Jorge Mendonça
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1954 Silva Jardim, Brasil (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 17 de febreiro de 2006 (51 anos) Campinas, Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | infarto agudo de miocardio | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 177 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 78 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1971 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1978 | Mundial de Fútbol Arxentina 1978 |
Jorge Pinto Mendonça, nado en Silva Jardím o 6 de xuño de 1954 e finado en Campinas o 17 de febreiro de 2006,[1] foi un futbolista brasileiro.[2][3] Hábil dianteiro e prolífico goleador, marcou máis de 400 goles ao longo da súa carreira, que transcorreu integramente no seu país.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fluminense de Silva Jardim, debutou como futbolista profesional nas filas do Bangu en 1972.[4][3][2] No seu primeiro partido, o 15 de xaneiro dese ano, marcou 2 goles ante o São Cristóvão, para o Torneio Romeu Dias Pinto.[5] Marcou un total de 23 goles co equipo carioca.[1]
Ao ano seguinte marchou a Pernambuco, estado no que xogou entre 1973 a 1975, vestindo a camiseta do Náutico.[6] Alí converteuse nun dos máximos goleadores da historia do club e nun dos seus maiores ídolos. Gañou o Campionato Pernambucano en 1974, proclamándose máximo artilleiro, con 24 goles, e chegou a marcar oito goles nun mesmo partido do torneo, na vitoria por 8-0 sobre o Santo Amaro.[2][3][1]
O seu gran rendemento en Pernambuco atraeu a atención dos directivos do Palmeiras, que o contrataron en 1976 como recambio de Ademir da Guia, que estaba a piques de se retirar.[7] No equipo de São Paulo continuou con altas cifras goleadoras, marcando un total de 102 tantos en 217 partidos.[2][1] Entre as súas dianas encóntrase o único gol da final do Campionato Paulista de 1976, que lle deu o título ao seu equipo fronte ao XV de Piracicaba.[2][3][1]
Despois de participar nalgúns amigables non oficiais coa selección brasileira, foi convocado por Cláudio Coutinho para o Mundial de 1978.[3] Debutou na Copa do Mundo substituíndo a Zico nos minutos finais do partido da primeira fase contra España e acabou xogando como titular case todos os restantes partidos, deixando no banco ao propio Zico. Disputou un total de 6 encontros no torneo, acompañando no ataque a xogadores como Gil e Roberto Dinamite, pero non conseguiu ningún gol.[3] Nos seus 11 partidos coa camiseta amarela, obtivo sete vitorias e catro empates, ademais de dous goles.[1][2][3]
Tras a competición, regresou ao Palmeiras, co que acadou a final do Campionato Paulista de 1978, perdendo ante o Guarani de Carlos Alberto Silva.[3] Xogou no club ata 1980, sendo o responsable da súa saída o adestrador Telê Santana, co que mantiña unha mala relación que empeorou cando tras un partido ante o Flamengo no Río de Xaneiro, o centrocampista abandonou o campo de adestramento para gozar da vida nocturna carioca.[7] A continuación xogou brevemente no Vasco da Gama, onde foi contratado para cubrir a ausencia do ídolo Roberto Dinamite, sen demasiado éxito.[7]
En xuño de 1980 fichou polo Guarani e acabou por converterse nun dos mellores xogadores da historia do club.[8][9] O 27 de marzo de 1981 gañou a Taça de Prata da Serie B, liderando o ataque xunto a Careca, e foi o máximo goleador do torneo.[8] Ese mesmo ano fixo historia no Campionato Paulista, no que anotou 38 goles, a terceira cifra máis alta en tódalas edicións do campionato, superada só por Feitiço e Pelé.[3] Converteuse ademais no primeiro xogador en marcar nunha mesma tempada contra os catro grandes equipos de São Paulo (São Paulo, Corinthians, Palmeiras e Santos).
A pesar do seu gran momento de forma, quedou fóra da convocatoria para o Mundial de 1982, por decisión do seleccionador e antigo adestrador seu no Palmeiras, Telê Santana.[7][10] Tras deixar o Guarani, defendeu a camiseta do maior rival histórico deste, o Ponte Preta, no que xogou entre 1983 e 1985.[3] Nos últimos anos da súa carreira militou no Cruzeiro, Río Branco e no extinto Colorado,[1] antes de retirarse nas filas do Paulista de Jundiaí.[3]
Instalado dende a súa retirada en Campinas, cidade na que conseguiu ser ídolo dos dous equipos arquirrivais do Estado, o Guaraní e o Ponte Preta, pasou por unha serie de dificultades económicas, de saúde e familiares, agravadas polo seu alcoholismo.[1] Faleceu por problemas cardíacos aos 51 anos e foi soterrado en Valinhos, cidade próxima a Campinas.[2][10][11]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Náutico
- Campionato Pernambucano (1): 1974.
- Torneo Gobernador Cortez Pereira (1): 1975.
- Palmeiras
- Campionato Paulista (1): 1976.
- Guarani
- Taça de Prata (1): 1981.
- Individual
- Bola de Prata da Revista Placar (1): 1979.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Micheletti, Rogério; Grohmann, Gustavo; Cavaco, Raphael. "Jorge Mendonça". Terceiro Tempo (en portugués). Consultado o 12 de setembro de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Jorge Mendonça morre de infarto aos 51 anos em Campinas" (en portugués). 17 de febreiro de 2006. Consultado o 12 de setembro de 2023.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 Cisneiros, Tiago (12 de xuño de 2014). "Jorge Mendonça: o homem que mandou Zico para o banco de reservas" (en portugués). Consultado o 12 de setembro de 2023.
- ↑ "Jorge Mendonça". bangu-ac.com.br (en portugués). Consultado o 12 de setembro de 2023.
- ↑ "docs.ufpr.br". docs.ufpr.br (en portugués). Consultado o 12 de setembro de 2023.
- ↑ "O Náutico tem um bom reserva: Jorge Mendonça". Jornal da Tarde (en portugués). 25 de agosto de 1973.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 Rodrigues, Alexandre (1 de agosto de 2020). "Jorge Mendonça: Coutinho e os 22 minutos" (en portugués). Consultado o 12 de setembro de 2023.
- ↑ 8,0 8,1 "Jorge Mendonça artilheiro e final sem Careca: relembre o título do Guarani da Taça de Prata de 81" (en portugués). 27 de marzo de 2020. Consultado o 12 de setembro de 2023.
- ↑ "Áudio registra o 15º ano da morte do ídolo bugrino" (en portugués). 1 de marzo de 2021. Consultado o 12 de setembro de 2023.
- ↑ 10,0 10,1 "Ídolos inesquecíveis 8: Jorge Mendonça" (en portugués). 12 de abril de 2014. Consultado o 12 de setembro de 2023.
- ↑ "Mendonça: Adeus à glória e à penúria" (en portugués). 18 de febreiro de 2006. Consultado o 12 de setembro de 2023.
- Nados no estado do Río de Xaneiro
- Nados en 1954
- Finados en 2006
- Futbolistas do Brasil
- Centrocampistas de fútbol
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Bangu
- Xogadores do Clube Náutico Capibaribe
- Xogadores do SE Palmeiras
- Xogadores do Vasco da Gama
- Xogadores do Guarani FC
- Xogadores do AA Ponte Preta
- Xogadores do Rio Branco Esporte Clube
- Xogadores da selección de fútbol do Brasil
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1978