Saltar ao contido

Llyfr Du Caerfyrddin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

"Llyfr Du Caerfyrddin" (f.4.r)
Edición de 1907 do llyfr Du Caerfyrddin
Imaxe dunha páxina do libro negro de Carmarthen.

O Libro negro de Carmarthen, (en lingua galesa Llyfr Du Caerfyrddin), é probabelmente o manuscrito medieval conservado máis antigo redactado enteiramente en galés.[1] Escrito sobre o 1250, o libro porta o nome da capital do Carmarthenshire, Carmarthen (Caerfyrddin en galés), mentres que a cor negra se refire á tonalidade da encadernación. Está depositado na Biblioteca Nacional de Gales, onde está catalogado como NLW Peniarth MS 1.

O libro é unha escolma de textos poéticos divididos en varias categorías. Hai poemas con temas relixiosos e odas á oración e o loito. Para os estudosos, o maior interese deste manuscrito son os poemas sobre as tradicións e as referencias á mitoloxía galesa, así como os heroes e o Hen Ogledd. Tamén teñen especial importancia os conectados coa lenda do Rei Artur e Merlín. Un dos poemas, Gereint fil erbin, fai referencia á Batalla de Llongborth, cuxa localización nunca puido ser sinalada, e na que se menciona a participación de Artur.

Publicouse recentemente no xornal de Carmarthen a posibilidade de aloxar o "Libro negro" na súa cidade, polo que podería ser visto pola xente do lugar e polos turistas.

Estes son os textos que se inclúen no manuscrito.

  • Ymdidan Myrtin a Talyessin - O diálogo de Myrddin (Merlín) e Taliesin.
  • Breudwyt a welwn neithiwr - Tiven un soño esta noite.
  • Devs Ren Rymaw y Awen - Deus Todopoderoso deume á miña Awen.
  • Hervit Vrten Autyl Kyrridven - Pola dignidade do verso de Cerridwen.
  • Dadl y corf ar Eneit - Debate entre o corpo e a alma.
  • Trioedd y meirch - Tríades dos cabalos.
  • Moli duw ynechreu a diwed - Louvando a Deus ao principio e ao final.
  • Cyntevin Ceinhaw Amser - Primavera, a máis fermosa das estacións.
  • Gogonedog Arglwyd - Glorioso Señor.
  • Mawl ir drindod - Louvanza da Trindade.
  • Mawl i duw - Louvanza de Deus.
  • Iesu a meir ar kynhaeaf Gwyrthiawl - Xesús, María e a colleita milagrosa.
  • Adwyn kaer - Fortaleza de ánimo.
  • Dinas Maon - A cidade de Maon.
  • Y Bedwenni - O bidueiro.
  • Afallenneu Myrtin - As maceiras de Merlín.
  • Oiannau Myrtin - As exclamacións de Merlín.
  • Englynion y Bedau - As estancias das tumbas.
  • Kygogion. Elaeth ae Cant - Unha cadea de estancias. Cantouna Elaeth.
  • Elaeth a gant - Cantounas Elaeth.
  • Gereint fil erbin - Gereint fillo de Erbin.
  • I hywel ap goronwy - A Hywel fillo de Goronwy.
  • Aswynaf nawd duw - A beizón da axuda de Deus.
  • Dryll o dadl y corff ar eneid - Un fragmento do 'Debate do corpo e a alma'.
  • Ysgolan - Ysgolan.
  • Cyntaf gair a dywedaf - A primeira palabra que pronunciei.
  • Cysul Adaon - As ensinanzas de Addaon.
  • Marwysgafn Cynddelw brydyd Mawr - A fermosa morte de Cynddelw o Gran Bardo.
  • Bendit y wenwas - Louvanza da feliz xuventude.
  • Mechydd ap llywarch - Merchydd fillo de Llywarch.
  • Pa gur yw y porthawr? - Que home é o porteiro?.
  • Dernyn - Fragmento.
  • Gwallawg ar wyd - Gwallawg e o ganso.
  • Ymdidan rwng Gwydneu Garanhir a Gwyn ap nud - O diálogo entre Gwyddno Garanhir e Gwyn fillo de Nudd.
  • Dau darn o chwedyl Trystan - Dous fragmentos da lenda de Tristán.
  • Ymdidan Ugnach a Thaliesin - Diálogo de Ugnach e Taliesin.
  • Englynion i deulu Madauc fil maredut - Estancia a Madog fillo de Maredudd.
  • Marwnad Madauc fil' Maredut - Pranto por Madog fillo de Maredudd.
  • Boddi vaes Gwydneu (Seithennin) - O asolagamento do reino de Gwyddneu.
  • Enwev Meibon llywarch hen - Os nomes dos fillos de Llywarch Hen.
  1. Daniel Huws of the National Library of Wales (Llyfrau Cymraeg 1250-1400, Aberystwyth 1993).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Jarman, A. O. H. (Ed.) (1982), Llyfr Du Caerfyrddin. Caerdydd : Gwasg Prifysgol Cymru. ISBN 0-7083-0629-2. Edición diplomática do texto orixinal.
  • Pennar, Meirion. (1989), The Black Book of Carmarthen. Llanerch Enterprises. ISBN 0-947992-31-6. Introdución con traducións dalgúns dos poemas.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]