Saltar ao contido

Prefecturas do Xapón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rexións e prefecturas do Xapón

O Xapón está subdividido en 47 prefecturas (de catro tipos: 都, to; 道, ; 府, fu ou 県; ken, de aí o nome xenérico xaponés 都道府県 todōfuken). Toquio é a única metrópole ("to"), Hokkaido é un territorio ("dō"), ambas Kyoto (a antiga capital) e mais Osaca (vlia) son prefecturas urbanas ("fu"), e o resto son "ken", prefecturas rurais.[1]

Esta división foi establecida polo goberno Meiji en 1871 no que se denomina a abolición do sistema Han. Aínda que inicialmente foron creadas unhas 300 prefecturas, este número foi diminuíndo ata un total de 47 no ano 1888. A Lei do Goberno Local de 1947 outorgou máis poder político ás prefecturas, provéndoas da capacidade de escoller gobernadores mediante eleccións locais.

Segundo a Lei antes mencionada cada prefectura subdivídese en cidades (市 shi), vilas (町 chō), e distritos rurais (郡 gun). Algunhas prefecturas teñen máis delegacións (支庁 shichō) que levan a cabo funcións administrativas da prefectura fóra da capital. En Hokkaido, ao ser a máis grande de Xapón, estas delegacións chámanse subprefecturas.

Lista de prefecturas

[editar | editar a fonte]

Hokkaidō e Tōhoku

[editar | editar a fonte]

Kansai (Kinki)

[editar | editar a fonte]

Kyūshū e Okinawa

[editar | editar a fonte]
  1. "Las 47 prefecturas de Japón". nippon.com (en castelán). 12 de novembro de 2023. Consultado o 9 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]