José Manuel Balseiro
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xullo de 1962 (62 anos) Ferreira, España |
Senador de España | |
15 de abril de 2024 – Lexislatura: XV lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo Electo en: Eleccións xerais de España de 2023 | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
18 de marzo de 2024 – 24 de abril de 2024 Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo Electo en: Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 | |
Concelleiro Cervo | |
2023 – Electo en: Eleccións municipais de España de 2023 | |
Concelleiro Cervo | |
2007 – 2016 | |
Concelleiro Cervo | |
1999 – 2003 | |
Datos persoais | |
Residencia | Cervo |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular (1994–) |
Membro de | |
José Manuel Balseiro Orol, nado en Ferreira do Valadouro o 2 de xullo de 1962, é un político galego do PPdeG e deputado no Parlamento de Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi director comercial de ALCO S.A. durante 16 anos, e coordinador do equipo de venda en España e Portugal.
Está casado e ten dous fillos.
Política
[editar | editar a fonte]Militante activo do Partido Popular desde o ano 1994 en Cervo, o seu municipio de residencia, exerce desde 1999 o posto de 1º Tenente de Alcalde do concello, ocupándose tamén da portavocía do Grupo Municipal Popular.
Dentro do Grupo Parlamentario Popular responsabilízase da portavocía do Mar (pesca) e Montes (forestal e incendios). Forma parte do Comité de Dirección do Partido Popular de Galicia e do Comité Executivo desta formación política na provincia de Lugo. Dende o 21 de novembro de 2016 ata o ano 2020 foi o delegado da Xunta de Galicia na provincia de Lugo[1]. Na actualidade ostenta os cargo de Coordinador comarcal do PP na Mariña lucense[2].
Foi secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Balseiro tomó posesión como delegado de la Xunta y Vega hoy como diputado". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-11-22. Consultado o 2018-11-16.
- ↑ Cuadrado, M.: "Balseiro, elegido coordinador comarcal del PP, «no congreso da unidade»" 16/5/2016, La Voz de Galicia (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Manuel Balseiro |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Balseiro Orol, José Manuel". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 51. ISBN 84-8064-113-4.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 17 de agosto de 2020 en Wayback Machine.
- Páxina web: www.josemanuelbalseiro.es