Isabel de Castro e Andrade
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Isabel de Castro y Andrade 1528 (Gregoriano) Pontedeume, España |
Morte | 1582 (Gregoriano) (53/54 anos) Pontedeume, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Familia | |
Cónxuxe | Rodrigo de Moscoso Osorio Álvarez de Toledo |
Fillos | Marianna de Castro Osorio, Lope de Moscoso Osorio |
Pais | Fernando Ruiz de Castro y Portugal e Tareixa de Andrade e Ulloa |
Isabel de Castro e Andrade, condesa de Altamira, nada en Pontedeume probablemente en 1528 e finada na mesma vila en 1582, foi unha nobre e escritora galega, considerada como a primeira poeta renacentista en galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pouco se coñece da súa vida. Era a filla máis nova de Fernando Ruiz de Castro Osorio, cuarto conde de Lemos, e de Teresa de Andrade, filla do conde Fernando de Andrade. Isabel casou en 1555 co, tamén poeta, Rodrigo de Moscoso Osorio e Álvarez de Toledo, quen herdara o condado de Altamira, de quen ela recibiu o título.
Coñéceselle algunha obra poética en castelán ("A la rosa") e mais un único soneto en galego, "Soneto de la Señora Dona Isabel de Castro y Andrade a Don Alonso de Ercilla", que é unha das poucas pezas literarias cultas que se conservan dos Séculos Escuros. O soneto, datado en 1578, está dedicado ao escritor castelán Alonso de Ercilla, co gallo da publicación da segunda parte da súa obra épica La Araucana.
A súa vila natal honrouna cun monólito en 1975.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carré Aldao, Eugenio (1916). "Una poetisa gallega del siglo XVI". Boletín de la Real Academia Gallega (en castelán) (110): 39–42. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 13 de outubro de 2018.
- ↑ "Castro y Andrade, Isabel de". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Isabel de Castro e Andrade |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Castro Andrade, Isabel de". Diccionario enciclopédico galego universal 14. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 41. ISBN 84-7680-429-6.
- "Castro Andrade, Isabel de". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 217.
- "Castro e Andrade, Isabel de". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 460. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Castro Andrade, Isabel de". Enciclopedia Galega Universal 5. Ir Indo. 1999-2002. p. 68. ISBN 84-7680-288-9.
- Alvarellos Iglesias, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos Editora. p. 65. ISBN 84-85311-96-5.
- Couceiro Freijomil, A. (1951). "CASTRO Y ANDRADE, Isabel". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 259-260.
- Gómez Sánchez, Anxo; Queixas Zas, Mercedes (2001). Historia xeral da literatura galega. Edicións A Nosa Terra. p. 82. ISBN 84-95350-79-3. Arquivado dende o orixinal o 02/07/2017. Consultado o 19/09/2018.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra. p. 103-104. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Tarrío Varela, Anxo (1994). Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica. Universitaria. Xerais. ISBN 84-7507-778-1.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 130. ISBN 84-8288-019-5.