Imma António Souto
Imma António en 2018. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de maio de 1968 (56 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Premios | |
| |
María Inmaculada Antonio Souto,[1] coñecida como Imma António Souto, nada na Coruña o 29 de maio de 1968, é unha dramaturga e actriz teatral galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ten traballado en diferentes campos creativos, como a escrita, o teatro, o cine, o vídeo, a televisión, a dobraxe e a creación literaria. Como deseñadora foi responsable de vestiario e da escenografía de varios espectáculos.
Como autora forma parte do grupo de autores que xurdiu na década de 1980 na Coruña arredor dos Cadernos da Escola Dramática Galega, dirixidos e coordinados por Francisco Pillado Maior e Manuel Lourenzo.[2]
Como actriz participou en obras da Compañía Luís Seoane, Teatro do Noroeste, Centro Dramático Galego e Produccións Librescena. Tamén participou nalgún episodio de Terra de Miranda.
En 2018 foi nomeada Presidenta da Academia Galega do Teatro (AGT).[3]
En 2020 a SEGA dedicoulle o Día das Galegas nas Letras.[4]
Obras teatrais
[editar | editar a fonte]- Forzas eléctricas, 1986.
- Tagen Ata, 1990.
- Un soño de verán, 1992.
- As vodas de Fígaro (de Pierre-Augustin de Beaumarchais, dirixida por Eduardo Alonso; 1994).
- Valle Inclán 98, 1998.
- Otelo, 2000.
- A morte e a doncela, 2001.
- Estado de Graza, 2018. Teatro do Noroeste.
Obras editadas
[editar | editar a fonte]Teatro
[editar | editar a fonte]- História do siléncio (1985). Cadernos da Escola Dramática Galega.
- Como cartas a un amante (1987). Cadernos da Escola Dramática Galega.
- As águas mudas (1989) Cadernos da Escola Dramática Galega.
- Umha ave hai na noite (1989). Agália: Publicaçom internacional da Associaçom Galega da Lingua, 1130-3557, Nº. 18, páxs. 183-192.
- Era nova e sabia a malvaísco (1991). Sotelo Blanco. 67 páxs. ISBN 8478240918.
- Morde-me!! (1996). AS-PG. 41 páxs. ISBN 848967910X.
- Os cárceres do esquenzo (2004). Xerais. 64 páxs. ISBN 978-84-9782-211-4.[5] Esta peza foi estreada o 27 de novembro de 2003 na Sala Yago de Santiago de Compostela por Librescena.
- A ciencia dos anxos (2005). Deputación da Coruña. 72 páxs. ISBN 84-9812-009-8.
- Aforro ordinario (2006). Edicións Embora. ISBN 84-95460-51-3.[6] Representada por Arte Maior en 2012 na XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Retrincos no 1983.
- Premio Galo Salinas no 1985.
- Mención no Premio de Teatro Breve da Escola Dramática Galega no 1985, por História do silèncio.
- Premio de Teatro Breve da Escola Dramática Galega no 1987, por Como cartas a un amante.
- Premio de Teatro Breve da Escola Dramática Galega no 1989, por As águas mudas.
- Premio Arlequín no 1990, por Era nova e sabia a malvaísco.
- Premio Rafael Dieste no 2003, por A ciencia dos anxos.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "AcadémicosAcademia Galega de Teatro". www.academiagalegadeteatro.gal. Consultado o 2020-02-26.
- ↑ "Enciclopedia Historia Literatura Galega". literaturagalega.as-pg.gal. Consultado o 2020-02-26.
- ↑ Ramos, Alberto. "Inma António Souto: “O teatro é de todas e debemos defendelo como as pensións, a sanidade ou a educación”. Axenda cultural AELG". axendacultural.aelg.gal. Consultado o 2020-02-26.
- ↑ Diario, Nós. "O VII Día das Galegas nas Letras para Inma Antonio". Nós Diario. Consultado o 2020-02-26.
- ↑ Souto, Inma Antonio (2004). Os cárceres do esquenzo. ISBN 978-84-9782-211-4.
- ↑ "Proxecto Meiga. Ver rexistro en detalle". www.opacmeiga.rbgalicia.org. Consultado o 2020-02-26.
- ↑ "A ciencia dos anxos. Deputación Provincial da Coruña. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2020-02-26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 494. ISBN 84-7492-465-0.