Concepción Burgo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xuño de 1958 (66 anos) Monforte de Lemos, España |
País de nacionalidade | española |
Formación profesional | Licenciada en Xeografía e Historia, Doutora en Historia |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | historiadora, profesora universitaria e política |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela |
María Concepción Burgo López, nada en Monforte de Lemos o 9 de xuño de 1958,[1] é unha historiadora, profesora universitaria, e política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela en 1980 e doutorouse en Historia na mesma Universidade en 1986, lendo a tese Un dominio monástico femenino en la Edad Moderna: el monasterio benedictino de San Payo de Antealtares, dirixida polo doutor Antonio Eiras Roel.[2]
Desde 1991 a 1993 foi a directora do Colexio Universitario de Lugo da Universidade de Santiago.[3]
Despois da transformación de dito Colexio Universitario no Campus de Lugo da USC, foi nomeada, en 1989, Profesora Titular de Historia Moderna, do Departamento de Historia Medieval, Moderna e Contemporánea, na Facultade de Humanidades de Lugo.[4] Até o ano 2003 foi decana de dita Facultade.[3]
Nese mesmo ano formou parte da candidatura do PSOE ao Concello de Lugo, no que foi tenente de alcalde, encargada da área de Cultura, Turismo e Educación até o ano 2010. Nese período puxo en marcha o Centro de Interpretación da Muralla.[1]
Desde o 2005 até 2020 foi deputada polo PSOE do Parlamento de Galicia,[1] da que foi vicesecretaria.[5]
É autora de estudos sobre Galicia na Idade Moderna, algúns deles referidos á historia da cidade de Lugo.[3]
Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]Libros
[editar | editar a fonte]- Un dominio monástico femenino en la edad moderna: el Monasterio benedictino de San Payo de Antealtares (1986). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de publicacións e Intercambio Cienrífico. ISBN 84-3987-750-1. Tese de doutoramento. (Resume).
- Historia de Lugo (2001; con Felipe Arias Vilas, José Luis Novo Cazón e María Jesús Souto Blanco). Oleiros: Vía Láctea. ISBN 84-8944-473-0.
Colaboración
[editar | editar a fonte]- "Lugo y su provincia: el momento histórico", "La Edad Media", "La Edad Moderna" e "Los siglos XIX y XX". En: Antonio Eiras Roel (2000): El reino de Galicia en la época del emperador Carlos V. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 978-84-4532-926-9.
Artigos
[editar | editar a fonte]- "La estructura económica del Cabildo de Lugo a finales del siglo XVIII" (1993). Ohm: obradoiro de historia moderna 2: 65-84.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Palacios, Xosé María (3 de novembro de 2022). "Concepción Burgo, 15 años diputada autonómica: «La política no se deja nunca»". La Voz de Galicia. Consultado o 3 de novembro de 2022.
- ↑ USC. Invesrtigación. María Concepción Burgo López.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 María Concepción Burgo López en "Galegos". galiciadigital.com.
- ↑ BOE núm. 241, de 7 de octubre de 1989, página 31634,
- ↑ Parlamento de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine.
- Historiadores de Galicia
- Historiadores de España
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Profesores da Universidade de Santiago de Compostela
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Deputados da VII Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Nados en Monforte de Lemos
- Nados en 1958
- Concelleiros de Lugo