido

botín

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.

Galego

botín1

  • Pronuncia: /bɔˈtiŋ/ (AFI)

Substantivo masculino

botín (sg: botín; pl: botíns)

  1. Cousa ou conxunto de obxectos que se lle requisan ó inimigo vencido despois dunha loita.
  2. Cousa que se obtén de xeito violento ou de calquera outra forma delitiva.

Sinónimos

Traducións

botín2

  • Etimoloxía: de bota.
  • Pronuncia: /bɔˈtiŋ/ (AFI)

Substantivo masculino

botín (sg: botín; pl: botíns)

  1. Calzado de cana curta, até o tornecelo.

Sinónimos

Traducións