Isabel García Pacín
Aparencia
(Redirección desde «María Isabel García Pacín»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1973 (51/52 anos) Friol, España |
Actividade | |
Ocupación | política |
María Isabel García Pacín, nada en Friol en 1973, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Enxeñeira técnica agrícola e especialista en Explotacións Agropecuarias pola Escola Politécnica Superior de Lugo. Elixida concelleira nas municipais de 1999 no concello de Friol foi concelleira de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude até 2003. Despois fíxose cargo da Delegación de Cultura, Xuventude, Asuntos Sociais, Promoción do emprego e Programas Europeos. En 2007 substituíu como deputada a Xosé Manuel Barreiro Fernández. Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas eleccións de 2009 e volveu ser elixida nas eleccións de 2012. É portavoz de Medio Rural, Gandaría e Agricultura do Grupo Popular.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine.
- Ficha en galegos.info